Programación da materia de informática de 4º de ESO

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 12:34 20 oct 2011 de Antonio (discusión | contribs.) (→‎Materiais e recursos didácticos)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

No cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria a materia de Informática é impartida por profesorado pertencente ao departamento de Informática. Esta materia conta con 3 sesións semanais.

Trátase de introducir ao alumnado no uso das tecnoloxías da información, de forma que adquiran os coñecementos básicos sobre as ferramentas que facilitan a súa interacción co contorno, e que comprendan os límites morais e legais que implica a súa utilización.

Obxectivos xerais

  • Incorporar á linguaxe terminoloxía informática, co fin de ampliar o vocabulario e expresarse de forma precisa e rigorosa.
  • Entender o tratamento automático da información e a súa representación.
  • Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na web, valorando a importancia do respecto á propiedade intelectual.
  • Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes, textos e sons.
  • Manexar as funcionalidades principais dos programas de edición de imaxe, son e vídeo.
  • Deseñar presentacións multimedia que poidan ser usadas en modo local para apoiar un discurso ou en modo remoto para a difusión de esquemas elaborados.
  • Coñecer o funcionamento básico dunha rede local.
  • Manexar as utilidades básicas de configuración dun sistema operativo de rede.
  • Coñecer e manexar as distintas posibilidades para a conexión a Internet.
  • Comprender a importancia de establecer medidas de seguridade para a protección de datos na conexión á Internet.
  • Coñecer e manexar as funcionalidades básicas de ferramentas de desenvolvemento de páxinas web, integrando información textual, numérica e gráfica para publicala na web.
  • Coñecer e utilizar ferramentas para acceder e publicar recursos de texto, imaxes, sons e vídeo en Internet.
  • Coñecer e manexar as distintas alternativas existentes para compartir contidos na web.
  • Coñecer e manexar ferramentas para integrarse en redes sociais, adoptando actitudes de respecto, participación esforzo e colaboración para a creación de producións colectivas.
  • Utilizar os servizos telemáticos relacionados coa busca de emprego, a merca por Internet, e-administración, banca electrónica, xeolocalización, entre outros.
  • Potenciar o uso de software de libre distribución.
  • Fomentar o emprego do galego como lingua para publicar contidos na web.

Desenvolvemento curricular das unidades didácticas

Unidade didáctica 1: Captura e edición de multimedia

Obxectivos didácticos

  • Utilizar periféricos para capturar e dixitalizar imaxes, textos e sons.
  • Manexar as funcionalidades principais dos programas de edición de imaxe, son e vídeo.
  • Optimizar a busca e selección de recursos dispoñibles na web, tendo en conta a importancia do respecto aos aspectos legais.
  • Potenciar o uso de software de libre distribución.

Contidos

  • Características das imaxes dixitais: formatos
  • Adquisición de imaxes co scanner
  • Escanear imaxes e almacenalas en distintos formatos.
  • O recoñecemento óptico de caracteres. Programas OCR
  • Recoñecer e editar o texto dun documento escaneado facendo uso dun software OCR.
  • Creación e tratamento de textos.
  • Crear e modificar textos cun procesador de textos.
  • Edición de imaxes dixitais con Gimp
  • Editar imaxes con Gimp realizando retoques básicos.
  • Captura e edición de son
  • Capturar son no ordenador e editalo utilizando Audacity.
  • Captura e edición de vídeo
  • Capturar vídeo no equipo e editalo realizando retoques básicos.
  • Valorar as posibilidades do procesamento de elementos multimedia no equipo informático.

Actividades

  • Escanear un documento e modificar algunha parte do texto para imprimir unha variación do mesmo.
  • Crear documentos e modificalos para darlle a forma pretendida.
  • Editar unha imaxe con Gimp para conseguir unha serie de retoques indicados polo profesor.
  • Editar un arquivo de son con Audacity para conseguir unha serie de retoques indicados polo profesor.
  • Capturar segmentos de vídeo con unha cámara de vídeo ou teléfono móbil e editalo no ordenador para elaborar un vídeo completo.

