Compartir carpetas en rede con Debian

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Imos ver neste apartado como podemos compartir carpetas na rede local nun equipo servidor con Debian. O funcionamento da compartición será moi similar ao explicado en Ubuntu Desktop, xa que compartiremos a carpeta utilizando samba.

Instalar Samba

En primeiro lugar, instalaremos os paquetes necesarios para poder compartir carpetas con samba e configuralas usando Webmin.

Compartir unha carpeta

Xa estamos listos para poder compartir unha carpeta do sistema Debian na rede local:

Xestionar os usuarios de Samba

O servizo de Samba mantén a súa propia lista de usuarios cos que podemos controlar cales son as credenciais necesarias para acceder ás carpetas compartidas, e que permiso ten cada usuario en función do seu perfil. Imos ver como podemos xestionar estes usuarios:

Xestionar os grupos de Samba

Cando no noso sistema temos un número algo elevado de usuarios (por exemplo, todos os alumnos de un grupo ou de un centro), resulta moi operativo estruturalos en distintos grupos para facilitar a configuración de permisos de acceso aos distintos recursos do sistema (carpetas, impresoras, etc.). É moito máis rápido e sinxelo establecer os permisos para uns poucos grupos que facelo para decenas ou centos de usuarios.

Samba permite definir grupos, que igual que pasa cos usuarios, terán que estar asociados a grupos do sistema Linux. Imos ver como xestionalos con Webmin:

Xestionar os permisos da carpeta compartida

Agora que sabemos como crear carpetas compartidas en Samba e xestionar os usuarios e grupos deste servizo, imos abordar como podemos establecer os permisos (lectura e/ou escritura) que os distintos usuarios terán sobre as carpetas que compartimos:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --