Transmisión de información mediante linguaxes de marcas

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 14:30 5 nov 2010 de Arribi (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Se combinamos o XML co protocolo de transferencia de hipertexto, o HTTP, obtemos unha plataforma para dar soporte aos servizos web. Os servizos web permiten que unha aplicación de escritorio poida converterse nunha aplicación web. As aplicacións web son programas que corren na WWW e que, por tanto, poden usarse dende calquera plataforma que teña un navegador. XML é a base dos servizos web e pode usarse entre diferentes aplicacións para intercambiar información, incluso en diferentes plataformas.

Os servizos web úsanse en dous ámbitos distintos:

  1. Para crear miniaplicacións, chamadas compoñentes, que se poden reutilizar noutras aplicacións. Hai funcionalidades que se repiten en varias aplicacións como, por exemplo, validar un correo-e, conversión de moedas, informes meteorolóxicos ou un servizo de tradución. Se o noso programa necesita algún destes servizos non é necesario programalo xa que xa existe.
  2. Para conectar software existente. Os servizos web poden axudar a resolver o problema de interoperabilidade entre aplicacións proporcionando un mecanismo para intercambiar os seus datos. O protocolo que usan é o SOAP (Simple Object Access Protocol) que se executa sobre HTTP e que está baseado en XML. Tamén usan o WSDL (Web Services Description Language), baseado igualmente en XML, para describir os servizos web e como accedelos. A interoperabilidade entre aplicacións é fundamental no sistema de información dunha empresa.

Existen na rede respositorios de servizos web que poden usarse para atopar o que se necesita.

--Arribi 22:05 4 nov 2010 (GMT)