CSS para outros medios

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

CSS2 introduce a posibilidade de orientar follas de estilo a medios de presentación específicos. Faise empregando o atributo media no elemento link ou regras @media ou @import nunha folla de estilo. Actualmente só teñen bo soporte screen, print e all.

  • all
Para todos os medios.
  • handheld
Para teléfonos habilitados para Web ou PDAs.
  • print
Empregado para imprimir o documento ou para mostrar unha vista previa de impresión.
  • screen
Empregado para mostrar na pantalla dun monitor de ordenador.
  • Outros
Hai mais pero aínda non teñen bo soporte: aural, braille, embossed, projection, speech, tty e tv.