Tecnoloxías de creación de canles de contidos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 15:30 18 ene 2011 de Arribi (discusión | contribuciones) (Tecnoloxías de creación de canles de contidos)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Tecnoloxías de creación de canles de contidos

Á hora de crear canles de contidos RSS, pódese facer de varios xeitos, pero practicamente todos eles inclúen programación nalgún tipo de linguaxe, salvo que nós mesmos fagamos o ficheiro XML empregando calquera tipo de editor de texto.

Creación manual do ficheiro XML.

Tal e como vistes no apartado anterior poderíase crear o ficheiro XML de xeito manual empregando un editor de texto plano e seguindo a estrutura do ficheiro RSS. Unha vez feito gardaríase coa extensión XML e dito arquivo sería colocado nun servidor web para que fose accesible en Internet.

Programación do arquivo XML

Empregando linguaxes de programación como PHP poderíase xerar de xeito automático o arquivo XML, desta forma a aplicación collería os contidos da base de datos e automaticamente xeraría un arquivo XML actualizado en tempo real cada vez que fose requirido.

Aquí tedes un enlace (en inglés) no que se explica como crear en PHP unha aplicación que xere e amose arquivos RSS: http://www.scriptol.com/rss/rss-reader.php

Outro enlace no que se explica como facer un lector de novas RSS: http://www.xul.fr/feed/building-feed-reader.html

Outra opción sería empregar scripts PHP xa programados que fan esa tarefa como, por exemplo:

Estes scripts poderíanse integrar na nosa web e deste xeito ofreceríamos sindicación de contidos a outras webs ou clientes.

Aplicacións que xeran arquivos RSS

Tamén existen aplicacións que nos permiten crear arquivos RSS, por exemplo:

Outros recursos e ferramentas relacionadas con RSS

http://www.newsonfeeds.com/faq/aggregators