Activar-Desactivar matriculación en cursos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Activación de Auto-matriculación de alumnos en cursos Moodle

Para permitir que os alumnos se matriculen nos cursos de xeito automático é recomendable asignar un contrasinal no curso, para que só se poidan matricular os que coñezan ese contrasinal que vos lle facilitaredes.

Unha vez dentro do curso facer o seguinte:

  • Ir á sección de Administración do curso.
  • Na ventana da dereita comprobar que están activos os métodos de Matriculación manual e Auto-matriculación. Se soamente aparece a matriculación manual teremos que engadir o método de auto-matriculación na lista desplegable.

Curso-administracion-Moodle.jpg

  • Na ventana de opcións que aparece cubriremos simplemente o apartado de clave de auto-matriculación co contrasinal que deberán saber os alumnos para auto-matricularse no noso curso:

Automatriculacion-clave.jpg

  • Pulsaremos en Añadir Método e xa estará dispoñible para que os alumnos se poidan matricular.

Cando remate o período de matriculación deberíase modificar o contrasinal, para evitar que se matriculen máis alumnos no curso.

Desactivación de Auto-matriculación de alumnos en cursos Moodle

Para desactivar a auto-matriculación simplemente teremos que volver a métodos de matriculación:

  • Poderemos editar a auto-matriculación (símbolo * o carón de Automatriculación á dereita) e cambiaremos o contrasinal por un distinto.
  • Outra forma de desactivar que os alumnos se matriculen e ocultar (pechando o ollo) o método de auto-matriculación.
  • Ou por último eliminar do curso si así o desexamos o método de auto-matriculación coa X.

Desactivacion-automatriculacion.jpg

--Veiga (discusión)