Conexión á base de datos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Unha vez que temos creada a base de datos no noso servidor, o seguinte paso é conectarnos á mesma desde unha páxina PHP.

Para iso PHP proporciónanos unha serie de instrucións para acceder a bases de datos MySQL.

Para poder conectarnos á base de datos necesitamos saber os seguintes datos:

  • Servidor de bases de datos
  • Usuario (ver no panel de control do ISPConfig)
  • Contrasinal (ver no panel de control do ISPConfig)
  • Nome da Base de datos á que nos conectaremos (ver no panel de control do ISPConfig)

Todos estes datos podémolos obter do panel de control do ISPConfig https://www.hospedaxe.local:81.

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
<?php 
//creamos a conexion ó servidor de mysql.
// O procedemento die(), para a execución da páxina devolvendo 
// a mensaxe que queiramos; neste caso devolverá 
// o derradeiro erro que nos dá o servidor de mysql.
$conexion=mysql_connect("localhost","usuario","Password") 
  or die(mysql_error()); 

// Seleccionamos a base de datos na conexión que temos feita 
// co servidor anterior.

$bd_seleccionada = mysql_select_db("base_datos",$conexion);
if ($bd_seleccionada)
{
    echo "Conexión coa base de datos conseguida.<br>"; 
}
// Pechamos a conexion.
mysql_close($conexion);
?> 
</body> 
</html>

Instruccións empregadas: mysql_connect(), mysql_select_db(), mysql_close()

Ao executar a instrución mysql_connect creamos un vínculo entre a base de datos e a páxina PHP, este vínculo será usado posteriormente nas consultas que fagamos á base de datos.

Finalmente, unha vez que terminamos de usar o vínculo coa base de datos, liberarémolo coa instrución mysql_close para que a conexión non quede ocupada.

--Rafael Veiga 17:29 10 feb 2009 (GMT)