Servizos de Rede e Internet (Ciclo ASIR)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 18:12 24 may 2010 de Arribi (discusión | contribuciones) (RA3. Administra servidores web configurando o servizo de acordo coas necesidades de uso)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Servizos de Rede e Internet do Ciclo ASIR

  • Curso: 2º
  • Horas: 140 (equivalencia en créditos ECTS: 8).
  • Especialidade: informática

RA1. Analiza e administra servizos de resolución de nomes con garantía da seguridade do servizo

– CA1.1. Identificáronse e describíronse escenarios en que xurda a necesidade dun servizo de resolución de nomes.
– CA1.2. Clasificáronse os principais mecanismos de resolución de nomes.
– CA1.3. Describiuse a estrutura, a nomenclatura e a funcionalidade dos sistemas de nomes xerárquicos.
– CA1.4. Instaláronse e configuráronse servizos xerárquicos de resolución de nomes en sistemas operativos libres e propietarios.
– CA1.5. Preparouse o servizo para reenviar consultas de recursos externos a outro servidor de nomes.
– CA1.6. Preparouse o servizo para almacenar e distribuír as respostas procedentes doutros servidores.
– CA1.7. Engadíronse rexistros de nomes correspondentes a unha zona nova, con opcións relativas a servidores de correo e alias.
– CA1.8. Implementáronse solucións de servidores de nomes en enderezos IP dinámicos.
– CA1.9. Realizáronse transferencias de zona entre dous ou máis servidores.
– CA1.10. Documentáronse os procedementos de instalación e configuración de servizos de resolución de nomes.
Instalación e administración de servizos de nomes de dominio.

RA2. Interconecta e administra sistemas en rede instalando mecanismos automatizados de configuración, e verifica a correcta asignación dos parámetros

– CA2.1. Recoñecéronse os mecanismos automatizados de configuración dos parámetros de rede e as súas vantaxes.
– CA2.2. Ilustráronse os procedementos e as pautas que interveñen nunha solicitude de configuración dos parámetros de rede.
– CA2.3. Instaláronse servidores de configuración dos parámetros de rede en sistemas operativos libres e propietarios.
– CA2.4. Preparouse o servizo para lles asignar a configuración básica aos equipamentos dunha rede local.
– CA2.5. Configuráronse asignacións estáticas e dinámicas dos parámetros de rede.
– CA2.6. Integráronse no servizo opcións adicionais de configuración dos parámetros de rede.
– CA2.7. Documentáronse os procedementos realizados na administración de mecanismos automatizados de configuración dos parámetros de rede.
Instalación e administración de servizos de configuración automática de rede.

RA3. Administra servidores web configurando o servizo de acordo coas necesidades de uso

– CA3.1. Describíronse os fundamentos e os protocolos en que se basea o funcionamento dun servidor web.
– CA3.2. Instaláronse e configuráronse servidores web en sistemas operativos libres e propietarios.
– CA3.3. Ampliouse a funcionalidade do servidor mediante a activación e a configuración de módulos.
– CA3.4. Creáronse e configuráronse sitios virtuais.
– CA3.5. Configuráronse os mecanismos de autenticación e control de acceso do servidor.
– CA3.6. Obtivéronse e instaláronse certificados dixitais.
– CA3.7. Establecéronse mecanismos para asegurar as comunicacións entre cliente e servidor.
– CA3.8. Realizáronse probas de monitorización do servizo.
– CA3.9. Analizáronse os rexistros do servizo para a elaboración de estatísticas e a resolución de incidencias.
– CA3.10. Elaborouse documentación relativa á instalación, a configuración e as recomendacións de uso do servizo.
Instalación e administración de servidores web.

RA4. Instala e administra servizos de transferencia de ficheiros, e verifica que se asegure e se limite o acceso á información

– CA4.1. Estableceuse a utilidade e o modo de operación do servizo de transferencia de ficheiros.
– CA4.2. Instaláronse e configuráronse servidores de transferencia de ficheiros en sistemas operativos libres e propietarios.
– CA4.3. Creáronse usuarios e grupos para acceso remoto ao servidor.
– CA4.4. Configurouse o acceso anónimo.
– CA4.5. Establecéronse límites nos modos de acceso.
– CA4.6. Comprobouse o acceso ao servidor en modo activo e en modo pasivo.
– CA4.7. Realizáronse probas con clientes en liña de comandos e en modo gráfico.
– CA4.8. Utilizouse o navegador como cliente do servizo de transferencia de ficheiros.
– CA4.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, a configuración e as recomendacións de uso do servizo.
Instalación e administración de servizos de transferencia de ficheiros.
  • Funcionalidade do servizo. Servidores e clientes.
  • Configuración do servizo de transferencia de ficheiros: permisos e cotas.
  • Tipos de usuarios e accesos ao servizo.
  • Modos de conexión do cliente.
  • Tipos de transferencia de ficheiros.
  • Utilización do servizo en modo texto. Comandos
  • Utilización de ferramentas gráficas.

