https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=V%C3%ADnculos&feed=atom&action=historyVínculos - Historial de revisiones2024-03-29T07:17:05ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=V%C3%ADnculos&diff=18931&oldid=prevArribi: /* Vincular documentos con link */2010-10-18T22:48:24Z<p><span dir="auto"><span class="autocomment">Vincular documentos con link</span></span></p>
<p><b>Página nueva</b></p><div>'''Un vínculo é unha conexión entre dous recursos Web.'''<br />
<br />
Este punto veranse os elementos HTML relacionados cós vínculos e coa creación de relacións entre documentos.<br />
<br />
== Vínculos de hipertexto simples ==<br />
O elemento '''&lt;a>''' utilízase para identificar unha cadea de texto ou unha imaxe que sirva como un vínculo de hipertexto a outro documento.<br />
Vexamos os atributos mais interesantes deste elemento:<br />
* O atributo '''''href''''' proporciona o nome da ruta (URL) do documento ao que se quere vincular. <br />
:: Un vínculo a un ficheiro html será do seguinte xeito:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Este é un <a href="ficheiro.html">enlace</a> a un ficheiro.<br />
</source><br />
:: Para converter unha imaxe nun vínculo:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Enlace á imaxe <a href="casa.html"><img src="casa.gif"></img></a><br />
</source><br />
:: Por defecto, a maioría dos navegadores gráficos mostrarán o texto vinculado subliñado e en cor azul, pero isto pódese modificar con follas de estilo.<br />
* O atributo '''''target''''' indica ao enlace onde ten que abrirse. <br />
:: Para que o enlace se abra nunha páxina nova: <br />
<source lang="html4strict"><br />
Enlace a un <a href="ficheiro.html" target="_blank">ficheiro</a><br />
</source><br />
:: Para que o enlace se abra na mesma páxina e escape de frames ou marcos:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Enlace a un <a href="ficheiro.html" target="_top">ficheiro</a><br />
</source><br />
<br />
===URL absolutas===<br />
Trátase de enlaces con ficheiros que están noutros servidores:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Web do <a href="http://www.iessanclemente.net/web/index.html" target="_blank">IES San Clemente</a>.<br />
</source><br />
<br />
=== URL relativas ===<br />
Unha URL relativa apunta a outro documento que se atopa no mesmo servidor que o documento actual. Vexamos un exemplo no que queremos enlazar o ficheiro www.iessanclemente.net/web/informatica/profesores.html dende www.iessanclemente.net/web/index.html:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Podes ver os profes dende o seguinte <a href="informatica/profesores.html" target="_blank">enlace</a>.<br />
</source><br />
Se dende o ficheiro www.iessanclemente.net/web/informatica/profesores.html queremos enlazar www.iessanclemente.net/web/index.html:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Para volver á <a href="../index.html" target="_blank">portada</a>.<br />
</source><br />
<br />
== Vínculos dentro dun documento ==<br />
Podemos vincular a un punto determinado dun documento. Para conseguilo debemos identificar un fragmento no interior do documento, isto podémolo facer de dous xeitos:<br />
* Inserindo un elemento '''''a''''' có atributo '''''name''''' (en lugar de ''href'').<br />
<source lang="html4strict"><br />
<h1><a name="capitulo1" id="capitulo1">Capítulo 1</a></h1><br />
</source><br />
* Engadir o atributo '''''id''''' a calquera elemento HTML.<br />
<source lang="html4strict"><br />
<h1 id="capitulo1">Capítulo 1</h1><br />
</source><br />
:: O valor dos atributos ''id'' e ''name'' deben ser únicos en todo o documento.<br />
<br />
O segundo paso consiste en crear un vínculo ao fragmento utilizando un elemento áncora estándar có seu atributo ''href''. <br />
<source lang="html4strict"><br />
Para ir ao <a href="#capitulo1">Capítulo 1</a><br />
</source><br />
<br />
Tamén se pode vincular a un fragmento dende outro documento:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Para ir ao <a href="capitulos.html#capitulo1">Capítulo 1</a><br />
</source><br />
<br />
== Protocolos alternativos ==<br />
Para vincular a outras webs emprégase o protocolo HTTP, pero hai outros tipos de transaccións que poden facerse.<br />
=== Vínculo Mail (''mailto:'') ===<br />
Para enviar automaticamente un correo a un destinatario:<br />
<source lang="html4strict"><br />
Envíalle un mail ao <a href="mailto:admin@iessanclemente.net">admin do San Clemente</a><br />
</source><br />
<br />
=== Vínculo FTP (''ftp://'') ===<br />
Para vincular a un ficheiro que se atopa nun servidor FTP:<br />
<source lang="html4strict"><br />
<a href="ftp://ftp.iessanclemente.net/ficheiros/apuntes.pdf">ficheiro</a><br />
</source><br />
O mesmo vínculo pero indicando un nome de usuario e contrasinal:<br />
<source lang="html4strict"><br />
<a href="ftp://usuario:contrasinal@ftp.iessanclemente.net/ficheiros/apuntes.pdf">ficheiro</a><br />
</source><br />
Se queremos que se mostre todo o contido dun directorio do servidor web, no canto de baixar un ficheiro en concreto:<br />
<source lang="html4strict"><br />
<a href="ftp://ftp.iessanclemente.net/ficheiros;type=d">directorio</a><br />
</source><br />
<br />
== Vincular documentos con ''link'' ==<br />
'''''link''''' define unha relación entre o propio documento e outro externo. Non é igual a un vínculo de hipertexto porque non se pode acceder a el pulsando ou seleccionándoo de algún xeito. Sempre se sitúa na cabeceira (''head'') do documento e poden existir varios elementos ''link'' nun único documento.<br />
<br />
Os atributos máis importantes de ''link'' son '''''href''''', que apunta ao ficheiro vinculado, e '''''rel''''' que describe as relacións entre o documento fonte e o documento destino. Tamén existe outro atributo, '''''rev''''' que describe as relacións inversas (dende o destino á fonte).<br />
<br />
A aplicación mais popular do elemento '''link''' é para facer referencia a unha folla de estilo externa. Neste caso, o atributo '''type''' debe identificar o tipo de contido [http://es.wikipedia.org/wiki/MIME MIME] do documento vinculado externo como unha folla de estilo en cascada:<br />
<source lang="html4strict"><br />
<head><br />
<link href="estilos.css" rel="stylesheet" type="text/css" /><br />
</head><br />
</source><br />
<br />
Outro uso recomendado é para indicar unha versión alternativa do documento noutro idioma. No seguinte exemplo créase un vínculo a unha versión en galego do documento:<br />
<source lang="html4strict"><br />
<head><br />
<link rel="alternate" href="galego.html" type="text/html" hreflang="gl" /><br />
</head><br />
</source> <br />
<br />
Empregando os valores '''''next''''' e '''''prev''''' para o atributo '''''rel''''' pódese establecer a posición do documento nunha secuencia de documentos, tal e como se pode ver no seguinte exemplo:<br />
<source lang="html4strict"><br />
<head><br />
<title>Capítulo 5: Creación de vínculos</title><br />
<link rel="prev" href="capitulo4.html" /><br />
<link rel="next" href="capitulo6.html" /><br />
</head><br />
</source> <br />
<br />
--[[Usuario:Vieites|Vieites]] e [[Usuario:Arribi|Arribi]] outubro 2010</div>Arribi