SPDIF

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 10:20 9 oct 2017 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Denominación S/PDIF (Sony/Philips Digital Interconnect Format) ou IEC 958 type 95, parte da IEC-60958. Consiste nun protocolo a nivel de hardware para a transmisión de sinais de audio dixital moduladas en PCM entre dispositivos e compoñentes estereofónicos:

  • O S/PDIF foi inicialmente utilizado nos lectores de CD (dispositivo deseñado conxuntamente polos enxeñeiros de Sony e Philips), estendeu o seu uso á maioría dos dispositivos de son modernos; como reprodutores de DVD, Minidisc, decodificadores TDT, as tarxetas de son dos ordenadores e, en xeral, calquera dispositivo que conte con "saída óptica". É tamén moi utilizado nos sistemas de son nos automóbiles, onde substitúe ao cableado habitual de cobre por un único cable de fibra óptica, inmune ao ruído eléctrico.
  • Outro uso común do protocolo S/PDIF é a transmisión de son dixital comprimido segundo o definido polo estándar IEC 61937. Este modo utilízase para conectar a saída dun equipo de son cun dispositivo de cine en casa que soporte o sistema Dolby Digital ou ben o sistema DTS de son envolvente.
Tarjeta SPDIF
Conector SPDIF
Conector SPDIF optico
  • As especificacións de S/PDIF permiten diversos tipos de cables e conectores, segundo o dispositivo en que sexa utilizado. Estes poden estar fabricados con cable coaxial, utilizando neste caso conectores RCA, ou en fibra óptica, onde os conectores serán de tipo TOSLINK (tamén coñecidos como EIAJ óptico). O uso da versión óptica está máis estendido debido a súa inmunidade ao ruído eléctrico (Existen adaptadores para a interconexión de ambos sistemas, que requiren alimentación externa).

-- Volver