Diferencia entre revisiones de «Que facer se XenCenter non amosa a consola das MVs?»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 15:58 9 nov 2014

Introdución

  • Pode ocorrer que nun momento dado XenCenter non amose as consolas das MVs. Este caso ten solución:
    • Nas MVs Linux a través de SSH.
    • Nas MVs Windows a través de Terminal Server.
  • Pero que pasa se non se instalou SSH nin Terminal Server? Pois pódese acceder ás consolas das MVs a través de VNC.
    • Imos ver como acceder primeiro dende equipos Linux que pode haber á nosa disposición na LAN e logo dende equipos Windows.
    • Vanse crear túneles co servidor Host, para acceder ás consolas das MVs.

Coñecer os portos nos que están as consolas das MVs e do host

  • Iniciar sesión no servidor Xen, no host, ben a través de SSH ou en a través da consola directamente no servidor.
  • Neste caso vaise usar o servidor xenA e acender as MVs Windows e Ubuntu.

Sv 2013 xcp vnc 01.jpeg

  • Executar a seguinte instrución para coñecer os portos nos que están as consolas:
netstat -tlpn | grep 59
  • Os conectores VNC no dom0 escoitan a partir do porto 5900
    • O primeiro porto que apareza (neste caso 5900) é o mesmo dom0, ou sexa, a MV que controla o servidor de Xen
    • O seguinte a primeira MV de usuario, etc.
  • vcnterm son os conectores ás MVs Linux.
  • qemu-dm son os conectores ás MVs Windows.

Configuración do cliente Remmina en Linux

  • Se non se dispón do cliente Remmina é preciso instalalo.

Configuración do cliente PuTTy e Ultra VNCViewer





-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)