Rañuras para tarxetas de expansión

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Introdución

Unha rañura de expansión, slot ou slot de expansión, é un porto que permite conectar á placa base unha tarxeta adaptadora adicional, dando así máis funcionalidade ó noso PC, en xeral realiza funcións de control de periféricos como monitores, impresoras, unidades de disco, etc.

Slots mais comúns

Os slots de expansión que nos podemos atopar nunha placa base son os seguintes:

ISA (Industry Standard Architecture)

Nome Ancho BUS Frecuencia BUS Taxa transferencia Obsoleta
ISA 8 bits 8 bits 8 Mhz 8 MB/s X
Isa8.jpg




Nome Ancho BUS Frecuencia BUS Taxa transferencia Empregadas para
ISA 16 bits 16 bits 8 Mhz 16 MB/s Non se atopan en placas novas
  • Tarxeta de rede
  • Tarxeta de son
  • Módem interno
  • Adaptadores SCSI...
Isa16.jpg

MCA (Micro Channel Adapter)

Creada por IBM. Taxa de transferencia: 20 MB/s. Xa está obsoleta.


EISA (Enhanced ISA)

Nome Ancho BUS Frecuencia BUS Taxa transferencia Obsoleta
EISA 32 bits 8 Mhz 33 MB/s X
Eisa.jpg

VLB (Vesa Local Bus)

Tiña unha taxa de transferencia de ata 120 MB/s. Obsoleta.


PCI (Peripherical Component Interconnect)

Nome Ancho BUS Frecuencia BUS Taxa transferencia Empregadas para
PCI 32 bits 33 Mhz 133 MB/s Para todo:
  • Tarxeta de rede
  • Tarxeta de son
  • Módem interno
  • Adaptadores SCSI...
PCI-64bit 64 bits 33 Mhz 266 MB/s Adaptadores SCSI
PCI 66Mhz/64bit 64 bits 66 Mhz 533 MB/s Adaptadores SCSI
Pci.jpg

AGP (Acelerated Graphics Port)

Empregadas para conectar as tarxetas gráficas (substituídas recentemente polas PCI-Express x16).

Nome Ancho BUS Frecuencia BUS Ciclos Taxa transferencia
AGP 32 bits 66 Mhz 1 256 MB/s
AGPx2 32 bits 66 Mhz 2 533 MB/s
AGPx4 32 bits 66 Mhz 4 1.066 MB/s
AGPx8 32 bits 66 Mhz 8 2.133 MB/s
Agp1.jpg Agp2.jpg

PCI Express

Este bus está estruturado como carriles punto a punto (LANEs), full-duplex, traballando en serie. Temos varias versións:

  • PCIe 1.1 (Gen 1)
- Velocidade transferencia en bruto (raw bit rate) de 2,5 Gb/s.
- Codificación 8b/10b que fai unha perda do 20% do ancho de banda.
- Ancho de banda efectivo: 2,0 Gb/s = 250 MB/s por dirección e por LANE.
  • PCIe 2.0 (Gen 2) dobra esta taxa a 500 MB/s.
- Velocidade transferencia en bruto (raw bit rate) de 5 Gb/s.
- Codificación 8b/10b que fai unha perda do 20% do ancho de banda.
- Ancho de banda efectivo: 4,0 Gb/s = 500 MB/s por dirección e por LANE.
  • PCIe 3.0 (Gen 3) dobra, de novo, esa taxa (975 MB/s ≈ 1000 MB/s ≈ 1 GB/s por LANE).
- Velocidade transferencia en bruto (raw bit rate) de 8 Gb/s.
- Codificación 128b/130b que fai unha perda do 2% do ancho de banda.
- Ancho de banda efectivo: 7,8 Gb/s = 975 MB/s ≈ 1000 MB/s ≈ 1 GB/s por dirección e por LANE.
  • PCIe 4.0 (Gen 4) dobra, de novo, esa taxa (2 GB/s por LANE).

Cada rañura de expansión leva un, dous, catro, oito ou dezaseis LANEs entre a placa base e as tarxetas conectadas. O número de LANEs escríbese cunha x de prefixo (x1 para un carril simple e x16 para unha tarxeta con dezaseis carriles).

Na seguinte táboa vemos o cálculo das velocidades de transferencia para PCIe 1.1.

Nome Ancho BUS Frecuencia BUS Lane Taxa transferencia Empregadas, en xeral, para
PCI-Express x1 1 bit 2,5 Ghz 1 250 MB/s Tarxeta de rede
PCI-Express x2 1 bit 2,5 Ghz 2 500 MB/s ?
PCI-Express x4 1 bit 2,5 Ghz 4 1 GB/s Adaptadoras RAID SCSI e SATA
PCI-Express x8 1 bit 2,5 Ghz 8 2 GB/s Adaptadoras RAID SCSI e SATA
PCI-Express x16 1 bit 2,5 Ghz 16 4 GB/s Tarxetas gráficas
PCI-Express x32 1 bit 2,5 Ghz 32 8 GB/s ?
Pciexpress.jpg
Pódese conectar, sen ningún problema, unha tarxeta x1 nunha rañura x2, x4, x8 ou x16. Iso si, traballaría á súa velocidade (x1). O mesmo que acabamos de comentar con x1 poderiámolo dicir para x2, x4,...
Tamén existen adaptadores para conectar, por exemplo, unha tarxeta x16 nunha rañura x1. Podemos ver un modelo na seguinte imaxe. Como é normal, a tarxeta nese caso traballaría á velocidade x1.
AdaptadorPCIx1-PCIx16.jpg

AMR, CNR, ACR

Empregadas para conectar Módem, Rede e Son. ¡¡Obsoletas!!

Nome Imaxe
AMR Amr.jpg
CNR Cnr.jpg
ACR Acr.jpg


Para ver a situación das rañuras de expansión nas placas base e, como estas foron evolucionando ó longo dos anos, podemos acceder á sección "Exemplos de placas base".


--- Volver