https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Z%C3%B3calos_para_memoria_RAM&feed=atom&action=historyZócalos para memoria RAM - Historial de revisiones2024-03-28T19:33:03ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Z%C3%B3calos_para_memoria_RAM&diff=62978&oldid=prevVieites en 19:14 29 oct 20172017-10-29T19:14:27Z

Página nueva

{{Alerta|Nota|Antes de ver este apartado é interesante ler o que fala sobre [[Memorias tipo RAM|módulos de memoria RAM]].}}

Está claro que teremos tantos tipos de zócalos para RAM como distintos tipos de módulos existen no mercado:

:* '''Zócalo para memoria SDRAM:''' Fixarse que teñen dous salientes para que encaixen as muescas dos módulos de memoria. Un saliente está case no centro e un cara un lado do slot.

:::[[Imagen:slot-sdram.jpg]]

:* '''Zócalo para memoria RDRAM ou RAMBUS:''' Este zócalo en moi raro que se atope nunha placa hoxe en día. Así e todo fixarse que tamén ten dous salientes pero, esta vez, están os dous practicamente centrados no zócalo.

:::[[Imagen:slot-rambus.jpg]]

:* '''Zócalo para memoria DDR, DDR2, DDR3 ou DDR4:''' A simple vista estes zócalos son practicamente iguais, na foto non se distinguirían e por iso poñemos unha soa imaxe, pois todos os zócalos admiten módulos dunha única muesca. Aínda que, debe quedar claro que, tal e como se comenta no apartado sobre [[Memorias tipo RAM|módulos de memoria RAM]], os módulos non son compatibles (distintas voltaxes, distinto número de pines e muesca en distinta posición) e será imposible instalar un módulo DDR nun zócalo DDR2 ou ao revés, e, exactamente coa DDR3 y DDR4.

:::[[Imagen:slot-ddr.jpg]]

:* '''Zócalos para memoria Multi-channel DDR:''' Moitas placas con zócalos para DDR-SDRAM implementan unha tecnloxía que, colocando nela varios módulos idénticos, permiten multiplicar por 2, 3 ou 4 a velocidade de transferencia entre a memoria e o Micro (ou Ponte Norte).

::* '''Zócalos que soportan Dual-DDR, Dual-DDR2, Dual-DDR3 ou Dual-DDR4:''' Moitas placas que montan memoria DDR, e todas as que montan DDR2, DDR3 e DDR4 soportan a tecnoloxía denominada '''Dual-Channel DDR(2)(3)(4)'''. Neste caso os zócalos virán separados de dous en dous, a separación poderá ser física ou, simplemente, por cores. Para que traballen en modo Dual-DDR(2)(3)(4) débese instalar os módulos de memoria idénticos de dous en dous, un en cada un dos zócalos que teñen a mesma cor (este é o caso normal, pero, coma sempre, mellor ler o manual para cercionarse). No caso de que non teñamos diferenza de cores, ler o manual da placa.

::: '''Moitas placas con Dual-DDR(2)(3)(4) e con 4 Slots para memoria non soportan que se instalen 3 módulos de memoria RAM. Como sempre,¡O mellor é ler o manual!.'''

:::[[Imagen:slot-dual-ddr.jpg]]

::* Con DDR3 e DDR4 xa atopamos placas que soportan as tecnoloxías '''Triple-Channel DDR''' e '''Quadruple-Channel DDR'''. Na seguinte imaxe vemos os zócalos dunha placa có socket Intel X99 que ten 8 slots para módulos DDR4. Tamén vemos unha táboa onde se indica cómo devemos colocalos:

:[[Imagen:ZocalosDDR4_1.png|600px]]

:[[Imagen:ZocalosDDR4_2.png|600px]]

::: [[Elementos_principais_das_placas_base | Volver]]
Vieites