Unidade didáctica 2: As redes locais e o acceso a Internet

Obxectivos didácticos

  • Coñecer o funcionamento básico dunha rede local.
  • Manexar as utilidades básicas de configuración dun sistema operativo de rede.
  • Coñecer e manexar as distintas posibilidades para a conexión a Internet.

Contidos

  • Introdución ás redes de ordenadores. Clases
  • Elementos para a conexión de equipos en rede:
    • As interfaces de rede. Tipos e cableado
    • Dispositivos de interconexión: Switches
    • Configuración da interface de rede en Windows
    • Configuración da interface de rede en Linux
    • Conexión a redes de área extensa. Tipos de conexión. Routers e módems
  • Configurar un equipo Windows dentro dunha rede local, e a súa conexión coa rede de área extensa.
  • Configurar un equipo Linux dentro dunha rede local, e a súa conexión coa rede de área extensa.
  • Seleccionar a conexión a Internet máis axeitada en función das características requiridas.
  • Identificar os elementos dun sistema de comunicación en base á función que cada elemento desempeña dentro do sistema.

Actividades

  • Realizar a conexión de equipos a unha rede local utilizando cableado de par trenzado.
  • Configurar equipos Windows e Linux dentro dunha rede local, e o seu acceso a Internet.
  • Comparar distintas ofertas de acceso a Internet existentes no mercado, analizando as súas características e resumíndoas.

Unidade didáctica 3: As redes sen fíos

Obxectivos didácticos

  • Coñecer o funcionamento dunha rede sen fíos.
  • Valorar a necesidade de mecanismos de seguridade nas redes sen fíos.
  • Configurar unha conexión sen fíos, tanto en Windows como en Linux.

Contidos

  • A transmisión sen fíos
  • A seguridade nas redes sen fíos
  • Configurar unha conexión sen fíos, tanto en Windows como en Linux.

Actividades

  • Configurar unha conexión sen fíos, incluíndo tanto o punto de acceso, equipos Windows e Linux.
  • Buscar en Internet os prezos dos elementos necesarios para a montaxe dunha rede local, tanto cableada como sen fíos, e a súa conexión á Internet.

Unidade didáctica 4: Seguridade na Internet

Obxectivos didácticos

  • Comprender a importancia de establecer medidas de seguridade para a protección de datos na conexión a Internet.

Contidos

  • Virus informáticos e antivirus
  • Descargar e instalar un antivirus no equipo.
  • O tornalumes ou firewall
  • Configurar o firewall en Windows para indicar as conexións permitidas.
  • Seguridade no correo electrónico
  • Acceso a páxinas web seguras
  • Recoñecer a conexión a páxinas web seguras e os datos do certificado dixital.
  • Valorar a necesidade de adoptar medidas activas e pasivas no acceso a Internet para protexer os datos persoais.

Actividades

  • Elaborar de forma colaborativa un glosario cos termos máis significativos relacionados coa seguridade en Internet.

Unidade didáctica 5: Publicación e acceso a recursos en Internet

Obxectivos didácticos

  • Buscar e seleccionar recursos dispoñibles na web, valorando a importancia do respecto á propiedade intelectual.
  • Coñecer e utilizar ferramentas para acceder e publicar recursos de texto, imaxes, sons e vídeo en Internet.

Contidos

  • Licenzas e dereitos de imaxes, software e información.
  • Recoñecer a licenza de uso dos recursos atopados en Internet.
  • Atender as normas de protección de datos para non publicar información confidencial e legalmente protexida.
  • Valorar o cumprimento dos dereitos do autor no acceso e publicación dun recurso.
  • Manexar os principais buscadores para buscar distintos tipos de recursos en Internet.
  • A wikipedia
  • Coñecer ferramentas para publicar e acceder a contidos de texto, imaxes, son, e vídeos en Internet.
  • Programas de intercambio de ficheiros P2P. Aspectos legais
  • Manexar algún programa de intercambio de ficheiros P2P.
  • Ferramentas de almacenamento remoto

Actividades

  • Comparar os principais tipos de licenzas utilizados en Internet e recoñecer a licenza aplicada aos recursos atopados en Internet.
  • Utilizar os buscadores máis importantes para localizar unha serie de información en Internet.
  • Publicar e acceder a recursos en ferramentas como a wikipedia, flickr, rockola e youtube entre outros.
  • Instalar un programa de intercambio P2P e analizar as opcións principais.

