Agradecementos, dedicatoria e despedida.
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Agradecementos
Aproveitamos a ocasión que nos brinda esta ferramenta para agradecer a todas aquelas persoas que dunha forma ou doutra colaboraron na elaboración deste curso.
- Ás nosas parellas, Vanesa e Carlota (ou viceversa) pola paciencia amosada ó longo de varias semanas de horarios despendolados.
- Ás parellas das persoas que seguiron a primeira edición do curso por PLATEGA, que a partir da tarefa da terceira semana consumíu as súas almas.
- Ós propios alumnos da primeira edición que seguiron o curso a distancia de PLATEGA da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Pola paciencia infinita. Fixeron un traballo incólume e inxente. Adicaron moitas máis horas das que rezaba un título acreditativo da consecución satisfactoria dos coñecementos do curso. Detectaron problemas, axudaron a súa resolución, axudaron ós compañeiros en momentos de camiños sen saída, e amosaron en todo momento un comportamento digno de mencionar. Resaltar, por ter aportado casuísticas que non se contemplaron inicialmente no material, as indicacións feitas por Victor Lourido, Diego Terrón e Ricardo Feijoo, que melloraron considerablemente o material.
- Á profesora Catalina Pérez, compañeira de Calos Carrión, por adaptarse, coma unha luva (guante), ás miñas necesidades horarias perante o curso.
- Á Dirección do IES San Clemente, máis condescencia e disposición é imposible. Grazas.
Adicado
As persoas que nos rodean e que en todo momento amosaron elevadas doses de comprensión con horas e días de traballo pouco recomendables.
Vídeo de “hasta sempre”
Esta vez o vídeo está en español e subtitulado en inglés.
Mozart 5ª Sinfonía). A cara do director é un poema!!!!!.
Un anaco da 9ª Sinfonía de Beethoven. Unha mágoa que a imaxe do vídeo non estea sincronizado co son.
Ata outra.....