Unidade 5 - Práctica

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Introdución

Nesta ocasión imos crear unha aplicación para traballar con menús e a cámara de fotos.

Nome do proxecto

  • Nome do proxecto e da activity principal: I5_<username>

Activity Principal

  • Posúe:
    • Un TextView co nome "Lanzar cámara"
      • Ao premer nel un anaco de tempo debe lanzar un menú contextual que permita lanzar a cámara de fotos.
    • Un menú con dous ítems:
      • Lanzar camara: debe ter unha imaxe dunha cámara e debe aparecer sempre na barra de acción. Ao seleccionar este ítem debe suceder o mesmo que cando se selecciona o menú contextual do TextView.
      • Saír: non debe aparecer na barra de acción (si no menú overflow) e ao premer nel débese pechar a aplicación.
    • Unha vista ImageView que servirá para amosar a foto que se devolve, se se realizou a foto, cando se volve da activity que manexa a cámara de fotos.


Obtención da foto

  • Dende a Activity principal lanzar a aplicación do S.O. Android que nos permita obter unha foto.
  • Lanzar a cámara a través dun intent do tipo MediaStore.ACTION_IMAGE_CAPTURE.
  • Cando se volva desta Activity á Activity principal debe recoller a foto realizada, no caso de realizarse.

Empaquetado

  • Xera un apk firmado para distribuír a aplicación con contrasinal: abc123. (punto final incluído)




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).