Características de Ubuntu Server
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Ubuntu Server Edition é a versión de Ubuntu deseñada de xeito específico para instalar nun servidor e prestar servizos a clientes a través da rede.
- Non está polo tanto pensado en absoluto para ser usado nun equipo de escritorio, e proba delo é que por defecto non instala ningún contorno gráfico, navegador, aplicación ofimática, etc., xa que a idea é que instalemos exclusivamente o software necesario para prestar os servizos na rede, e omitir todo o demais. Desta maneira aumentaremos a seguridade do servidor e optimizaremos o uso de recursos do mesmo.
- Como requirimentos de hardware, a versión 9.10 require un mínimo de 192 MB de memoria RAM e 1 GB de disco, aínda que dependendo do uso que vaiamos dar o servidor incluso podería utilizar menos recursos que estes.
- Si ofrece, xa na instalación e mediante a descarga de paquetes de Internet, unha gran cantidade de software para a instalación de servizos en rede, como servidor web, servidores de base de datos, servidores de e-mail, servidores de ficheiros, firewall, etc.
- Algunhas das características mais interesantes da distribución son:
- Mecanismos de autenficación: Ofrece ferramentas para integrar de forma sinxela un servidor nun Active Directory e para autentificar distintos tipos de clientes contra este servidor.
- Servidor de ficheiros e impresión: Integra os paquetes de samba e cups para poder compartir datos e recursos cos equipos do dominio.
- Servidor de correo: Integra os paquetes postfix (para envío de correo) e dovecot (para a descarga do correo) para configurar de forma rápida un servizo de correo electrónico. Con ClamAV (antivirus) e SpamAssassin (antispam) para dotar de maior seguridad ao servizo de correo.
- Servizos de infraestrutura da rede: Servidor de DNS, DHCP, implementación de VPNs con OpenVPN, ferramentas de copia de seguridade, etc.
- Seguridade: Por defecto Ubuntu Server non ten portos abertos, e non inclúe o servidor X nin ferramentas gráficas, o que dota ao sistema dun alto nivel de seguridade. A ferramenta ufw (Uncomplicated Firewall) permite abrir e pechar portos de forma sinxela con comandos.
- Servidor de aplicacións web: Sobre o servidor web apache, Ubuntu Server soporta as linguaxes PHP, Perl, Java, Ruby e Python, e os xestores de base de datos MySQL, Postgresql, DB2 e Oracle.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).