Configuración IP en Ubuntu 8.10. Nome de equipo. Conectividade
Como cambiar o nome do computador?. Funciona correctamente en Ubuntu 8.10 o administrador de rede, á hora de poñer unha IP fixa?. Como comprobar se existe intercomunicación entre dous equipos?.
Todo canto se vai realizar a continuación debe facerse cun usuario con privilexios administrativos (neste caso fíxose con noa).
A comezos deste manual veuse como realizar a Configuración básica da rede. Agora vaise afondar un pouco máis e sobre todo examinar que hai comunicación entre 2 / 3 equipos.
Introdución
En Ubuntu 8.10 introduciuse o novo xestor para configurar a rede. Este, permite a calquera usuario que configure a rede ó seu antollo e necesidades. Incluso debería permitir que esa configuración puidese ser para o equipo, independentemente de quen iniciara sesión, e incluso que o equipo tivera unha IP fixa aínda que ninguén iniciara sesión. Pero .... o configurador non funciona correctamente.
Porén, en Ubuntu 10.10, a ferramenta de configuración de rede xa non presenta o problema da versión 8.10 que se explica no apartado posterior, polo que tampouco é necesario aplicar ningunha das dúas solucións propostas.
Configurar IP fixa
Case todo o mundo nos seus ordenadores persoais configuran a IP para ser obtida de forma automática. Esta IP é servida polo que se coñece con un servidor DHCP (que pode estar executándose nun ordenador da rede, ou no router ADSL que temos en casa para acceder a Internet). Non fai falla saber nada sobre a configuración dun servidor DHCP, para seguir este manual.
Pero que pasa cando un usuario decide que o seu equipo, instalado con Ubuntu, teña unha IP fixa / IP Estática?. ...Síganse as explicacións, a solución ó final.
Configuración feita por usuario. Problemas ?
Seleccionar método Manual e engadir a IP e a máscara (e os demais parámetros que se precisen). O modo en que se escollen as IPs, escápase a este curso, lembrar a Configuración_básica_da_rede.
Pero se se reinicia o equipo. Se estamos usando a Ubuntu 8.10, Voilà, non valeu para nada o que se fixo; pero se estamos con Ubuntu 10.10, veremos que os cambios foron gardados correctamente, así que neste caso podemos saltar o apartado seguinte, aínda que se se quere é interesante botarlle un ollo para afondar no manexo das ferramentas de configuración da rede en Ubuntu.
Solucións aos problemas con Ubuntu 8.10
Solución 1: Configurar IP para o usuario. (Apaño, Workaround)
Nunha primeira aproximación vaise resolver o problema en parte, pois vaise facer un apaño (workaround) para que un usuario concreto teña unha IP fixa ...
Agora se se reinicia o ordenador e se entra co usuario que configurou a IP, o sistema segue mantendo a configuración IP.
Pero .... que pasa se se entra con outro usuario?, ou mesmo, que pasa se se acende o ordenador, pero non se inicia sesión?. Ahhhh! Problemas outra vez, esa IP estática só é para o usuario que a configurou, e só estará activa cando o usuario inicie sesión. Non vale para os demais usuarios.
Hai que buscar un método que permita poñerlle unha IP fixa ó equipo independentemente de si se inicia sesión ou non, ou se dese entrar cun usuario ou outro. Isto é, quérese unha IP fixa para o equipo en si.
Solución 2: Configurar IP para o ordenador
Esta é a opción que se vai seguir neste manual. O ordenador terá unha IP fixa, independentemente de se inicia sesión ou non no sistema. Para iso borrouse a conexión creada no paso previo.
Instalar o paquete : gnome-network-admin.
Este era o xestor de rede que traía Ubuntu por defecto ate a actual versión (8.10).
Deshabilitar o modo itinerante. Este modo indícalle a este xestor de rede, que se olvide de como configurar a rede, que xa hai un programiña no panel superior que se encarga de buscar canta rede haxa (sexa cableada ou sen fíos). Ese programiña é a icona de rede que está no panel superior e que fai todo o traballo de buscar redes e se pode conéctase a elas, en vez de que todo iso o faga o usuario. Unha vez deshabilitado ese modo, configura a IP estática e premer en Aceptar. Xa estaría configurada a IP para o equipo. Non fai falla reiniciar.
Cambiar o nome do equipo
Cambiar nome do equipo en Ubuntu 8.10
Cando se instala unha sá de ordenadores, o normal é que se instale un deles e logo se clone en todos os demais. En cada equipo clonado hai que configurarlle a súa IP (se é fixa) e o seu nome.
Cambiar nome do equipo en Ubuntu 10.10
Na Ubuntu 10.10 non se pode modificar o nome do equipo coa ferramenta gnome-network-admin, polo que se recomenda facelo editando directamente o ficheiro de configuración que establece o nome do equipo.
Para facelo, abrimos co usuario root (usando a opción de Abrir como administrador) o ficheiro /etc/hostname e simplemente substituímos a palabra que apareza (que será o actual nome do equipo) polo novo.
Conectividade entre equipos
Nas seguintes seccións vaise traballar con 2 / 3 equipos. Cada un deles debe ter unha configuración IP (manual ou automática). Deben estar na mesma rede IP para poder comunicarse entre eles. Lembrar a Configuración_básica_da_rede.
A imaxe amosa a configuración IP, de modo estático, de dous equipos.
Un deles ten instalado un sistema Windows XP e o outro Ubuntu. Neste manual estas son as IPs que se van usar. Nas reproducións en casa, pódense usar outras, aínda que estas sexan configuradas de modo automático.
Como cambiar a configuración IP en Windows XP?
Se fora necesario revisar: Como configurar unha IP fixa en MS windows
Como coñecer a IP dun equipo cando este a obtén de forma automática (DHCP)?
Para coñecer a configuración IP dun equipo que a recibe de forma automática distínguese:
- MS Windows XP:
- Ubuntu:
Firewall de MS Windows
MS Windows XP trae o firewall activado por defecto, como a casuística da súa configuración pode ser moi distinta dun equipo á outro, para realizar as prácticas, que se propoñen neste manual, vaise desactivar.
Probar a conectividade entre equipos: ping
Unha vez que se configuraron as IPs (de xeito manual ou automático), que se coñecen os seus valores e que o firewall de MS windows (ou calquera outro que se teña) está desactivado, é bo comprobar se existe comunicación entre os equipos. Unha vez comprobada a conectividade pódese volver activar.
Pártese da imaxe na que se basea este manual.
ping: e un comando (dos dous sistemas) que serve para comprobar se un equipo se pode comunicar con outro.
Mentres non se teña conectividade entre os equipos non pasar á seguinte sección
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez 01:05 11 feb 2009 (GMT)