Bucles

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda


Os bucles permítennos iterar conxuntos de instrucións, é dicir repetir a execución dun conxunto de instrucións mentres se cumpra unha condición.

Sentenza while

<?php 
   while (condición) 
   { 
      instrucións a executar. 
   } 
?>

Mentres a condición sexa certa reiterarase a execución das instrucións que están dentro do while.

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
Inicio<BR> 
<?php 
   $i=0; 
   while ($i<10) 
   { 
      echo "O valor de i é " . $i . "<br>"; 
      $i++; 
   } 
?> 
Final<BR> 
</body> 
</html>

No seguinte exemplo, o valor de $i ao comezo é 0, durante a execución do bucle, vaise sumando 1 ao valor de $i de maneira que cando $i vale 10 xa non se cumpre a condición e termínase a execución do bucle.

Sentenza do ... while

<?php 
   do
   { 
      instrucións a executar

   } while (condición) 
?>

Neste tipo de bucle a condición evalúase ó final, polo que se garantiza que as instruccións a executar fanse polo menos 1 vez.

Exemplo que amosa os números do 1 ó 10.

<?php

$i = 1;

do {
    echo $i,'<br/>';
    $i++;
} while ($i <=10);

?>

Sentenza for

<?php 
   for (inicial ; condición ; executar en iteración) 
   { 
      instrucións a executar. 
   } 
?>

Este sería un exemplo sinxelo coa sentenza for:

<html> 
<head> 
   <title>Exemplo de PHP</title> 
</head> 
<body> 
Inicio<br /> 
<?php 
   for($i=0 ; $i<10 ; $i++) 
   { 
      echo "O valor de i é " . $i . "<br />"; 
   } 
?> 
Final<br /> 
</body> 
</html>

A instrución for é a instrución de bucles máis completa. Nunha soa instrución permítenos controlar todo o funcionamento do bucle.

O primeiro parámetro do for, é executado a primeira vez e serve para inicializar a variable do bucle, o segundo parámetro indica a condición que se debe cumprir para que o bucle siga executándose e o terceiro parámetro é unha instrución que se executa ao final de cada iteración e serve para modificar o valor da variable de iteración.

--Veiga (discusión) 11:19 2 oct 2014 (CEST)