Tradución das FAQs sobre os BIOS dos PCs da web do fabricante Phoenix

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 23:49 25 oct 2010 de Vieites (discusión | contribuciones) (How do I get a BIOS upgrade?)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aprende.png
Nota

Esta é unha tradución da páxina web do fabricante AWARD BIOS FAQ


¿Que é o BIOS?

BIOS son as siglas de Basic Input and Output System (Sistema Básico de Entrada e Saída). Moitas veces tamén se denomina ROM BIOS porque orixinariamente era gardado nun chip de memoria de só lectura (ROM) na placa nai. O BIOS é o primeiro programa que se executa cando ti encendes o ordenador. E ten as seguintes funcións:

  1. Inicialización e testeo deo hardware do equipo (o proceso chamado POST, polas siglas de Power On Self Test)
  2. Carga e arranque do sistema operativo.
  3. Dende o Setup pódense facer cambios na configuración do equipo.
  4. Os sistemas operativos e as aplicacións manexan o Hardware do PC mediante un xogo de rutinas chamado BIOS Run-Time Services.

¿Como podo identificar o fabricante do BIOS do meu equipo?

Durante as POST na maioría dos PCs, o nome e a versión do BIOS aparecen durante un intre na pantalla. Ainda que o BIOS da maior parte dos proveedores realice funcións similares, identificando ó proveedor do BIOS que monta o sistema poderase coñecer as características e rasgos específicos do PC en cuestión. Ata septembro de 1998, Phoenix e Award eran compañías distintas, ofrecendo BIOS distintas aos fabricantes.

¿Como podo saber quen fixo o meu ordenador/placa base?

Se non podes identificar ao fabricante comprobando o manual do propio equipo, do sistema ou da placa base, poderíase comprobar a pantalla do equipo inmediatamente despois de encender o sistema (durante o POST) para ver se se indica o nome do fabricante.

¿Que é o Setup?

O Setup é un programa interactivo do BIOS que se pode arrancar ao iniciar o sistema para facer o seguinte:

  • Falarlle ao BIOS sobre os cambios feitos no sistema (por exemplo instalando unha nova unidade de disco).
  • Modifica o comportamiento do ordenador (por exemplo: cambia a data ou a hora, ou cambia o estado de características especiais de ON a OFF).
  • Mellora o comportamento do equipo (por exemplo, mellorar o rendemento activando shadowing ou caching).


Como o programa Setup varía moito dun ordenador a outro, deberíase estudar o manual de cada ordenador en concreto, poñerse en contacto có fabricante do equipo, e/ou repasar os documentos de referencia do BIOS dispoñibles no sitio antes de facer calquera cambio na configuración do sistema.

Hai que estar moi seguro de controlar o Setup antes de facer algún cambio no hardware do sistema, ou se comprobamos algún erro durante o POST.

¿Como podo arrancar o Setup?

Para mais información sobre como arrancar o Setup, mira o manual do teu equipo, contacta có fabricante do teu ordenador ou placa base, e/ou revisa os documentos de referencia do BIOS existentes na súa web. O Setup usualmente arranca presionando unha tecla ou unha combinación de teclas no momento do POST, antes de que o sistema operativo sexa cargado. Durante o POST, o BIOS normalmente mostra algo como:

Press F2 to enter Setup

Se o equipo en cuestión non mostra algo como un prompt, consulta o seu manual ou contacta có fabricante para obter as instrucións. Neste caso o fabricante do equipo seleccionaría unha secuencia ou conxunto de teclas disntinto; as seguintes secuencias son comunmente empregadas:

  • Ctrl+Alt+S
  • Ctrl+Alt+Esc
  • Ctrl+Alt+Ins


Aprende.png
Nota

Se prememos as teclas demasiado cedo, o BIOS pode mostrar unha mensaxe de erro.

Non todos os BIOS teñen un Setup no seu interior. Algúns ordenadores mais antigos, como os 286 e os primeiros 386, requiren correr o Setup dende un disquete (que é subministrado cando se compra o sistema).

¿Que significan moitas das opcións existentes no Setup?

Moitos dos campos comúns no Setup, como a data e axustes de tempo, son autoexplicativos. Se non se pode cambiar algún destes datos, o valor representa algo determinado automáticamento polo BIOS, algunha característica do sistema, como por exemplo a cantidade da RAM dispoñible.

A parte mais complexa de moitos programas que manexan o Sistema está baseada no chipset da placa base. O chipset é un ou varios chips soldados sobre a placa base que serven como ponte entre a CPU e outros dispositivos do ordenador. O chipset proporciona moitos servicios, como a dirección de memoria estendida e o control do buses do equipo. En algúns dos programas de manexo do Sistema, moitas operacións do chipset van poder ser controladas.


