Aplicacións Web (Ciclo SMR)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aplicacións web do Ciclo SMR

  • Curso:
  • Duración: 123 horas
  • Profesorado: Informática

RA1. Instala xestores de contidos configurados consonte certos requisitos, e identifica as súas aplicacións

– CA1.1. Estableceuse a utilidade dun xestor de contidos.
– CA1.2. Identificáronse os requisitos para instalar xestores de contidos.
– CA1.3. Realizáronse instalacións de xestores de contidos.
– CA1.4. Xestionáronse usuarios con diversos papeis.
– CA1.5. Personalizouse a interface do xestor de contidos.
– CA1.6. Realizáronse tarefas de actualización do xestor de contidos, nomeadamente as de seguridade.
– CA1.7. Instaláronse e configuráronse os módulos e os menús necesarios.
– CA1.8. Activáronse e configuráronse os mecanismos de seguridade achegados polo propio xestor de contidos.
– CA1.9. Habilitáronse foros e establecéronse regras de acceso.
– CA1.10. Realizáronse probas de funcionamento.
– CA1.11. Realizáronse copias de seguridade dos contidos do xestor.
  • Definición dos conceptos básicos: tipos e características.
  • Instalación en sistemas operativos libres e propietarios.
  • Creación de usuarios e grupos de usuarios.
  • Utilización da interface gráfica.
  • Personalización do contorno empregando as ferramentas propias do xestor de contidos.
  • Personalización do contorno empregando linguaxes de marcaxe.
  • Funcionalidades proporcionadas polo xestor de contidos.
  • Sindicación.
  • Funcionamento dos xestores de contidos.
  • Actualizacións do xestor de contidos.
  • Configuración de módulos e menús.
  • Informes de accesos.
  • Mecanismos de seguridade.
  • Copias de seguridade.

RA2. Instala sistemas de xestión de aprendizaxe a distancia, e identifica a estrutura do sitio e a xerarquía de directorios xerada

– CA2.1. Instaláronse xestores de aprendizaxe.
– CA2.2. Recoñeceuse a estrutura do sitio e a xerarquía de directorios xerada.
– CA2.3. Realizáronse modificacións na estética ou no aspecto do sitio.
– CA2.4. Manipuláronse e xeráronse perfís personalizados.
– CA2.5. Instaláronse e configuráronse novos módulos no sitio.
– CA2.6. Comprobouse a funcionalidade das comunicacións mediante foros, consultas, etc.
– CA2.7. Importáronse e exportáronse contidos en varios formatos.
– CA2.8. Realizáronse copias de seguridade e restauracións.
– CA2.9. Realizáronse informes de acceso ao sitio e da súa utilización.
– CA2.10. Comprobouse a seguridade do sitio.
  • Conceptos básicos: tipos e características.
  • Elementos lóxicos: comunicación, materiais e actividades.
  • Instalación en sistemas operativos libres e propietarios.
  • Modos de rexistro.
  • Interface gráfica asociada.
  • Personalización do contorno.
  • Navegación e edición.
  • Creación de cursos seguindo especificacións.
  • Xestión de usuarios e grupos.
  • Activación de funcionalidades.
  • Realización de copias de seguridade e a súa restauración.
  • Realización de informes.
  • Elaboración de documentación orientada á formación de usuarios.

RA3. Instala servizos de xestión de ficheiros web, identifica as súas aplicacións e verifica a súa integridade

– CA3.1. Estableceuse a utilidade dun servizo de xestión de ficheiros web.
– CA3.2. Describíronse aplicacións de xestión de ficheiros web.
– CA3.3. Instalouse e adaptouse unha ferramenta de xestión de ficheiros web.
– CA3.4. Creáronse e clasificáronse contas de usuario en función dos seus permisos.
– CA3.5. Xestionáronse ficheiros e directorios.
– CA3.6. Utilizáronse ficheiros de información adicional.
– CA3.7. Aplicáronse criterios de indexación sobre os ficheiros e os directorios.
– CA3.8. Comprobouse a seguridade do xestor de ficheiros.
  • Conceptos básicos: tipos e características.
  • Instalación.
  • Navegación e operacións básicas.
  • Administración do xestor.
  • Usuarios e permisos.
  • Tipos de usuario.
  • Creación de recursos compartidos.
  • Creación de informes.
  • Estrutura de directorios seguindo especificacións.
  • Comprobación da seguridade do xestor.

RA4. Instala aplicacións de ofimática web, e identifica as súas características e os seus contornos de uso

– CA4.1. Estableceuse a utilidade das aplicacións de ofimática web.
– CA4.2. Describíronse aplicacións de ofimática web (procesador de textos, folla de cálculo, etc.).
– CA4.3. Instaláronse aplicacións de ofimática web.
– CA4.4. Xestionáronse as contas de usuario.
– CA4.5. Aplicáronse criterios de seguridade no acceso de usuarios.
– CA4.6. Recoñecéronse as prestacións específicas de cada aplicación instalada.
– CA4.7. Utilizáronse as aplicacións de xeito colaborativo.
  • Conceptos básicos: tipos e características.
  • Instalación.
  • Utilización das aplicacións instaladas.
  • Xestión de usuarios e permisos asociados.
  • Comprobación da seguridade.
  • Realización de informes.
  • Elaboración de documentación orientada á formación.

RA5. Instala aplicacións web de escritorio, e identifica as súas características e os seus contornos de uso

– CA5.1. Describíronse aplicacións web de escritorio.
– CA5.2. Instaláronse aplicacións para prover de acceso web o servizo de correo electrónico.
– CA5.3. Configuráronse as aplicacións para as integrar cun servidor de correo.
– CA5.4. Xestionáronse as contas de usuario.
– CA5.5. Verificouse o acceso ao correo electrónico.
– CA5.6. Instaláronse aplicacións de calendario web.
– CA5.7. Recoñecéronse as prestacións específicas das aplicacións instaladas (citas, tarefas, etc.).
– CA5.8. Utilizáronse as aplicacións de xeito colaborativo
  • Conceptos básicos: tipos e características.
  • Aplicacións de correo web.
  • Aplicacións de calendario web.
  • Instalación.
  • Xestión de usuarios.
  • Elaboración de documentación orientada á formación.