A carpeta persoal na nube con Ubuntu One
Que é Ubuntu One
Ubuntu One é un servizo de Ubuntu que permite sincronizar contidos dentro da carpeta persoal do usuario de Ubuntu na web para poder acceder a eles a través da web o dende outros dispositivos, como outros equipos con Ubuntu ou con Windows ou dispositivos móbiles con Android ou IPhone e IPad.
Desta forma, o usuario pode ter unha serie de carpetas "na nube" ás que pode acceder dende calquera sitio, e no caso de ter un smartphone, con Ubuntu One poderase ter todo o contido das carpetas que se desexen accesibles dende o teléfono, ou por exemplo facer que as fotos que se tomen co teléfono aparezan automaticamente nunha carpeta do noso equipo.
A seguinte imaxe extraída da web de Ubuntu One recolle as súas funcionalidades tanto na versión gratuíta como na de pago:
Como se pode ver na imaxe, a versión gratuíta ofrece un espazo da almacenamento de 5GB, mentres que a de pago amplía 20GB de almacenamento e descarga de música por streaming.
Rexistro e inicio en Ubuntu One
Ubuntu One non ven por defecto completamente instalado en Ubuntu, así que a primeira vez que o iniciemos teremos que realizar a súa instalación:
Unha vez que lancemos a aplicación de Ubuntu One, o primeiro que teremos que facer é asociar o usuario a unha conta de Ubuntu One, que podemos crear ou ben seleccionar unha existente. Imos ver como serían os dous casos.
Rexistro de unha nova conta
Iniciamos sesión con noa e imos rexistrar unha nova conta de Ubuntu One:
Asociar ao usuario unha conta de Ubuntu One existente
Agora pechamos a sesión de noa e iniciamos a sesión con roi, que xa ten unha conta en Ubuntu One e agora o que vai facer é asociala á súa conta de usuario no equipo para que se lle sincronice nel o contido das carpetas que ten na "nube".
O Panel de control de Ubuntu One
Agora que tanto noa como roi teñen asociados contas en Ubuntu One imos ver que verán se pican sobre a icona de Ubuntu One do Iniciador (imos ver neste caso os datos de noa):
A pestana de Cartafoles mostra a lista de carpetas que se están sincronizando a través de Ubuntu One. Logo veremos como o usuario pode indicar que carpetas quere sincronizar, pero por defecto dentro da carpeta persoal xa se lle creou unha carpeta chamada Ubuntu One para que todo o que se poña dentro se sincronice automaticamente.
Sincronización de carpetas con Ubuntu One
Xa estamos listos para comezar a facer uso de Ubuntu One, imos ver como podemos sincronizar contidos de carpetas en distintos equipos:
Se entramos na carpeta persoal, veremos que se creou unha nova carpeta chamada Ubuntu One. Todo o contido que creemos ou copiemos a esta carpeta vaise sincronizar automaticamente na conta de Ubuntu One, e logo se noutro equipo configuramos a mesma conta de Ubuntu One se descargará ese contido. O emblema da uve sobre a carpeta indica que todo o contido está agora mesmo sincronizado coa conta de Ubuntu One.
Para comprobar a sincronización, en lugar de ir a outro equipo imos pechar a sesión do usuario noa e abrir con outro usuario que aínda non teña conta de Ubuntu One asociada, por exemplo o usuario alumno. Asociamos este usuario á mesma conta de Ubuntu One que noa (aalema@gmail.com). Se entramos na carpeta de Ubuntu One dentro da carpeta persoal veremos que xa temos descargada a carpeta que creáramos na de noa.
Porén, non aparece nada na carpeta de Imaxes. Isto débese a que a carpeta Ubuntu One sincronízase por defecto en todas os equipos, pero o resto das carpetas hai que indicar expresamente se queremos sincronizalas. Se intentamos sincronizala picando co botón dereito sobre a carpeta, veremos que non funciona...
Compartir carpetas con outros usuarios
Co visto ata o de agora podemos atoparlle utilidade a Ubuntu One para poder trasladar documentos de un equipo a outro, pero ¿como podo facer por exemplo para compartir documentos cos alumnos? Imaxinemos que lles queremos pasar unha serie de documentos sobre os que deben traballar ou queremos que nos entreguen o resultado dunha actividade.
Unha opción sería compartir co alumnado unha única conta de Ubuntu One, e así todos compartiríamos un mesmo espazo común para intercambiar todo tipo de información. Pero esta solución pode presentar algúns problemas, xa que ao acceder coa mesma conta calquera alumno podería modificar ou borrar os documentos do outro, ou mesmo documentos do profesor.
Por iso o máis adecuado sería que cada alumno/a teña a súa conta de Ubuntu One e o profesor/a comparta as carpetas que queira cos alumnos. Isto pode facerse compartindo carpetas con outros usuarios a través de Ubuntu One:
Acceso a través da web
Tamén se pode acceder ao contido dunha conta de Ubuntu One a través da web https://one.ubuntu.com. Iniciando sesión nesta páxina con unha conta de Ubuntu One, podemos ver todo o contido que está subido, descargalo e subir novos contidos. Aínda que é moito máis cómodo facelo directamente dende Ubuntu como vimos nos apartados anteriores, esta opción pode ser útil para acceder dende algún equipo que non teña instalado Ubuntu One:
Con un navegador, imos a https://one.ubuntu.com e picamos en Login or Sign up.