Configuración avanzada do cliente NFS dentro do dominio
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Problemas co acceso ás carpetas persoais
- En principio parece que montar en /home pode ser unha solución adecuada, pero imos ver algúns problemas.
Inicio de sesión do usuario administrador
- Vemos que ao acceder co usuario local administrador, xa non ten acceso a súa carpeta persoal, e accede á carpeta persoal do usuario administrador do servidor, aínda que non son o mesmo usuario.
Creación dun novo usuario local
- Non podemos crear usuarios locais, xa que non se pode crear as súas carpetas persoais.
Como resolver estes problemas
- Imos montar as carpetas dos usuarios do dominio en /home/iescalquera, e así evitamos conflitos cos usuarios locais.
- No cliente, desmontamos a carpeta /home. Teremos que entrar como root para poder desmontala, xa que senón estará en uso:
umount /home
- No servidor, desmontamos a carpeta /home co webmin (Sistema->Sistemas de archivos de disco y red). Non podemos ter aberta sesión co usuario administrador, xa que así non poderemos mover o directorio /home. REVISAR, porque parece que hai que desmontar varias veces ata que a quita.
- Montar a partición que almacena as carpetas persoais dos usuarios en /home/iescalquera.
- Movemos a carpeta do usuario administrador a /home (Faríamos o mesmo con todos os usuarios locais que puideramos ter no servidor). Usamos o módulo de Explorador de arquivos do webmin, na categoría Otros.
- Xa podemos iniciar sesión no servidor co usuario administrador.
- Agora temos que cambiar o directorio home dos usuarios do dominio:
- Con JXplorer
- Cos comandos ldapsearch e ldapdelete:
- Exportamos a rama de usuarios a un ficheiro LDIF (Identificámonos como administrador para poder ver os contrasinais dos usuarios):
ldapsearch -D cn=admin,dc=iescalquera,dc=local -W -H ldap://localhost -b ou=usuarios,dc=iescalquera,dc=local > usuarios.ldif
- Borrado recursivo da rama de usuarios:
sudo ldapdelete -x -D cn=admin,dc=iescalquera,dc=local -W -r "ou=usuarios,dc=iescalquera,dc=local"
- Usamos o editor sed para substituír /home por /home/iescalquera
sed 's/\/home/\/home\/iescalquera/' usuarios.ldif > usuarios2.ldif
- Co comando ldapadd engadimos de novo as novas entradas:
sudo ldapadd -x -D cn=admin,dc=iescalquera,dc=local -W -f usuarios2.ldif
Exportar por nfs /home/iescalquera no servidor con webmin. Modificamos a exportación de /home cambiando o directorio a exportar. Picamos en Aplicar Cambios
No cliente crear a carpeta /home/iescalquera e montar por nfs no fstab a carpeta /home/iescalquera do servidor:
sudo mkdir /home/iescalquera
Liña no fstab:
10.0.0.100:/home/iescalequera /home/iescalquera nfs
Executamos o comando para montar a carpeta:
sudo mount -a
Permisos por defecto das carpetas persoais
Agregar accesos directos ás carpetas montadas por NFS
Ficheiro .gtk-bookmarks
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010)