Unidade didáctica 6: Internet e as redes sociais

Obxectivos didácticos

  • Coñecer e manexar as distintas alternativas existentes para compartir contidos na web.
  • Coñecer e manexar ferramentas para integrarse en redes sociais, adoptando actitudes de respecto, participación esforzo e colaboración para a creación de producións colectivas.

Contidos

  • A web 2.0
  • Plataformas de comunicación na web: O correo electrónico, foros, Blogs, a sindicación de contidos (RSS), os podcasts, Wikis, Chats, os marcadores sociais, páxinas de inicio personalizadas, as redes sociais, e as ferramentas de ofimática online.
  • Ferramentas de mensaxería en liña.
  • Rexistrarse e manexar ferramentas de comunicación: Email, Foros, Blogs, sindic de contidos, podcast, wiki, chats, marcadores sociais, páxinas de inicio personalizadas, ferramentas ofimáticas online e mensaxería en liña.
  • Valorar a salvagarda da intimidade dentro das redes sociais.

Actividades

  • Rexistrase e establecer comunicacións coas diferentes ferramentas segundo os pasos indicados polo profesor.

Unidade didáctica 7: Acceso a servizos na Internet

Obxectivos didácticos

  • Utilizar os servizos telemáticos relacionados coa busca de emprego, a merca por Internet, e-administración, banca electrónica, xeolocalización, entre outros.

Contidos

  • Busca de emprego
  • A merca a través de Internet
  • Reservas de viaxes e espectáculos
  • Sistemas de localización xeográfica
  • Os medios de comunicación en Internet
  • A banca electrónica
  • A administración electrónica
  • ONGs na rede
  • Facer uso dos principais servizos tanto para o traballo como para o ocio e lecer que se poden atopar en Internet.

Actividades

  • Elaborar un currículo como demandante de emprego nun dos principais portais de demandas de emprego.
  • Facer uso dos servizos de internet sobre supostos prácticos indicados polo profesor.

Unidade didáctica 8: Edición de páxinas web

Obxectivos didácticos

  • Coñecer e manexar as funcionalidades básicas de ferramentas de desenvolvemento de páxinas web, integrando información textual, numérica e gráfica para publicala na web.
  • Deseñar presentacións multimedia que poidan ser usadas en modo local para apoiar un discurso ou en modo remoto para a difusión de esquemas elaborados.
  • Potenciar o uso de software de libre distribución.

Contidos

  • Elementos básicos da web. Linguaxe HTML. Navegadores.
  • Elaborar unha páxina web usando un editor web libre.
  • Integración de elementos multimedia nas páxinas web.
    • Imaxes, mapas e formularios.
    • Composición de imaxes animadas.
    • Elaboración de animacións multimedia.
      • Deseño de animacións en flash con OpenOffice Impress.
      • Compoñer unha presentación con animacións básicas e exportala de forma que poida ser visualizada dentro da web.
      • Publicar presentacións na web con slideshare.
  • Elementos para accesibilidade na web.
  • Valorar a necesidade de respectar as normas de accesibilidade para que todas as persoas poidan acceder aos contidos da mesma.
  • Empregar contidos que promovan a igualdade entre mulleres e homes, fomenten o respecto ao medio ambiente, creen hábitos saudables, fomenten a solidariedade, etc.
  • Revisar o contido da páxina a publicar, coidando de non incluír contidos que vulneren aspectos éticos e legais.