RA5. Instala e administra servidores de correo electrónico aplicando criterios de configuración, de xeito que se garanta a seguridade do servizo

– CA5.1. Describíronse os protocolos que interveñen no envío e na recollida do correo electrónico.
– CA5.2. Instalouse e configurouse un servidor de correo electrónico en sistemas operativos libres e propietarios.
– CA5.3. Creáronse contas de usuario e verificouse o acceso a elas.
– CA5.4. Establecéronse e aplicáronse métodos para impedir usos indebidos do servidor de correo electrónico.
– CA5.5. Instaláronse servizos para permitir a recollida remota do correo existente nas caixas de usuario.
– CA5.6. Usáronse clientes de correo electrónico para enviar e recibir correo desde as contas creadas no servidor.
– CA5.7. Utilizouse a sinatura dixital e o correo cifrado.
– CA5.8. Configurouse o servidor de correo como un servizo seguro.
– CA5.9. Elaborouse documentación relativa á instalación, á configuración e ás recomendacións de uso do servizo.
Instalación e administración do servizo de correo electrónico.
  • Elementos do servizo de correo electrónico. Axentes.
  • Estrutura das mensaxes de correo electrónico.
  • Protocolo de transferencia de mensaxes.
  • Clientes de correo electrónico.
  • Contas de correo, alias e caixas de usuario.
  • Servizo de correo electrónico vía web.
  • Correo seguro: sinatura dixital e cifraxe de mensaxes.
  • Reenvío de correo e correo non desexado.
  • Protocolos e servizos de descarga de correo.

RA6. Instala e administra servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución, de xeito que se asegure o acceso dos usuarios

– CA6.1. Describíronse os servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución.
– CA6.2. Instalouse e configurouse o servizo de mensaxaría instantánea.
– CA6.3. Utilizáronse clientes gráficos e de texto de mensaxaría instantánea.
– CA6.4. Instalouse e configurouse o servizo de noticias.
– CA6.5. Instalouse e configurouse o servizo de listas de distribución.
– CA6.6. Determinouse o tipo de lista e os modos de acceso permitidos.
– CA6.7. Creáronse contas de usuario e verificouse o acceso aos servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución.
– CA6.8. Elaborouse documentación relativa á instalación, á configuración e ás recomendacións de uso dos servizos de mensaxaría instantánea, noticias e listas de distribución.
Instalación e administración de servizos de mensaxería instantánea, noticias e listas de distribución.
  • Características do servizo de mensaxería instantánea: protocolos.
  • Clientes gráficos e en modo texto de mensaxería instantánea.
  • Uso da mensaxería instantánea. Normas de respeto.
  • Características do servizo de noticias. Protocolos.
  • Clientes gráficos de noticias.
  • Grupos de novas.
  • Características do servizo de listas de distribución: protocolos.
  • Tipos de listas de distribución e de acceso a elas.

RA7. Instala e administra servizos de audio, e adapta os formatos en función das necesidades de distribución identificadas

– CA7.1. Describiuse a funcionalidade do servizo de audio.
– CA7.2. Instalouse e configurouse un servidor de distribución de audio.
– CA7.3. Instalouse e configurouse o cliente para o acceso ao servidor de audio.
– CA7.4. Recoñecéronse e utilizáronse formatos de audio dixital.
– CA7.5. Utilizáronse ferramentas de reprodución de audio no cliente.
– CA7.6. Utilizáronse servizos de audio a través do navegador.
– CA7.7. Utilizáronse técnicas de sindicación e subscrición de audio.
– CA7.8. Elaborouse documentación relativa á instalación e á administración do servidor de audio.
Instalación e administración do servizo de audio.
  • Funcionalidade do servizo de audio.
  • Formatos de audio.
  • Servidores de streaming.
  • Ferramentas de reprodución de audio.
  • Sindicación e subscrición de audio. Podcast.

RA8. Instala e administra servizos de vídeo, e adapta os formatos en función das necesidades de distribución identificadas

– CA8.1. Describiuse a funcionalidade do servizo de vídeo.
– CA8.2. Instalouse e configurouse un servidor de vídeo.
– CA8.3. Configurouse o cliente para o acceso ao servidor de vídeo.
– CA8.4. Recoñecéronse e utilizáronse formatos de compresión de vídeo dixital.
– CA8.5. Utilizáronse técnicas de sindicación e subscrición de vídeo.
– CA8.6. Describíronse as características e os protocolos utilizados no servizo de videoconferencia.
– CA8.7. Instaláronse e configuráronse ferramentas gráficas para realizar videoconferencia.
– CA8.8. Utilizáronse ferramentas gráficas e navegadores para realizar videoconferencias.
- CA8.9. Elaborouse documentación relativa á instalación e á administración do servidor de vídeo e do servizo de videoconferencia.
Instalación e administración do servizo de vídeo.
  • Funcionalidade do servizo de vídeo.
  • Formatos de imaxe.
  • Servidores de vídeo.
  • Formatos de vídeo. Códecs e reprodutores.
  • Sindicación e subscrición de vídeo.
  • Videoconferencia.
  • Servidores de xogos en liña.