Xestión do almacenamento en XCP/XenServer: NFS VHD, iSCSI. Store XenMotion

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 20:19 27 may 2013 de Carrion (discusión | contribuciones) (Página creada con «==Introdución== *Xen ten uns contedores de discos das MVS '''VDIs (Virtual Disc Image)''' que se coñecen con nome de '''Storage Resources (SR)'''. *Estes '''SR''' poden s...»)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Xen ten uns contedores de discos das MVS VDIs (Virtual Disc Image) que se coñecen con nome de Storage Resources (SR).
  • Estes SR poden ser locais, como nos escenarios anteriores, ou remotos.
  • Neste apartado veremos como crear/migrar discos de MVs, VDIs (Virtual Disc Image) en SR remotos.
  • Este almacenamento externo ou remoto pode ser conectado ao host mediante:
    • Tarxetas HBA (Hot Bus Adpaters) (http://es.wikipedia.org/wiki/Adaptador_de_host), que permiten ter un camiño directo á SAN sen ter que facer uso do procolo TCP/IP.
      • Neste caso o equipo veo o almacenamento como se o tivera conectado directamente, como se por exemplo fose un disco SATA ou SCSI.
      • Existen tarxetas iSCSI (HBA) que se conectan directamente ao equipo.
  • A seguinte imaxe amosa un exemplo dunha tarxeta iSCSI:

Iscsi hba.jpeg

  • Estas imaxes amosan unha cabina de discos, NAS.


  • Pero a outra forma de conectarse, cando non se dispón de HBAs, ao almacenamento remoto é a través de:
    • NFS
    • iSCSI, facendo uso do protocolo TCP/IP, este tipo de conexión recibe o nome de Software iSCSI para diferencialo das HBAs Hardware.
    • En ambos casos precísase un Sistema Operativo ou semellante (XEN) que sexa quen de entender NFS ou iSCSI sobre TCP/IP.
  • Estes son os dous métodos que se van usar para conectarse á NAS.


  • Ate agora os discos das MVs (VDIs) eran creados no almacenamento local do servidor XEN, neste apartado vanse almacenar os VDIs no almacenamento remoto a través de NFS ou iSCSI.
  • Tamén se van migrar discos de MVs en quente entre os distintos almacenamentos remotos e local. Este proceso coñecese co nome de Store XenMotion e non está dispoñible en XenServer Free Edition

NFS VHD (Virtual Hard Disk)

  • O escenario 6.F amosa un SR NFS.
  • O recursos está compartido por NFS na NAS e montado no servidor xcp00.
  • Nel vanse poder crear/almacenar os VDIs das MVs.
  • Estes discos duros (VDI), non se van almacenar en formato XenServer senón en formato VHD de Microsoft, que permite expansión dinámica, de modo que, se asignamos un disco de 10 GB a unha MV este vai consumir no recurso o que consuma a información del almacenada (Igual que en VirtualBox).

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 F.jpg

Configuración da NAS

Crear SR NFS VHD en XCP/XenServer

Experimentación con SRs NFS

  • A continuación vaise experimentar cun novo NFS SR ...

Crear MV con VDI en SR NFS

Migración de VDI en quente: Storage XenMotion

  • A continuación vaise acender unha MV e migrar o seu VDI do SR local ao SR NFS.
  • Este proceso coñécese co nome de Storage XenMotion
    • Permite mover VDIs de MVs acesas entre hosts e entre distintos SRs.
    • Facilita o mantemento dun servidor, dunha NAS, etc.
    • Perante o proceso XEN fai un Snapshot do disco da MV, move ese Snapshot e logo move as diferencias entre o estado actual e o Snapshot. Finalmente borra o VDI do orixe.
    • Polo descrito anteriormente asegurarse que no destino hai suficiente espazo.
    • Esta funcionalidade non está dispoñible en XenServer Free Edition.

Copiar/Mover MVs apagadas

  • Para copiar/mover MVs entre hosts ou SRs simplemente hai que premer co botón dereito sobre ela e ...

iSCSI

  • Ao igual que se viu no apartado anterior tamén se pode usar un dispositivo iSCIS para almacenar os VDIs.
  • XCP/XenServer usar open-iscsi para linux como se viu na parte III do curso.
  • Para a creación de discos usa LVM (http://es.wikipedia.org/wiki/Logical_Volume_Manager), ao igual que no SR local, co cal a velocidade de acceso é máis rápida aos VDIs creados en iSCSI que aos creados en NFS VHD.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 G.jpg

Configuración das NAS para iSCSI


Crear SR iSCSI en XCP/XenServer

Experimentación con SR iSCSI

  • Imos realizar as mesmas probas que se fixeron con NFS VHD.


Operacións con SR iSCSI en relación as MVs

  • As mesmas operacións que se realizaron co SR NFS poden ser realizadas co SR iSCSI:
    • Crear MVs.
    • Migracións en quente dos VDIs: Store XenMotion.
    • Copiar/Mover MVs.

Escenarios nos que as MVs poden usar recursos compartidos por NFS/SAMBA ou iSCSI

  • O usuario co visto ate agora, se o desexa, pode ser quen de implantar os seguintes escenarios:

Recursos de almacenamento de uso masivo fóra dos servidores: na NAS

  • Ao dispoñer dunha NAS pódese almacenar os datos que xestiona o usuario na NAS, por exemplo, as súas carpetas de usuarios.
  • Deste xeito, o servidor de usuarios (LDAP/ Active Directory) non ten porque almacenar el as carpetas dos usuarios.
  • O servidor debe montar o recurso compartido por SAMBA ou NFS (segundo corresponda) e xestionar a BBDD de usuarios de modo que cando dea un usuario de alta debe indicarlle que a súa carpeta personal está dentro dun recurso compartido da NAS.
  • Os clientes so acudirán ao Servidor para autenticarse e para coñecer onde se atopan as súas carpetas persoais, que están dentro dun recurso compartido da NAS.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 H.jpg


Dispositivos de almacenamento rápidos para unha MV: iSCSI

  • Supoñer un servidor de Base de Datos (MySQL) onde desexamos que as BBDD que administra o Xestor estena nun dispositivo de almacenamento rápido e fóra do servidor.
  • Temos 2 alternativas:
    • Montar no servidor XEN un dispositivo iSCSI da NAS e crear un VDI para á MV ou
    • Asignar o dispositivo iSCSI da NAS directamente á MV, que é o que amosa o seguinte escenario.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 I.jpg





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez