Traballando con Java DB Derby

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 08:27 14 may 2010 de Ricardofc (discusión | contribuciones) (Referencias GUI con Java DB Derby)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Traballando con Java DB Derby

NOTA: Podes atopar máis información ao respecto no apartado Referencias Java DB Derby

A base de datos Java DB é a distribución compatible de Sun de Apache Derby.
Apache Derby é un sistema xestor de base de datos relacional que pode ser embebido en aplicacións Java. É un proxecto open source licenciado baixo a Apache 2.0 License.
Java DB está escrito íntegramente en Java, sendo completamente compatible con SQL, JDBC API, e a tecnoloxía Java EE.
A base de datos Java DB está incluido no JDK 6 e tamén ven empaquetado co servidor de aplicaciones GlassFish.

NOTA: Picar nas imaxes para velas no tamaño orixinal

Iniciar Servidor

Abrir IDE NetBeans e proceder como segue:

Pestana Prestaciones(Services)
a. Picar na pestana Prestaciones(Services)
Extender Menú Bases de datos(Databases)
b. Extender Menú Bases de datos(Databases)
 
Menu contextual Java DB
c. Menu contextual Java DB. Picar co botón dereito en Java DB e elixir a opción Iniciar Servidor(Start Server)
Apache Derby Network Server Iniciado
d. Apache Derby Network Server Iniciado

Crear unha Base de Datos

Unha vez iniciado o servidor, proceder:

Pestana Prestaciones(Services)
a. Picar na pestana Prestaciones(Services)
Extender Menú Bases de datos(Databases)
b. Extender Menú Bases de datos(Databases)
 
Menu contextual Java DB
c. Menu contextual Java DB. Picar co botón dereito en Java DB e elixir a opción Crear Base de datos...(Create Database...)
Parámetros Crear Base de datos Java DB
d. Parámetros Crear Base de datos Java DB
  1. Nome Base de datos: BDExemplo
  2. Nome usuario: app
  3. Contrasinal: abc1234
  4. Ubicación base de datos: Ruta do cartafol .netbeans-derby, no cal gárdanse as bases de datos
Picar en Aceptar
NOTA: Cando se crea unha base de datos en Derby a través de NetBeans o NetBeans dá o nome do esquema ao nome do usuario elixido, pero non crea o esquema, de tal xeito que se o esquema non está creado non poderemos empregar esta base de datos nunha aplicación. Así no exemplo escóllese o usuario de nome app porque o esquema app está creado. Se o nome que se escolle non existe como esquema entón débese crear o esquema mediante o editor SQL co comando:
CREATE SCHEMA nome_esquema;
 
Base de datos Creada
e. Base de datos Creada

Conectar coa Base de Datos

Unha vez iniciada e creada a base de datos, proceder:

Conectar coa Base de Datos(Connect...)
a. Conectar coa Base de Datos(Connect...). Picar co botón dereito do rato na Base de Datos e elixir no menú contextual a opción Conectar...(Connect...)
Conexión coa base de datos creada
b. Conexión coa base de datos creada. Extendendo a base de datos comprobamos a conexión efectuada.
Se a conexión foi efectiva a icona da base de datos cambia.

Crear Táboas

Unha vez iniciada, creada e conectada a base de datos, pódese proceder Creando Táboas a través dos menús

Creando Táboas a través dos menús

Extender a base de datos--->Cartafol App
a. Extender a base de datos--->Cartafol App
Cartafol App-->Crear Tabla
b. Cartafol App-->Crear Tabla. Opción Crear Tabla do menú contextual APP
 
Crear Táboa
c. Crear Táboa
  1. Nome da Táboa: Exemplo
  2. Picar en Agregar Columna
Agregar Columna
d. Agregar Columna ID.
  1. Nome: ID
  2. Tipo: NUMERIC
  3. Restriccións: Primary key, Unique, Index
  4. Picar en Aceptar
 
Columna ID agregada
e. Columna ID agregada
Agregar Columna
f. Agregar Columna NOME.
  1. Nome: NOME
  2. Tipo: VARCHAR
  3. Tamaño: 30
  4. Restriccións: Unique, Index
  5. Picar en Aceptar
 
Columna NOME agregada
g. Columna NOME agregada
Agregar Columna
h. Agregar Columna IDADE.
  1. Nome: IDADE
  2. Tipo: NUMERIC
  3. Restriccións: Nulo
  4. Picar en Aceptar
Columna IDADE agregada
i. Columna IDADE agregada. Picar en Aceptar.
Táboa creada.
k. Táboa creada.


Insertar datos nunha Táboa

Existen varias formas de facelo, unha delas é a través dun ficheiro script SQL, por exemplo datos.sql, co seguinte contido:

INSERT INTO APP.EXEMPLO VALUES
(1 , 'Anxo Perexil Rico', 23),
(2 , 'Brais Bon Vogal', 15),
(3 , 'Carlota DaViña Axil', 56);


Proceder:

Conectar coa base de datos derby
a. Conectar coa base de datos derby BDEXEMPLO
Menú Arquivo-->Abrir ficheiro
b. Menú Archivo-->Abrir archivo
 
Seleccionar ficheiro datos.sql
c. Seleccionar ficheiro datos.sql. Picar en Aceptar.
Editor SQL-->Picar Botón Ejecutar SQL
d. Editor SQL-->Picar Botón Ejecutar SQL
 
Seleccionar BD Derby
e. Seleccionar BD Derby. Picar en Aceptar.
Amosar datos
f. Mostrar datos. Menú contextual Táboa EXEMPLO Picar en Mostrar datos.
Aparecerá a saída da consulta SQL:
SELECT * FROM EXEMPLO;
 
Saída consulta SQL. Datos insertados.
g. Saída consulta SQL. Datos insertados.
  1. Referencias Java DB Derby

    1. Working with the Java DB (Derby) Database
    2. Creating a Custom Java Desktop Database Application
    3. Creating a Java application to access a Derby database
    4. Exemplos Java DB Derby

    Crear Aplicación de Escritorio (GUI) con Acceso a Java DB Derby

    NOTA: Podes atopar máis información ao respecto no apartado Referencias GUI con Java DB Derby

    Proceder:

    Abrir Proxecto Novo
    a. Abrir Proxecto Novo
    Aplicación de Escritorio Java
    b. Tipo de Aplicación: Aplicación de Escritorio Java
     
    Aplicación de Base de Datos
    c. Aplicación de Base de Datos
    1. Nome: BDExemplo
    2. Ubicación: Por defecto no cartafol do usuario
    Conexión base datos Derby
    d. Conexión coa base de datos derby BDExemplo
     
    Escoller táboa
    e. Escoller Táboa.
    Como soamente existe unha táboa non escollemos.
    Campos engadidos
    f. Campos a engadir. Por defecto están engadidos todos os campos. Picar en Terminar.
     
    Abrindo proxecto
    g. Abrindo proxecto
    Proxecto aberto e conectado coa base de datos derby
    h. Proxecto aberto e conectado coa base de datos derby.
    Aplicación gráfica conectada a Java DB Derby
     
    Executar Proxecto BDExemplo (F6)
    i. Executar Proxecto BDExemplo (F6)
    Aplicación gráfica funcionando conectada con JavaDB Derby coa base de datos BDExemplo
    k. Aplicación gráfica funcionando conectada con JavaDB Derby coa base de datos BDExemplo.

    Referencias GUI con Java DB Derby

    1. Creating a Custom Java Desktop Database Application
    2. Creating a Java application to access a Derby database
    3. Exemplos Java DB Derby


    --ricardofc [15/05/10]