https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Sistema_dual:_Obxectivos_e_escenarios_da_PARTE_I&feed=atom&action=historySistema dual: Obxectivos e escenarios da PARTE I - Historial de revisiones2024-03-28T11:36:56ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Sistema_dual:_Obxectivos_e_escenarios_da_PARTE_I&diff=53494&oldid=prevCarrion en 12:32 22 feb 20152015-02-22T12:32:51Z

Página nueva

*Nesta primeira parte, o usuario non vai instalar ningún sistema operativo, nin sequera crear ningunha partición. Iso farase na PARTE II do curso.

*Como o obxectivo final deste curso é ter instalados 2 sistemas operativos no ordenador ('''sistema dual'''): o que ten actualmente (MS Windows) e Linux (a distribución de Ubuntu). Para que non acaeza ningunha catástrofe é preciso planificar o proceso de instalación de Ubuntu e realizar as medidas preventivas oportunas para non perder nada no sistema operativo actual. Por iso, esta primeira parte está adicada a: planificar e realizar '''operacións de backup''' para estar previdos ante calquera '''continxencia, que sempre pode pasar'''.

*Nesta primeira parte vaise:

**Contextualizar o curso: que é GNU/Linux e as distribucións.

**Revisar conceptos previos a instalación de Ubuntu. A instalación farase na parte II do curso e '''NON''' nesta parte I.

**Estudar as características de Ubuntu.

**Antes de instalar Ubuntu hai que:

***'''Analizar a situación de partida'''

***Facer '''copias de seguranza''' dos datos que se desexen conservar, por se na PARTE II (no proceso de instalación) ocorrese un desastre, que sempre se está suxeito a que suceda. Pero para iso debemos ter a tranquilidade de que a información que nos interesa está ben gardada en copias de seguridade.

***'''Estudar a situación de destino''', a que se desexa implantar. Isto é, non hai que crear particións nesta primeira parte, simplemente nun papel, ou nun procesador de textos indicar de onde se parte e a onde se desexa chegar. Nada máis. Sen crear nada real.

*A seguinte imaxe ilustra o exposto anteriormente:

[[Image:00_Ubuntu_Desktop_Ed_2012_Escenario_Semana_01.jpg|600px]]

*A imaxe vén a esbozar unha posible situación de partida, pero cada usuario que siga o curso terá:

**O ordenador co seu propio nome.

**O disco duro do ordenador, no punto de partida, organizado doutro xeito distinto ao da imaxe, coas súas propias particións e o sistema MS Windows que se vai preservar perante a instalación de Ubuntu.

**O espazo libre (ou ocupado) no disco de partida non vai coincidir co da imaxe superior. Pero cada quen debe ter espazo libre suficiente para poder instalar o novo sistema operativo.

* O que se pretende nesta PARTE I, é que o usuario faga un croquis (esbozo, debuxo, etc.) da situación desexada de destino, pero nada máis. Sobre todo, os usuarios que sigan o curso a través de Platega, '''NON''' deben crear nin formatar ningunha partición até ter o visto bó dos relatores para pasar á parte II do curso, que será onde se implantará o croquis nun ordenador real.

*'''O material para este curso está elaborado partindo dun ordenador instalado co sistema operativo Windows 7''', pero pódese partir de calquera ordenador que teñan instalado calquera outro sistema operativo de Microsoft: Windows XP, Windows Vista, Windows 8, etc.

-- [[Usuario:Antonio|Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion|Carlos Carrión Álvarez]] -- (feb 2012).
Carrion