Android Debug Bridge: ADB

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • O Android Debug Bridge ADB é unha utilidade que permite comunicarse cun dispositivo virtual ou real.
  • Esta composto dun servidor que sempre está funcionando no ordenador real e lánzase cando se inicia Eclipse ou cando se executa adb start-server. Este servidor sempre escoita nun porto impar comezando no 5555.
  • O comando atópase no cartafol do SDK en platform-tools/adb.
  • Funciona do mesmo xeito nos tres SOs.
  • Máis información en: http://developer.android.com/tools/help/adb.html

Dispositivos conectados

O shell do dispositivo

  • Permite executar comandos dentro do dispositivo android.
  • Android está baseado en Linux, por tanto poderanse executar moitos dos comandos dese SO nun dispositivo android.
  • Importante: Para acceder en modo root en AVDs con versións de android 7 ou superior débese execuatar antes de entrar nel:adb root.


Xestión dunha BBDD con sqlite3

  • A modo de exemplo vaise ver como facer consultas básicas, dentro do dispositivo, co xestor sqlite3.
  • Máis información en: http://www.sqlite.org/
  • Vaise traballar coa bases de datos dos contactos do teléfono.



Nota: Se queremos reiniciar o dispositivo teremos que executar, dentro do shell, as seguintes ordes:

  • stop
  • start

Con isto faremos o 'efecto' de reiniciar. Isto é necesario no caso de ter un servizo que se executa cando se acende o dispositivo Android e queiramos comprobar o seu funcionamento.

Sacar ficheiros do dispositivo

  • Outra das funcionalidades que nos permite é sacar ficheiros/carpetas do dispositivo.

Instalar unha aplicación

  • As aplicacións instalables teñen extensión apk como se verá na UNIDADE 2 do curso: adb installl.
  • Neste caso vaise baixar de internet un visor PDF moi sinxelo para Android.

Introducir ficheiro no dispositivo

  • Ao igual que se sacan ficheiros do dispositivo tamén se poden introducir ficheiros no mesmo: adb push.


Desinstalar unha aplicación do dispositivo

  • Ao igual que se pode instalar unha aplicación tamén se pode desinstalar: adb uninstall.
  • Tamén se pode realizar de modo gráfico.


Varios dispositivos

  • Até agora só traballamos con adb cun só dispositivo. Como actuar cando hai máis dun dispositivo real ou virtual?.


Conectar un dispositivo físico

  • Agora tócalle a quenda aos dispositivos físicos.
  • Hai que habilitar a Depuración USB


Conectar un dispositivo físico en Windows

  • En Linux e OS X non é preciso instalar o driver do dispositivo para conectarse a el, pero en Windows si.
  • Neste caso vaise usar de exemplo un dispositivo físico Samsung.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2020).