Puppet

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Sen dúbida, unha das tarefas máis tediosas do administrador de equipamentos informáticos é a continua actualización do software e configuración do sistema operativo. Cando estas tarefas as hai que realizar sobre unha rede ampla de equipos, con sistemas operativos Linux e Windows instalados e cunha grande cantidade de utilidades software para a práctica docente este traballo aumenta exponencialmente.

A ferramenta de xestión e configuración Puppet vai a permitir que estas tarefas se poidan facer dun xeito centralizado, cómodo e rápido, empregando unha linguaxe declarativa que será obxecto de estudo.