Unidade 4 - Práctica

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:34 20 oct 2020 de Carrion (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta ocasión imos crear unha aplicación para almacenar e seleccionar marcas de coches.

Nome do proxecto

  • Nome do proxecto e da activity principal: I4A_<username>
  • Vanse gardar os nomes das marcas de coches nun ficheiro, que poderá ser sobrescrito.
  • Noutras activities construirase unha ListView e un Spinner cos datos almacenados do ficheiro.
  • Os datos gardaranse na tarxeta SD EXTERNA, sempre que estea dispoñible e se poda escribir nela.

Activity Principal

  • RadioGroup: Engadir / Sobreescribir.
    • Para indicar se se desexa sobrescribir o ficheiro.
    • Nos dous casos:
      • Comprobar que estea montada e en modo escritura antes de escribir. En caso contrario amosará un Toast indicado o problema e pechará a aplicación.
      • Se se desinstala a aplicación débese borrar a información asociada á aplicación na SD-Card de xeito automático.


  • EditText: Introduce o nome da marca do coche:
    • Para introducir o nome da marca do coche que se gardará no ficheiro.


  • Botón: "Engadir/Sobrescribir"
    • Se se fai Click engádese nunha nova liña no ficheiro có valor do EditText có seguinte formato: Nome_Marca_Coche - Data_Hora_Actual, e límpase o EditText.
Nota: Para obter a data-hora actual podedes facer uso da clase Calendar e do método getTime.
    • Se está activado a opción de Sobrescribir, ao facer click no botón, sobrescribirase o ficheiro.


  • LogCat: implementa un sistema de mensaxes de log, de modo que, cada vez que se escribe unha liña no ficheiro débese sacar dúas mensaxes de logCat:
    • Unha coa ruta completa do ficheiro
    • Outra mensaxe co contido da liña que se vai engadir no ficheiro.

Activities secundarias

  • Na activity principal débese dispor dun botón de modo que chame a un cadro de diálogo e dende este escoller a que activity secundaria chamar para que amose:
  • ListView ou Spinner: (Segundo escollera o usuario), amosará o contido do ficheiro, de xeito que, cada liña do ficheiro será un ítem que pode seleccionar o usuario.
  • Cando o usuario seleccione un ítem realizar un Toast que indique a posición do elemento e o seu valor.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).