https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Unidade_4_-_Pr%C3%A1ctica&feed=atom&action=historyUnidade 4 - Práctica - Historial de revisiones2024-03-29T07:04:07ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Unidade_4_-_Pr%C3%A1ctica&diff=69888&oldid=prevCarrion en 09:45 20 ene 20222022-01-20T09:45:43Z

Página nueva

Nesta ocasión imos crear unha aplicación para almacenar e seleccionar marcas de coches.

==Nome do proxecto==

*Nome do proxecto e da activity principal: '''I4A_<username>'''

*Vanse gardar os nomes das marcas de coches nun ficheiro, que poderá ser sobrescrito.

*Noutras activities construirase unha ListView e un Spinner cos datos almacenados do ficheiro.

*Os datos gardaranse na tarxeta SD EXTERNA, sempre que estea dispoñible e se poda escribir nela.

==Activity Principal==

*'''RadioGroup''': Engadir / Sobreescribir.

**Para indicar se se desexa sobrescribir o ficheiro.

** Nos dous casos:

***Comprobar que estea montada e en modo escritura antes de escribir. En caso contrario amosará un Toast indicado o problema e pechará a aplicación.

***Se se desinstala a aplicación débese borrar a información asociada á aplicación na SD-Card de xeito automático.

*'''EditText: Introduce o nome da marca do coche''':

**Para introducir o nome da marca do coche que se gardará no ficheiro.

*'''Botón: "Engadir/Sobrescribir"'''

**Se se fai Click engádese nunha nova liña no ficheiro có valor do EditText có seguinte formato: Nome_Marca_Coche - Data_Hora_Actual, e límpase o EditText.

::'''Nota:''' Para obter a data-hora actual podedes facer uso da clase [http://developer.android.com/reference/java/util/Calendar.html Calendar] e do [http://developer.android.com/reference/java/util/Calendar.html#getTime%28%29 método getTime].

**Se está activado a opción de Sobrescribir, ao facer click no botón, sobrescribirase o ficheiro.

*'''LogCat''': implementa un sistema de mensaxes de log, de modo que, cada vez que se escribe unha liña no ficheiro débese sacar dúas mensaxes de logCat:

**Unha coa ruta completa do ficheiro

**Outra mensaxe co contido da liña que se vai engadir no ficheiro.

==Activities secundarias==

*Na activity principal débese dispor dun botón de modo que chame a un cadro de diálogo e dende este escoller a que activity secundaria chamar para que amose:

**'''ListView ou Spinner''': (Segundo escollera o usuario), amosará o contido do ficheiro, de xeito que, cada liña do ficheiro será un ítem que pode seleccionar o usuario.

*Cando o usuario seleccione un ítem realizar un Toast que indique a posición do elemento e o seu valor.

-- [[Usuario:angelfg|Ángel D. Fernández González]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] -- (2015).
Carrion