Actividades

  • Elaborar páxinas web cos elementos indicados polo profesor, que versen sobre un tema dalgunha das outras materias que cursa o alumnado.
  • Visualizar as páxinas web nos navegadores máis utilizados, recoñecendo as diferenzas que se producen entre eles.
  • Crear imaxes animadas a partir de unha serie de imaxes fixas seleccionadas polo alumnado, e incluílas na páxina web.
  • Elaborar unha presentación con Impress cos elementos básicos (transicións entre diapositivas, animación de elementos,...) e exportala a un arquivo flash para incluíla na páxina web.
  • Publicar a presentación realizada na web con slideshare.

Unidade didáctica 9: Compartición de recursos nas redes locais

Obxectivos didácticos

  • Manexar as utilidades básicas de configuración dun sistema operativo de rede.

Contidos

  • Usuarios e permisos
  • Compartición de recursos na rede local
    • Compartir recursos na rede Windows
    • Compartir recursos na rede Linux

Actividades

  • Compartir unha carpeta e impresora nun sistema Windows, e acceder a unha carpeta compartida por outro equipo.
  • Compartir unha carpeta e impresora nun sistema Linux, e acceder a unha carpeta compartida por outro equipo.

Contidos mínimos

Os contidos mínimos imprescindibles para a superación da materia son os seguintes:

  • Manexar as principais funcións dun sistema operativo de rede.
  • Identificar os principais dispositivos que compoñen unha rede local, e a súa conexión a Internet.
  • Coñecer e manexar as principais funcións un programa de tratamento de imaxe.
  • Saber empregar unha ferramenta de deseño de páxinas webs.
  • Desenvolverse con soltura na procura e o intercambio de información en internet.

Contribución ao logro das competencias básicas

  • Esta materia contribúe de maneira plena á adquisición da competencia referida ao tratamento da información e competencia dixital, imprescindible para desenvolverse nun mundo que cambia, e que nos cambia, empuxado polo constante fluxo de información xerado e transmitido mediante unhas tecnoloxías da información cada vez máis potentes e omnipresentes.
  • Contribúe de maneira parcial á adquisición da competencia cultural e artística porque facilita o acceso ás manifestacións culturais e potencia a expresión do alumnado mediante algúns códigos artísticos. Concretamente, traballarase nas actividades de edición de imaxes, son e vídeo e nas de acceso a recursos de imaxes son e vídeo en Internet, a adquisición desta competencia.
  • A contribución á adquisición da competencia social e cidadá céntrase en que as destrezas de busca, obtención, rexistro, interpretación e análise permiten acceder en tempo real ás fontes de información requiridas para unha correcta interpretación dos fenómenos sociais e históricos que conforman a visión da actualidade
  • A contribución á adquisición da competencia para aprender a aprender está relacionada co acceso e a interacción en contornos virtuais de aprendizaxe, que facilita a aprendizaxe autónoma unha vez finalizada a escolaridade obrigatoria. Destácase neste sentido que o uso de contornos virtuais de aprendizaxe un contido transversal a todas a unidades didácticas da materia, xa que farase uso deste tipo de contornos durante todo o ano para o seguimento das clases e as actividades a realizar.
  • Esta materia contribúe á adquisición da competencia en comunicación lingüística nos aspectos relacionados coa linguaxe escrita e as linguas estranxeiras. Como tarefa tipo, na actividade de confección de glosario da unidade 4, o alumnado partirá dunha serie de textos en inglés para confeccionar a síntese dos termos requiridos no mesmo.
  • Contribúe, por último, á competencia de autonomía e iniciativa persoal na medida en que un contorno tecnolóxico cambiante esixe unha constante adaptación.
  • Non se contemplan nesta programación tarefas relacionadas directamente coas competencias matemáticas e de coñecemento e interacción co mundo físico.

