Características de Ubuntu

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Instalación de Ubuntu

  • A distribución Ubuntu baséase nesa filosofía; para iso parten da distribución Debian e do escritorio GNOME, tratando de obter unha distribución amigable, de fácil instalación, multilingüe, libre, etc. Sitios oficiais de Debian e GNOME.
  • Dende a versión 10.04 Ubuntu comeza a instalar o seu propio xestor de escritorio: Unity. Na parte II do curso afondarase sobre os distintos escritorios. Neste enlace pódese acceder á páxina oficial de http://unity.ubuntu.com/


  • Ubuntu saca unha versión cada 6 meses, estas numéranse co ano e o mes de publicación (ano.mes) e cun nome en chave (o nome dun animal xunto cun adxectivo). Así a versión na que se baseará este curso é a 14.04 LTS. Aqueles usuarios que desexen usar a 14.10, poderano facer e estar así á última.
    • Tódalas distribucións teñen soporte durante 18 meses, salvo as que leven o apelido LTS (Long Term Support, soporte a longo prazo), cuxo soporte é por 5 anos.


  • Ubuntu para cada versión distribúese en Varios tipos de CDs (edicións), sinalar entre elas:
    • Desktop CD: é un live-cd que permite iniciar o ordenador sen tocar a configuración que xa ten. Unha vez iniciado o S.O. pódese tomar a decisión de instalalo permanentemente. Vén con aplicacións de usuario final.
    • Server CD: para instalar, en modo texto, permanentemente o S.O. Vén con aplicacións de servidor.
    • Alternate CD: para usuarios avanzados de Ubuntu. Para sistemas con menos de 192 MB, para realizar imaxes, actualizacións, sistemas preconfigurados, etc.


  • Da distribución de Ubuntu derívanse outras varias, entre elas:
    • Kubuntu: mesma filosofía que Ubuntu pero baseada no contorno de escritorio KDE.
    • Edubuntu: versión de Ubuntu para educación.
    • Xubuntu: baseado no contorno de escritorio lixeiro Xfce
    • Lubuntu: Sistema moi xinxelo e pouco pesado para equipos antigos, baseado no contorno de escritorio lixeiro LXDE


Neste curso vaise realizar unha instalación dual (Microsoft Windows XXXX + Ubuntu XX.XX).

-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez