Conexión á base de datos
Unha vez que temos creada a base de datos no noso servidor, o seguinte paso é conectarnos á mesma desde unha páxina PHP.
Para iso PHP proporciónanos unha serie de instrucións para acceder a bases de datos MySQL.
Para poder conectarnos á base de datos necesitamos saber os seguintes datos:
- Servidor de bases de datos
- Usuario (ver no panel de control do ISPConfig)
- Contrasinal (ver no panel de control do ISPConfig)
- Nome da Base de datos á que nos conectaremos (ver no panel de control do ISPConfig)
Todos estes datos podémolos obter do panel de control do ISPConfig https://www.hospedaxe.local:81.
<html>
<head>
<title>Exemplo de PHP</title>
</head>
<body>
<?php
//creamos a conexion ó servidor de mysql.
// O procedemento die(), para a execución da páxina devolvendo
// a mensaxe que queiramos; neste caso devolverá
// o derradeiro erro que nos dá o servidor de mysql.
$conexion=mysql_connect("localhost","usuario","Password")
or die(mysql_error());
// Seleccionamos a base de datos na conexión que temos feita
// co servidor anterior.
$bd_seleccionada = mysql_select_db("base_datos",$conexion);
if ($bd_seleccionada)
{
echo "Conexión coa base de datos conseguida.<br>";
}
// Pechamos a conexion.
mysql_close($conexion);
?>
</body>
</html>
Instruccións empregadas: mysql_connect(), mysql_select_db(), mysql_close()
Ao executar a instrución mysql_connect creamos un vínculo entre a base de datos e a páxina PHP, este vínculo será usado posteriormente nas consultas que fagamos á base de datos.
Finalmente, unha vez que terminamos de usar o vínculo coa base de datos, liberarémolo coa instrución mysql_close para que a conexión non quede ocupada.
--Rafael Veiga 17:29 10 feb 2009 (GMT)