https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=XHTML:_diferenzas_sint%C3%A1cticas_e_estruturais_con_HTML&feed=atom&action=historyXHTML: diferenzas sintácticas e estruturais con HTML - Historial de revisiones2024-03-28T20:42:25ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=XHTML:_diferenzas_sint%C3%A1cticas_e_estruturais_con_HTML&diff=19251&oldid=prevArribi en 00:56 3 nov 20102010-11-03T00:56:04Z<p></p>
<p><b>Página nueva</b></p><div>As últimas versións das linguaxes HTML e XHTML son estándares do W3C. Ademais, XHTML está soportado en todos os navegadores e é compatible con HTML 4.01. Con todo, existen algunhas diferenzas sintácticas e estruturais entre eles que paga a pena comentar. <br />
=Diferenzas sintácticas=<br />
Cando se fala de diferenzas sintácticas entre HTML e XHTML referímonos a que regras de sintaxe existen nunha linguaxe que non existen na outra. Por exemplo, en XHTML todas as etiquetas deben ir en minúsculas, pero en HTML isto non é estritamente necesario. En calquera caso, sintacticamente, XHTML 1.0 é practicamente igual que HTML 4.01 (sempre que estea ben formado e se valide contra o DTD). As principais diferenzas son:<br />
<br />
*'''Os elementos XHTML deben estar correctamente aniñados'''. En HTML non.<br />
*'''Os elementos XHTML deben pecharse sempre'''. En HTML non.<br />
*'''Os elementos e os atributos XHTML deben ir en minúsculas'''. En HTML non. Recorda que XML distingue entre maiúsculas e minúsculas.<br />
*'''Os valores dos atributos deben ir sempre entrecomiñados'''. En HTML non.<br />
*'''Os valores de pares atributo=valor iguais non poden simplificarse''', por exemplo &lt;dl compact='compact'> non se pode expresar como &lt;dl compact>. En HTML si.<br />
<br />
Se te fixas a meirande parte das diferenzas teñen que ver coas [[XML:_estrutura_e_sintaxe#Sintaxe|regras de sintaxe dun documento XML]] xa vistas na unidade I.<br />
<br />
=Diferenzas estruturais=<br />
As diferenzas estruturais refírense a que elementos da estrutura dun documento XHTML non teñen por que existir nun documento HTML. '''Estruturalmente''' XHTML é HTML definido como unha aplicación de XML, motivo polo que, falando de xeito xeral, XHTML pode considerarse unha linguaxe máis estrita e clara que HTML. Realmente, isto é certo para as versións de HTML anteriores á 4.0, xa que se validamos un documento HTML 4.01 contra un DTD estrito e ese documento está ben formado, teremos un documento XHTML válido. As principais diferenzas estruturais son:<br />
<br />
*'''Nos documentos XHTML a declaración <!DOCTYPE> é obrigatoria'''. Nos documentos HTML non, agás que se queira validar contra un DTD, é dicir, un documento HTML pode non estar ben formado ou incluso non ser válido.<br />
*'''Os documentos XHTML deben ter un elemento raíz'''. Os HTML non. De feito, nun documento XHTML deben existir obrigatoriamente as etiquetas &lt;html>, &lt;head>, &lt;title> e &lt;body>.<br />
*'''O atributo xmlns da etiqueta &lt;html> é obrigatorio''' e especifica o [[Utilizaci%C3%B3n_de_espazos_de_nomes_en_XML|espazo de nomes xml]] para un documento XHTML. En HTML non é necesario.<br />
<br />
O W3C dispón dunha [http://www.w3.org/MarkUp/2004/xhtml-faq interesante FAQ] na que se respostan ás principais dúbidas sobre as diferenzas entre estas dúas linguaxes de marcado.<br />
<br />
--[[Usuario:Arribi|Arribi]] 00:45 3 nov 2010 (GMT)</div>Arribi