¿Como facer referencia a unha folla de estilos dende un documento (X)HTML?
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Hai dous modos de facer referencia ás follas de estilo externas dende un documento: có elemento link e coa directiva @import.
- Utilizar link.
- O método con mellor soporte para facer referencia a follas de estilo externas é crear un vínculo ó documento CSS empregando o elemento link na cabeceira (head) do documento, tal e como se ve no seguinte exemplo:
<head> <link rel="stylesheet" href="/estilos/meuestilo.css" type="text/css" /> </head>
- O atributo rel define a relación do documento vinculado có documento actual. O atributo href indica a URL do documento de folla de estilo. Poderanse vincular mais dunha folla de estilo nun documento.
- Importar.
- Unha alternativa ós vínculos é importar unha folla de estilo externa a un documento empregando a función @inport no elemento style:
<style type="text/css"> <!-- @import url(http://estilos/meuestilo.css); p {font-face: Verdana;} --> </style>
- Cando se engaden funcións @import adicionais có elemento style, a información de estilos do último arquivo lido (o que está ó final da lista) ten preferencia sobre os anteriores.