Curso de Simulación de redes locais con VirtualBox: Obxectivos e escenarios da PARTE II
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
No Apartado II do curso trataremos de familiarizarnos con seguintes aspectos:
- Instalar sistemas operativos de escritorio en VirtualBox.
- Copiar, importar, exportar e clonar máquinas virtuais.
- Acceder dende as máquinas virtuais a recursos da máquina física.
Nas seguintes imaxes amósanse os distintos escenarios que se van manexar na PARTE II:
Este escenario amosa un equipo físico "host" con 2 máquinas virtuais instaladas.
Neste outro escenario clónanse as dúas máquinas anteriormente instaladas.
E finalmente accédese dende ás máquinas virtuais a recursos físicos conectados ao ordenador real.