Metodoloxía

Con respecto á metodoloxía didáctica a seguir na impartición do materia, cabe destacar os seguintes aspectos:

  • No comezo de cada unidade de traballo, exporanse na clase os conceptos e obxectivos fundamentais da mesma.
  • Nas distintas sesións da ensino-aprendizaxe, o profesor introducirá os novos conceptos aos alumnos, buscando sempre a implicación dos mesmos no establecemento de debates para aclarar no máximo posible estes conceptos. Para favorecelo, o profesor plantexará durante a explicación cuestións que propicien o razoamento dos alumnos. Tentarase desta forma aclarar todas as dúbidas que poidan aparecer sobre os temas abordados. Por outra banda, a exposición das distintas unidade na clase realizarase mediante un wiki no que ademais de expoñer os contidos propios da mesma, os alumnos poderán acceder a enlaces na web que complementan e amplían estes contidos. Desta forma preténdese tamén fomentar a autonomía na formación e a capacidade de análise crítica nos alumnos.
  • Os alumnos realizarán diferentes actividades prácticas sobre os conceptos expostos, que variarán segundo a unidade. Moitas destas actividades serán realizadas coa ferramenta de e-learning implantada na aula virtual do centro, incluíndo diversos cuestionarios sobre os contidos fundamentais das distintas unidades didácticas.
  • En ocasións, o alumnado realizará traballos en grupos, propostos polo profesor.

Temporalización

Na seguinte táboa recóllense as sesións (de 50 minutos) adicadas a cada unha das unidades de traballo nas que se distribúen os contidos da materia:

Unidade didáctica Sesións
U.D. 1: Introdución á informática 10
U.D. 2: Captura e edición de multimedia 20
U.D. 3: As redes locais e o acceso a Internet 8
U.D. 4: As redes sen fíos 5
U.D. 5: Seguridade na Internet 6
U.D. 6: Edición de páxinas web 20
U.D. 7: Publicación e acceso a recursos en Internet 8
U.D. 8: Internet e as redes sociais 8
U.D. 9: Acceso a servizos na Internet 5
U.D. 10: Compartición de recursos nas redes locais 3

Avaliación

Criterios de avaliación

  • Instalou e configurou aplicacións, e desenvolveu técnicas que permitan asegurar sistemas informáticos conectados entre si.
  • Conectou ordenadores e dispositivos móbiles con outros, sen fíos ou con fíos, fixos ou móbiles, para intercambiar información e datos.
  • Obtivo imaxes fotográficas, aplicoulles técnicas de edición dixital e diferenciounas das imaxes xeradas por ordenador.
  • Capturou, editou e montou fragmentos de vídeo e son.
  • Deseñou e elaborou presentacións destinadas a apoiar o discurso verbal na exposición de ideas e de proxectos ou en remoto a clarificar os esquemas da web.
  • Desenvolveu contidos interactivos para a rede aplicando estándares de accesibilidade na publicación da información.
  • Participou en redes sociais virtuais como emisores e receptores de información e iniciativas comúns.
  • Elixiu entre produtos de software e de contidos, tanto de código aberto e comerciais, con funcionalidades similares, os que sexan compatibles co respecto polos dereitos de autor e que mellor se axusten aos requirimentos das publicacións e ás necesidades dos usuarios.

Instrumentos de avaliación

No comezo do curso, o profesor realizará unha avaliación inicial que permitirá coñecer o nivel de coñecementos previos do alumnado, e o interese deste nas áreas abarcadas na materia.

O profesor terá en conta a participación dos alumnos en clase e as respostas sobre conceptos básicos recentemente abordados na mesma. Desta maneira, formarase unha avaliación formativa que permitirá corrixir e mellorar durante o curso os procesos de ensino-aprendizaxe programados.

Os alumnos realizarán probas que englobarán unha ou varias unidades de traballo, en papel ou ordenador, que formarán a avaliación sumativa das unidades da materia, tendo en conta o número de sesións adicadas a cada unha delas. Os alumnos que suspendan algunha unidade de traballo poderán recuperalas mediante unha proba ao final do curso ou do trimestre.

Sistemas de cualificación

Os traballos realizados ao longo do curso tamén formará parte da avaliación final. Os porcentaxes cos que se formará a nota final será:

Parte Porcentaxe
Participación en clase 10%
Probas das unidades didácticas 70%
Traballos 20%

A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultado obtidos seguindo a táboa. Considéranse aprobados aqueles alumnos que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.

