As aplicacións do menú Aplicacións
A continuación explicaranse os programas/utilidades máis singulares do menú Aplicacións (Aplicativos en Ubuntu 10.10)
Comécese vendo unha síntese do que se vai atopar nesta sección. o vídeo dura 32:58 mn.. Está en inglés perfecto, pero como se sabe unha imaxe vale máis que ....
Accesorios
Resaltar aquí: o Xestor de arquivos (en Ubuntu 10.10 hai que activar este icono na ferramenta Menú principal en Sistema->Preferencias) que permite comprimir e descomprimir arquivos e carpetas, o Terminal para acceder a liña de comandos, o editor de textos que equivale ó bloc de notas do MS Windows e o Analizador do uso do disco que serve para comprobar o tamaño que ocupan discos, particións e carpetas
A seguinte imaxe amosa o espazo que consumen as distintas carpetas que está dentro da carpeta do usuario administrador
Acceso universal
Amosa unha utilidade para que os usuarios con diversas dificultades de visión poidan coñecer o que se está a ver na pantalla por medio da ampliación desta, reprodución por voz ou braille (se se dispón do periférico adecuado) (en Ubuntu 10.10 hai que activar este icono na ferramenta Menú principal en Sistema->Preferencias).
Imaxe (Gráficos)
Neste submenú atoparanse as utilidades relacionados co procesado e imaxes e fotos. Así tense, entre outros, o famoso editor Gimp (aínda que en Ubuntu 10.10 non ven instalado por defecto, xa veremos despois como se instalaría), unha utilidade para escanear, o editor de debuxos de OpenOffice.org
Internet
Baixo esta apéndice atópase todo canto este relacionado con internet, como pode ser o programa de descargas BitTorrent, o cliente de Terminal Server para conectarse a equipos MS Windows, o Visor de escritorio remoto de Linux (este verase nunha sección posterior), o navegador de internet Firefox, o xestor de Mensaxería Pidgin (Empathy en Ubuntu 10.10), tipo Messenger, etc.
Ofimática
Aquí o lector, como bo observador que é, concluirá que estará todo o relacionado co procesamento de textos, follas de cálculo, presentacións, etc. En especial subliñar as utilidades que pretenden substituír ó MS Office, O OpenOffice.Org
Son e vídeo
Algunhas das utilidades que aquí hai veranse nunha sección posterior: Gravador de discos Brasero, reprodutor de música Rhythmbox e reprodutor de películas e música Totem.
Xogos
No comment!
Engadir/Eliminar... (Centro de software de Ubuntu)
Esta utilidade equivale ó Agregar quitar programas de MS Windows, verase na seguinte sección. .
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez 01:05 11 feb 2009 (GMT)