Ansible
Introdución
Ansible é unha plataforma de software libre para configurar e administrar computadoras. Combina instalación multi-nodo, execucións de tarefas ad hoc e administración de configuracións. Adicionalmente, Ansible é categorizado como unha ferramenta de orquestación.
- Manexa nodos a través de SSH e non require ningún software remoto adicional (excepto Python 2.4 o posterior). Dispone de módulos que traballan sobre JSON e a saída estándar pode ser escrita en calquera linguaxe. Nativamente utiliza YAML para describir configuracións reusables dos sistemas.
- A plataforma foi creada por Michael DeHaan, tamén autor da aplicación de aprovisionamento Cobbler e co-autor do framework para administración remota Func.4 Es incluido como parte da distribución de Linux Fedora. (FonteWikipedia)
Instalación
A administración dos nodos Linux realízase a través do protocolo SSH e dos nodos Windows con WinRM. Non é necesario instalar un axente neles, só é necesario instalar Ansible nun nodo onde se iniciará a comunicación e se realizarán as tarefas especificadas.
Este nodo, onde se instala Ansible, denomínase máquina de control (Control Machine). Neste nodo non se instalará software adicional, como podería ser base de datos, servidor web, servidor ftp,...
Os requisitos para a máquina de control son os seguintes: Python 2 (Versións 2.6 ou 2.7) ou Python 3 (Versións 3.5 ou posteriores). O Windows non se soporta como máquina de control.
Os nodos a automatizar denomínanse nodos xestionados (Managed Node) e só é preciso ter instalado Python 2.5 ou posterior e, por defecto, utilízase sftp para copiar os ficheiros precisos a ese nodo.
Configurar Debian como Control Machine
O primeiro é ter a máquina:
- Con Python instalado.
- Actualizada.
- Cunha configuración IP estática: 192.168.1.200.
- Cun nome axeitado: CMAnsible.
Tamén é interesante ter instalado Open SSH para conectarse ao equipo remotamente:
$ apt install openssh-server
Para Debian instalamos Ansible utilizando pip:
$ apt install python-pip
$ apt install python3-pip
$ pip install ansible
Primeiros pasos
Primeiros pasos Managed node Linux
Unha vez instalado Ansible, detallaremos agora os primeiros pasos que podemos realizar para comprender o funcionamento e como conectarse aos nodos que imos administrar.
O primeiro será restaurar unha máquina Debian que fará de nodo cliente (Managed node):
- Como NON imos ter servidor DNS configurámoslle unha IP estática: 192.168.1.111
- Instalamos o openssh-server:
$ apt install openssh-server
- Instalamos a ferramenta sudo para poder administrar o nodo sen empregar o usuario root (se queremos empregar root faise o mesmo pero saltando todo o que ten que ver con sudo e habilitando a conexión SSH con root):
$ apt install sudo
- Creamos o usuario lansible e dámoslle permisos:
$ adduser lansible
...
#O usuario "lansible" non precisará poñer contrasinal con sudo
$ cat /etc/sudoers
...
# User privilege specification
root ALL=(ALL:ALL) ALL
lansible ALL=(ALL) NOPASSWD:ALL
# Allow members of group sudo to execute any command
%sudo ALL=(ALL:ALL) ALL
...
$ reboot
Na máquina CMAnsible (Control Machine) creamos, ou modificamos, o arquivo /etc/ansible/hosts indicando os equipos que imos a administrar (de momento só este Debian - 192.168.1.111).
$ nano /etc/ansible/hosts
#Clientes Linux
[clientesLinux]
192.168.1.111
Para listar os Managed nodes que queremos administrar empregamos o comando:
$ ansible --list-host all
hosts (1):
192.168.1.111
Para comprobar a conexión aos Managed nodes que imos administrar:
#Primeiro facemos un ping a los nodos para ver que todo vai ben
$ for nodo in `cat /etc/ansible/hosts | grep -Ei "^[a-z1-9].*"`; do ping -c 1 $nodo; done
#Logo empregamos o seguinte comando de Ansible
$ ansible all -m ping
192.168.1.111 | UNREACHABLE! => {
"changed": false,
"msg": "Failed to connect to the host via ssh: ssh: connect to host 192.168.1.111 port 22: Connection refused\r\n",
"unreachable": true
}
Vemos que non é posible conectarse por SSH, isto é porque a clave pública do usuario que está executando o comando ansible non foi incluida dentro das claves autorizadas de dito nodo. Podemos copiar a clave pública empregando o comando ssh-copy-id:
# Xeramos as chaves SSH - Deixamos a passphrase en branco
$ ssh-keygen
Generating public/private rsa key pair.
