Xe

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

O interface de liña de comandos (CLI) xe

  • Como se viu na introdución aos interfaces de xestión de Xen, xe é o CLI asociado ao interface XAPI.
  • A continuación vanse executar unhas instrucións de mostra para familiarizarse con el.
  • Ao igual que en linux cando se preme a tecla de tabulador dúas veces, unha vez que se comezou a escribir un comando ou unha opción do comando, o CLI completa o comando ou a opción, ou amosa os comandos ou opcións dispoñibles.
  • xe úsase tanto para XenServer como para XCP.
  • A sintaxe básica é:
xe <command-name> <argument=value> <argument=value> ... 
  • Exemplo para ver as MVs dun host:
xe vm-list
  • Tamén se pode executar o comando remotamente:
xe <command-name> -user <username> -password <password> -server <hostname>
  • En Windows no directorio de instalación de XenCenter
C:\Program Files\Citrix\XenCenter>xe <command-name> -user <username> -password <password> -server <hostname>
  • Informalmente falando, os comandos xe poden ser divididos en 2 metades:
    • Comandos de baixo nivel: mostran e manipulan os parámetros dos obxectos da API.
    • Comandos de alto nivel: serven para interactuar coas MVs ou cos hosts.
  • Estes comandos organízanse da seguinte maneira:
   class-list
   class-param-get
   class-param-set
   class-param-list
   class-param-add
   class-param-remove
   class-param-clear
  • Onde class pode ser un dos seguintes:
   console
   host
   host-crashdump
   host-cpu
   network
   patch
   pbd
   pif
   pool
   sm
   sr
   task
   template
   vbd
   vdi
   vif
   vm
  • Todo obxecto (MV, disco, etc) creado en XenServer ou XCP ten un identificador único chamado: uuid.
  • Cando se precisa facer uso dun uuid, tamén se pode facer uso da tecla TAB para completar o seu valor.

Exemplos de uso do CLI xe




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 1014)