BBDD corporativas
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
Os Sistemas Xestores de Bases de Datos (SXBD) corporativos son programas que permiten administrar de xeito eficiente BBDD de gran tamaño. Normalmente seguen a cliente/servidor e, por tanto, están formados por dúas partes: unha que fai de servidor propiamente dito e outra que funciona como cliente (en modo gráfico ou en modo texto).
Un SXBD corporativo típico debería ter capacidade para dar soportes ás seguintes funcións:
- Xestión de usuarios e permisos.
- Administración de privilexios sobre obxectos da BBDD.
- Administración de conexións á BBDD.
- Xestión de copias de seguridade e restauración da base de datos.
- Acceso ao dicionario de datos
- Importación e exportación da base de datos.
- Xestión dos orixes de datos.
Algúns SXBD corporativos típicos son PostgreSQL, MySQL, MS SQL Server, Oracle ou Informix.