Xestión do almacenamento en XenServer: NFS VHD, iSCSI. Storage XenMotion

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:59 27 nov 2016 de Carrion (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Xen ten uns contedores de discos das MVs VDIs (Virtual Disc Image) que se coñecen con nome de Storage Resources (SR).
  • Estes SR poden ser locais, como nos escenarios anteriores, ou remotos.
  • Neste apartado veremos como crear/migrar discos de MVs, VDIs (Virtual Disc Image) en SR remotos.
  • Este almacenamento externo ou remoto pode ser conectado ao host mediante:
    • Tarxetas HBA (Hot Bus Adapters) (http://es.wikipedia.org/wiki/Adaptador_de_host), que permiten ter un camiño directo á SAN sen ter que facer uso do procolo TCP/IP.
      • Neste caso o equipo ve o almacenamento como se o tivera conectado directamente, como se por exemplo fose un disco SATA ou SCSI.
      • Existen tarxetas iSCSI (HBA) que se conectan directamente ao equipo.
  • A seguinte imaxe amosa un exemplo dunha tarxeta iSCSI:

Iscsi hba.jpeg

  • Estas imaxes amosan unha cabina de discos, NAS.


  • Pero a outra forma de conectarse, cando non se dispón de HBAs, ao almacenamento remoto é a través de:
    • NFS
    • iSCSI, facendo uso do protocolo TCP/IP, este tipo de conexión recibe o nome de Software iSCSI para diferencialo das HBAs Hardware.
    • En ambos casos precísase un Sistema Operativo ou semellante (XEN) que sexa quen de entender NFS ou iSCSI sobre TCP/IP.
  • Estes son os dous métodos que se van usar para conectarse á NAS dende XenServer.


  • Até agora os discos das MVs (VDIs) eran creados no almacenamento local do servidor XEN, neste apartado vanse almacenar os VDIs en almacenamento remoto (NAS) a través de NFS ou iSCSI.
  • Tamén se van migrar discos de MVs en quente entre os distintos almacenamentos remotos e local. Este proceso coñecese co nome de Store XenMotion.

NFS VHD (Virtual Hard Disk)

  • O escenario 6.E amosa un SR NFS.
  • O recursos está compartido por NFS na NAS e montado no servidor xen00.
  • Nel vanse poder crear/almacenar os VDIs das MVs.
  • Estes discos duros virtuais (VDI) non se van almacenar en formato XenServer senón en formato VHD de Microsoft, que permite expansión dinámica, de modo que, se asignamos un disco de 10 GiB a unha MV este vai consumir no recurso o que consuma a información nel almacenada (Do mesmo xeito que sucede en VirtualBox).

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 E.jpg

Configuración da NAS

Crear SR NFS VHD en XenServer

Experimentación con SRs NFS

  • A continuación vaise experimentar cun novo NFS SR ...

Crear MV con VDI en SR NFS

Migración de VDI en quente: Storage XenMotion

  • A continuación vaise acender unha MV e migrar o seu VDI do SR local ao SR NFS.
  • Este proceso coñécese co nome de Storage XenMotion
    • Permite mover VDIs de MVs acesas entre hosts e entre distintos SRs.
    • Facilita o mantemento dun servidor, dunha NAS, etc.
    • Perante o proceso XEN fai un Snapshot do disco da MV, move ese Snapshot e logo move as diferencias entre o estado actual e o Snapshot. Finalmente borra o VDI do orixe.
    • Polo descrito anteriormente asegurarse de que no destino hai suficiente espazo.

Copiar/Mover MVs apagadas

  • Para copiar/mover MVs entre hosts ou SRs simplemente hai que premer co botón dereito sobre ela e ...

iSCSI

  • Ao igual que se viu no apartado anterior tamén se pode usar un dispositivo iSCSI para almacenar os VDIs.
  • XenServer usa open-iscsi para linux como se viu na parte V do curso.
  • Para a creación de discos usa LVM (http://es.wikipedia.org/wiki/Logical_Volume_Manager), ao igual que no SR local, co cal a velocidade de acceso é máis rápida aos VDIs creados en iSCSI que aos creados en NFS VHD.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 F.jpg

Configuración da NAS para iSCSI

Crear SR iSCSI en XenServer

Experimentación con SR iSCSI

  • Imos realizar as mesmas probas que se fixeron con NFS VHD.

Operacións con SR iSCSI en relación as MVs

  • As mesmas operacións que se realizaron co SR NFS poden ser realizadas co SR iSCSI:
    • Crear MVs cos seus VDIs no SR iSCSI.
    • Migracións en quente dos VDIs: Store XenMotion entre distintos SRs. Agora hai 3 (Local, NFS e iSCSI)
    • Copiar/Mover MVs.


  • Nesta ocasión o usuario xa é quen de experimentar esas funcionalidades por si mesmo repetindo os procesos realizados anteriormente co SR NFS VHD.

Escenarios nos que as MVs poden usar recursos compartidos por NFS/SAMBA ou iSCSI

  • O usuario co visto ate agora, se o desexa, pode ser quen de implantar os seguintes escenarios:

Recursos de almacenamento de uso masivo fóra dos servidores: na NAS

  • Ao dispoñer dunha NAS pódese almacenar os datos que xestiona o usuario na NAS, por exemplo, as carpetas persoais de usuarios, outras carpetas comúns, etc.
  • Deste xeito, o servidor de usuarios (LDAP/ Active Directory) non ten porque almacenar el as carpetas dos usuarios ou estar noutro servidor.
  • Hoxe en día as NAS/SAN pódense integrar (ser membro) nun Active Directory (AD) ou LDAP. Deste xeito ás carpetas creadas na NAS/SAN pódenselle asignar permisos asociados a usuarios procedentes dun AD/LDAP.
  • Deste xeito os usuarios que inicien sesión nun equipo cliente realizarán a autenticación nun servidor AD/LDAP pero accederán aos seus datos a unha NAS/SAN. Datos sempre controlados por permisos.
  • Para iso, no servidor de AD/LDAP debe montar o recurso compartido por SAMBA/NFS (segundo corresponda) e xestionar a BBDD de usuarios de modo que cando dea un usuario de alta debe indicarlle que a súa carpeta persoal está dentro dun recurso compartido da NAS.
  • Os clientes so acudirán ao Servidor para autenticarse e para coñecer onde se atopan as súas carpetas persoais, que están dentro dun recurso compartido da NAS.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 GA.jpg


Dispositivos de almacenamento rápidos para unha MV: iSCSI

  • Supoñer un servidor de Base de Datos (MySQL) onde desexamos que as BBDD que administra o Xestor non estean no mesmo disco co Sistema Operativo.
  • Temos 2 alternativas:
    • Montar no servidor XEN un dispositivo iSCSI da NAS e crear un segundo VDI para á MV ou
    • Asignar o dispositivo iSCSI da NAS directamente á MV, que é o que amosa o seguinte escenario.
  • É máis recomendable a primeira opción:
    • Na NAS só se crean un ou dous recursos iSCSI para XEN e non varios para cada MV.
    • Nas MVs non hai que estar configurando iSCSI se os discos que precisa os creamos nun SR iSCSI.
    • Para o administrador é máis sinxelo de administrar un ou dous recursos iSCSI en XenServer que un disco iSCSI por cada MV.
  • Polo tanto, aínda que o seguinte escenario é factible non é moi recomendable.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 H.jpg


  • O recomendable é o que se amosa no seguinte escenario. Onde o recurso iSCSI da NAS é montado como un SR en XenServer.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 I.jpg






-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez