Administración básica e utilización de sistemas ERP-CMR

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Anterior: Instalación e configuración de sistemas ERP-CRM
Seguinte: Organización, consulta e tratamento da información

Administración básica de OpenERP

Punto de partida: Instalación de OpenERP 7.0 en Ubuntu Server

Módulos de comunicacións e localización

  • Nun navegador iniciamos OpenERP 7.0 e accedemos coa conta de administrador á base de datos da empresa, no exemplo, galaxia_bd.
  • Editamos a conta do administrador e no separador Dereitos de acceso marcamos Technical features. Despois de gardar, actualizamos con F5 e veremos máis opcións no menú do lateral esquerdo.
Administradora








  • Noutro navegador diferente, iniciamos sesión coa conta de empregada creada na páxina anterior. Comprobamos que inicialmente non ten elementos no menú.
Empregada





  • A administradora instala o primeiro módulo: Social Network.
Administradora






  • Agora a empregada vai ter un correo interno e outras utilidades para comunicarse co resto de empregados.
Empregada





  • Instalación do módulo: Address Book. A empregada pode crear novos contactos: clientes, provedores, empregados, etc. No exemplo, un cliente da empresa.
Empregada






  • Podemos instalar e experimentar outro módulo relacionado: Notas. Debido a un bug da aplicación, só pode rexistrar notas a administradora.
Administradora






  • É posible instalar novas linguas para a interface, pero é importante manter o inglés que será usado para as palabras non traducidas (como é o caso do galego). Ademais pódense instalar módulos de localización. Podemos visualizar os relativos a España procurando l10n_es.
Administradora






  • Cargamos o idioma español e mudamos a lingua da interface das usuarias editando as súas preferencias.


Descarga e instalación de módulos

Cando tentamos instalar un módulo no apartado Aplicaciones en línea pode ser que nos dea un erro. Por exemplo, ao tentar instalar Topónimos españoles responde dicindo que o módulo base_location non está dispoñible.

Estas son as accións que se teñen que realizar para instalalos de forma manual:

  • Enviamos os módulos á máquina de Ubuntu Server por FTP, MobaXterm ou carpetas compartidas. Outra alternativa é descargalos desde dentro da máquina virtual co comando wget.
  • Copiamos os dous ficheiros ZIP no directorio /usr/lib/pymodules/python2.7/openerp/addons
  • Descomprimimos: unzip *.zip
  • Eliminamos os ficheiros: rm *.zip
  • Na web de adminstración de OpenERP, clicamos en Actualizar lista de módulos.
  • En Módulos locales eliminamos o filtro Instalado e procuramos os novos módulos. Primeiro instalamos base_location e despois l10n_es_toponyms.
Uso do CP para preencher outros campos

Unha alternativa á instalación manual de módulos, que habilita a one-click online instalation, é facer o noso usuario de OpenERP propietario do directorio addons:

sudo chown openerp:openerp /usr/lib/pymodules/python2.7/openerp/addons


Instalación mínima para unha PEME

No apartado Aplicaciones en línea, instalamos os módulos CRM, xestión de almacén, xestión de compras, xestión de vendas, contabilidade e finanzas e recursos humanos.

Cada vez que instalamos un módulo temos que editar a conta do empregado e activar os checkbox correspondentes para que poida utilizar o menú do módulo e as diferentes opcións do menú:

  • Módulo CRM.
Administradora
Empregada









Desmarcamos Portal porque máis adiante impediría acceder aos contactos e realizar compras, vendas, etc.


  • Módulo Warehouse Management: xestión de almacén.
Administradora
Empregada







  • Módulo Purchase Management: xestión de compras.
  • Módulo Sales Management: xestión de vendas.
  • Módulo Accounting and Finance: contabilidade e finanzas.
  • Módulo Employee Directory: recursos humanos.
  • Módulos l10n_es: localización española (algún xa foi instalado automaticamente).
  • Hai outro apartado onde se poden configurar as características xerais dos módulos: Configuración, Configuración
17configuracion.PNG





Utilización básica de OpenERP

Fonte: Sistemas de Gestión Empresarial, César San Juan Pastor, Editorial Garceta.

Xestión de almacén

  • Creación da estrutura do almacén.
  • Utilización do almacén.
  • Informes do almacén.
Nova categoría
Novo produto








Xestión da compra-venda

  • Creación de contactos: provedores e clientes.
  • Creación de categorías, produtos e stock inicial.
  • Ordes de compra.
  • Ordes de venda.
Compra
Venda






Xestión da contabilidade

  • Configuración do sistema.
  • Xestión de facturas.
  • Xestión de asentos.
  • Xeración de informes contables.
  • Cerre contable.
Validación e pago de facturas







Xestión dos recursos humanos

  • Configuración do sistema.
  • Xestión de empregados e contratos.
  • Xestión da asistencia.
  • Nóminas.
  • Informes.
Alta de empregados






Xestión das relacións cos clientes

  • Configuración do sistema.
  • Xestión das iniciativas.
  • Oportunidades.
  • Xestión de reclamacións.
  • Xestión de soporte (helpdesk).
  • Informes.
Activar o portal público
Publicar novas
Acceder ao portal público












--Vence