Backup MBR mediante o programa MBRWork

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Backup MBR mediante o programa MBRWork

Neste apartado empregaremos o programa MBRWork
O procedemento é o seguinte:

  1. Imos partir dun disco duro particionado do seguinte xeito:
    • 8 particións.
    • As particións 1, 2 e 3 -como indican os seus números- a priori son primarias xa que pode existir 1 estendida.
    • A partición 3 será estendida.
    • As particións 5, 6, 7, 8 e 9 -como indican os seus números- son lóxicas.
    Ver Táboa de Particionamento
  2. Imos supor que estamos nunha consola de MS-DOS identificada como b: e que podemos dende a mesma lanzar o programa MBRWork mediante o comando mbrwork, como podemos apreciar na seguinte imaxe,
    Lanzar comando mbrwork dende b:
  3. Agora aparece un menú coas posibilidades do programa:
    Menú MBRWork
  4. Escollemos a opción 1 para gardar unha copia do MBR.
    Copia do MBR
  5. Prememos a tecla E e saímos do programa voltando á ruta b:. Agora vendo o contido de b: podemos comprobar que temos un ficheiro de nome back0.bin.
    MBR copiado en back0.bin
  6. Agora imos comprobar que podemos restaurar a copia do MBR creada no caso de perda do mesmo ou de perda de información na táboa de particións . Para isto procedemos a borrar a táboa de particións mediante o Ranish Partition Manager e a gardar o novo MBR sen ningunha partición existente no disco duro previamente particionado, Ver Táboa de Particións Borrado da Táboa de Particións
  7. Procedemos a restaurar o MBR orixinal, co cal lanzamos de novo o programa MBRWork e deberiamos proceder de igual xeito ata que chegamos ao menú -ver apartados 2 e 3 - onde agora a opción a escoller sería a 2 e non a 1, como podemos ver a continuación na seguinte imaxe.
    Menú Opción 2 Restaurar MBR
  8. Entón o programa preguntaranos se estamos de acordo ou non, co cal como estamos de acordo prememos a tecla Y:
    Presionar Y
    Agora débenos aparecer unha pantalla similar á seguinte indicando que a restauración do MBR tivo lugar e o programa queda a espera que elixamos outra opción:
    MBR recuperado
  9. Prememos a tecla E e saímos do programa voltando á ruta b:.
    Xa temos restaurada a copia do MBR.
  10. Comprobamos que temos ben o MBR con calquera programa de particionamento, Comprobación da Restauración do MBR Comprobación da Restauración do MBR

Ademais xa poderiamos volver a traballar de igual xeito coa computadora como o faciamos previamente ao borrado do MBR.


--ricardofc 20 out 2009