A

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Unity en acción

A continuación vanse ir abrindo distintas aplicacións ou cartafois dende o lanzador para observar o seu comportamento.

Xogar coa distribución das ventás

  • En Unity pódese axustar os tamaños das ventás de moitas formas:

O menú das aplicacións ou ventás

  • Cando se abre unha aplicación ou cartafol, estes poden ter o menú asociado na propia ventá, como no caso anterior do Writer, no panel superior, como no seguinte caso.

A aplicación activa

  • Se hai varias ventás abertas como saber cal é a que está activa?.







Os elementos do panel

Todos os elementos cantos hai nos paneis poden ser movidos de lugar, eliminados, configurados, etc. Para que se entenda comezarase por agregar elementos ó panel.


A continuación amosaranse unha serie de elementos que poden ser engadidos ó panel. Se por calquera circunstancia se eliminase un dos elementos dos que vén configurado por defecto no sistema, sempre se podería volver a engadir. Vanse subliñar os elementos máis comúns e sobre todo os que veñen por defecto en cada un dos dous paneis. Recoméndase que para familiarizarse con eles é bo premer en dada un deles co botón dereito e seleccionar o menú: Sobre ou Acerca de. Así obterase o nome do mesmo. Véxase que tanto no panel superior como no inferior hai dous elementos que son dúas barras verticais punteadas, explicaranse nas seguintes imaxes.


Moitas veces os usuarios sen querer, moven os paneis, eliminan elementos dos mesmos. Agora xa se ten unha idea máis clara de como funcionan os paneis e os seus elementos.

As iconas do panel

Nos paneis aparte de elementos tamén hai Iconas que son accesos directos a distintas aplicacións. É o caso das tres iconas asociadas ó Navegador Mozilla Firefox, ó lector de correo e á Axuda (En Ubuntu10.10, só atoparemos por defecto a icona de Mozilla Firefox).


A continuación amósase como crear accesos directos ás aplicacións tanto no panel como no escritorio.


Espazos de traballo

No xestor de escritorios GNOME e KDE é posible ter varios escritorios. En cada un deles cada usuario pode ter distintas aplicacións abertas.


O Lixo

Cando se borra un documento ou unha carpeta esta vai para a papeleira, para O lixo

As iconas no escritorio

No escritorio pódense crear accesos directos ou lanzadores.

Tamén se pode crear un iniciador de xeito manual.