Aprende.png
PRECAUCIÓN

Non se deben cambiar axustes do chipset sen consultar ao fabricante ou o manual da placa base, miralo sempre para coñecer as descripcións detalladas destes campos e baixo que condicións estes deberían ser modificados. Phoenix non ten a información sobre como os fabricantes personalizan os menus do Setup para os requirimentos especias dos equipos.

¿Como podo restaurar os valores por defecto do Setup?

As opcións seguintes poden ser usadas para restaurar os valores por defecto do Setup se o equipo non funciona correctamente:

  • PhoenixBIOS: Nun equipo con PhoenixBIOS, pódese presionar a tecla F9 no Setup para restaurar os valores por defecto especificados polo fabricante.
  • AwardBIOS: Nestas BIOS as seguintes teclas teñen estas funcións:
  • F5 – Restaurar vellos valores (los valores existentes antes da última execución do programa).
  • F6 – Cargar os valores por defecto dados por AWARD.
  • F7 – Cargar os valores por defecto dados polo fabricante da placa.


Aprende.png
PRECAUCIÓN

Restaurar os valores por defecto non corrixe problemas operacionais. Antes de definir cambios na configuración do chipset poidéronse facer outro tipo de cambios importantes. Phoenix non ten información sobre como os fabricantes de placas personalizaron o Setup para o sistema.

¿Onde podo conseguir un manual do programa Setup do BIOS?

Débese consultar o provedor do equipo ou placa base. Na páxina web de Phoenix tamén se poden atopar manuais sobre o programa Setup do BIOS. Pero hai que notar que os fabricantes dos equipos e das placas base modifican o software do BIOS para que se adapten as súas esixencias particulares. Por ese motivo, o programa Setup do BIOS do seu equipo pode ser distinto das descripcións dadas na web de Phoenix.

¿Que é a CMOS?

CMOS é unha memoria dun tipo especial mantida por unha batería cando o PC está apagado.

  • O BIOS emprega a CMOS para gardar as configuracións que foron seleccionadas no Setup.
  • A CMOS tamén mantén o reloxio interno. Todas as veces que se acende o equipo, o BIOS mira as opcións seleccionadas no CMOS e configura o equipo de acordo a elas.
  • Se a carga da Pila e moi baixa, o contido da CMOS pérdese a POST publicará unha mensaxe do tipo: "CMOS invalid" ou "CMOS checksum invalid". Se esto pasa, deberíase cambiar a pila e logo configurar de novo o Setup.

Que son as POST?

POST é o acrónimo de Power On Self Test. Trátase do nome có que se coñecen as rutinas que o BIOS emprega para testear e inicializar os dispositivos do equipo cando o PC se acende. O seu significado foi crecendo ata incluír todo o que o BIOS fai antes de arrancar o Sistema Operativo.

Que son os códigos POST?

A cada unha das rutinas POST lle é asignada un código POST, un número único que é enviado ao porto 080h de Entrada/Saída antes de que a rutina sexa executada.
Se o equipo "se colga" durante o POST, un técnico pode localizar o problema lendo o último valor escrito no porto de Entrada/Saída 080h.
A continuación temos uns documentos onde se indican as listas de códigos POST e as rutinas de inicialización para distintos fabricantes:

Perdín o meu contrasinal do BIOS. Que fago agora?

Existen dous tipos de contrasinais que se poden configurar no BIOS, un contrasinal de manexo do BIOS e un contrasinal de inicio de PC. Ambos contrasinais se gardan ca CMOS e non existe, en teoría, ningún xeito de atopar ese contrasinal a non ser que o fabricante do equipo crease unha "porta traseira".

Se nos recordamos o contrasinal configurado e queremos "borralo", debemos borrar todo o contido da CMOS perdendo así tamén todas as configuracións gardadas nesa memoria.

Para borrar a CMOS, en xeral, debemos seguir os seguintes pasos:

  1. Quitar a pila da CMOS;
  2. poñer na posición de borrado o jumper Clear CMOS e deixalo así mais de 10 segundos;
  3. colocar na posición de traballo o jumper Clear CMOS;
  4. colocar de novo a pila CMOS;
  5. iniciar o equipo e entrar no BIOS Setup;
  6. restaurar a configuración correcta do BIOS.

Precísase actualizar o BIOS?

Usualmente, a única razón para actualizar o BIOS é a de que soporte un novo hardware que nos interese engadir ao equipo (por exemplo un novo Procesador) que non é soportado polo BIOS actual.

Tamén, as veces, a actualización é necesaria para corrixir algún tipo de bug existente na versión BIOS actual.

Non se debe actualizar o BIOS "por actualizala" se todo funciona axeitadamente. Unha actualización pode facer que o sistema operativo instalado deixe de funcionar e ter que reinstalalo de novo.

Como podo actualizar o BIOS do meu equipo?

As actualizacións do BIOS e as ferramentas software precisas para a actulización, as podemos atopar na web do fabricante da placa base.