Seguimento ao alumnado repetidor

O alumnado repetidor seguirá un programa específico personalizado, orientado á superación das dificultades comunicadas polo seu profesorado titor do curso anterior no Informe de avaliación final. Neste programa o/a alumno/a realizará unha serie de tarefas destinadas a reforzar unha serie de competencias básicas para o seu desenvolvemento no uso da informática a as novas tecnoloxías.

Farase uso dun informe de seguimento para informar do avance do programa específico ao profesorado titor, queo fará chegar ás familias para o seu coñecemento e colaboración.

En todo caso a permanencia un ano máis nun mesmo curso debe ser unha segunda oportunidade para conseguir os obxectivos propostos polo que se terá especial coidado en non sinalar a condición de “repetidor” a este alumnado, agás que se faga en positivo como elemento motivador do saber facer pola experiencia do curso pasado. Aproveitarase así o que este alumnado xa sabe e recorda do curso anterior para guiar unha aprendizaxe cooperativa beneficiosa para todo o grupo, mellorando a súa aprendizaxe e autoestima, evitando a presenza de hábitos de traballo inadecuados e de que a repetición sexa “máis do mesmo” que no curso anterior.

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

A ferramenta da aula virtual do centro favorece o tratamento da diversidade do alumnado, xa que permite unha autonomía por parte do mesmo no seguimento do curso e na realización das tarefas propostas polo profesor.

Desta forma, incluiranse actividades de reforzo (deseño de máis páxinas web sinxelas, edición de imaxes, busca e publicación de recursos en Internet e uso das redes sociais) para o alumnado que presente dificultades na adquisición dos contidos incluídos nas distintas unidades didácticas, co obxectivo de introducilos de forma máis gradual e facilitar así o seguimento do curso por parte deste alumnado.

Por outra banda, poderanse incluír actividades complementarias de maior dificultade (edición de webs con elementos interactivos máis complexos, edición avanzada de imaxes, son e vídeo) para o alumnado de altas capacidades que supere sobradamente os obxectivos marcados nesta programación.

Incorporación da educación en valores

Son varios os temas relacionados directamente coa educación en valores que se abarcarán ao longo do curso, pero destacan os seguintes:

  • O respecto e valoración da propia intimidade e de outras persoas.
  • O respecto polas normas de protección de datos para non publicar información confidencial e legalmente protexida.
  • O cumprimento dos dereitos do autor no acceso e publicación dun recurso.

Fomento da lectura e das TIC

É evidente neste caso a relación directa dos contidos e actividades da materia co fomento das TIC. No tocante ao fomento da lectura, ao longo do curso será intensivo o traballo do alumnado co lectura dixital en distintas linguas, nas distintas actividades propostas nas unidades didácticas, nas que se busca reforzar a capacidade de comprensión e síntese traballando con recursos en formato electrónico.

Seguimento e avaliación da programación

A avaliación formativa que se realizará ao longo do curso mediante cuestións básicas ao alumnado nas clases permitirá ao profesor avaliar a eficacia dos procesos de ensino-aprendizaxe programados, e adoptar as correccións necesarias sobre a planificación establecida na seguinte programación.

Ademais, no remate e cada unidade didáctica o alumnado realizará un cuestionario sobre os distintos contidos da mesma, que permitirá ao profesor analizar a medida na que o alumnado resolve as tarefas máis relevantes da unidade.

Estes dous elementos servirán de base para a avaliación da propia programación didáctica proposta.

Materiais e recursos didácticos

O material que se empregará para o desenvolvemento do curso é o seguinte:

  • Un ordenador para cada alumno.
  • Un ordenador con canón proxector para o profesor.
  • Cables de rede e un switch.
  • Un escanner.
  • Punto de acceso e tarxetas sen fíos.
  • Unha cámara de vídeo.
  • Micrófonos e altofalantes.
  • Software de virtualización, edición de imaxes, son, vídeo, deseño web e realización de presentacións.

O material curricular será elaborado polo profesor e accesible aos alumnos a través da aula virtual en formato wiki, con enlaces a diversas fontes de recursos en Internet.