Enter file in which to save the key (/root/.ssh/id_rsa):
Created directory '/root/.ssh'.
Enter passphrase (empty for no passphrase):
Enter same passphrase again:
Your identification has been saved in /root/.ssh/id_rsa.
Your public key has been saved in /root/.ssh/id_rsa.pub.
The key fingerprint is:
...
# Copiamos a chave pública de root para o usuario "lansible" dos nodos a administrar
## Antes instalamos a ferramenta "sshpass"
$ apt install sshpass
## Xa podemos automatizar a copia das chaves nos equipos cliente (o password do lansible é "abc123..")
$ for nodo in `cat /etc/ansible/hosts | grep -Ei "^[a-z1-9].*"`; do echo "abc123.." | sshpass ssh-copy-id lansible@$nodo; done
/usr/bin/ssh-copy-id: INFO: Source of key(s) to be installed: "/root/.ssh/id_rsa.pub"
/usr/bin/ssh-copy-id: INFO: attempting to log in with the new key(s), to filter out any that are already installed
/usr/bin/ssh-copy-id: INFO: 1 key(s) remain to be installed -- if you are prompted now it is to install the new keys
Number of key(s) added: 1
Now try logging into the machine, with: "ssh 'lansible@192.168.1.111'"
and check to make sure that only the key(s) you wanted were added.
Xa podemos comprobar a conexión aos Managed nodes que imos administrar:
$ ansible all -m ping -u lansible
192.168.1.111 | SUCCESS => {
"changed": false,
"ping": "pong"
}
Podemos agora executar comandos en todos eses equipos:
$ ansible all -a "uptime" -u lansible
192.168.1.111 | CHANGED | rc=0 >>
23:52:13 up 56 min, 2 users, load average: 0,67, 0,43, 0,20
Podemos executar comandos con sudo neses equipos:
$ ansible all -a "fdisk -l" -u lansible -b
...
Se queremos só executar os comandos nun "grupo" de equipos:
$ ansible clientesLinux -a "ip a" -u lansible
...
Primeiros pasos Managed node Windows
É tamén posible administrar hosts que teñan o sistema operativo Windows instalado. Neste caso non se emprega SSH, emprégase WinRM.
1.- O primeiro que debemos facer é instalar o paquete pywinrm na Control Machine:
$ pip install pywinrm
2.- Logo restauramos unha máquina Windows (10, Server 2016, Server 2019):
- Actualizamos a máquina.
- Configuramos a IP: 192.168.1.110
- Instalamos o chocolatey.
3.- Instalamos na Managed node Windows unha versión de Python 3.0 ou superior.
PS> choco install python3
4.- Descargamos o script de Powershell ConfigureRemotingForAnsible.ps1 e o executamos con permisos de Administrador.
5.- Creamos o usuario local "wansible", e dende Powershell como Administrador executamos o comando:
PS>winrm configSDDL default
# E engadimos ese usuario "wansible" con "Control Total (All Operations)" e "Aceptar"
6.- Na máquina Control machine modificamos o arquivo host do seguinte xeito:
$ cat /etc/ansible/hosts
[linux]
192.168.1.118
[windows]
192.168.1.110
[windows:vars]
ansible_user = wansible
ansible_password = abc123..
ansible_port = 5986
ansible_connection = winrm
ansible_winrm_server_cert_validation = ignore
7.- Xa estamos preparados para probar algún módulo ansible para Windows (para executar os comandos só nos equipos Windows poñeremos "ansible windows..."):
$ansible windows -m win_ping -u wansible
192.168.1.110 | SUCCESS => {
"changed": false,
"ping": "pong"
}
$ansible windows -m win_disk_facts -u wansible
192.168.1.110 | SUCCESS => {
"ansible_facts": {
"ansible_disks": [
{
"bootable": true,
"bus_type": "SATA",
"clustered": false,
"firmware_version": "1.0",
"friendly_name": "VBOX HARDDISK",
"guid": null,
"location": "Integrated : Adapter 0 : Port 0",
"manufacturer": null,
"model": "VBOX HARDDISK",
"number": 0,
"operational_status": "Online",
"partition_count": 2,
"partition_style": "MBR",
"partitions": [
{
"access_paths": [
"\\\\?\\Volume{be3c284e-0000-0000-0000-100000000000}\\"
],
"active": true,
...