Diferencia entre revisiones de «Programación xeral do departamento de informática»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 10:42 29 sep 2011

Funcións asumidas polo departamento

O departamento de informática está formado neste curso académico por catro profesores con destino definitivo no centro. Detállase a continuación a carga de docencia asignada ao departamento e o profesorado que a asume.

  • Ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:
    • 1º curso:
      • Módulo de Montaxe e Mantemento de Equipos: Carlos Lorenzo González-Viso
      • Módulo de Aplicacións Ofimáticas: Juan Carlos López Díaz
      • Módulo de Sistemas Operativos Monoposto: Carlos Lorenzo González-Viso
      • Módulo de Redes Locais: Antonio de Andrés Lema
    • 2º curso:
      • Módulo de Aplicacións Web: Nuria Pérez Crespo
      • Módulo de Seguridade Informática: Antonio de Andrés Lema
      • Módulo de Servizos en Rede: Nuria Pérez Crespo
      • Módulo de Sistemas Operativos en Rede: Juan Carlos López Díaz
  • ESO:
    • Materia de informática de 4º curso: Antonio de Andrés Lema

Ademais, dentro do departamento asúmense as seguintes funcións:

  • Titoría de 1º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes:
  • Titoría de 2º curso do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Titoría e coordinación da Formación en Centros de Traballo): Nuria Pérez Crespo
  • Xefatura do departamento: Carlos Lorenzo González-Viso
  • Dinamización das TIC no centro:
  • Coordinación do proxecto Abalar:
  • Mantemento e dinamización da páxina web do centro:

Obxectivos xerais do ciclo de grao medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

Ademais dos obxectivos xerais recollidos nas programacións dos distintos módulos do ciclo, da análise realizada dos resultados das avaliacións feitas en cursos pasados tanto ao alumnado que xa rematou o ciclo como ás empresas que colaboraron na realización da FCT, conclúense os seguintes obxectivos xerais que serán traballados de forma transversal:

  • Comprender e manexar textos técnicos e vocabulario técnico en Inglés.
  • Comprender e asumir hábitos correctos na realización do traballo: Participación activa, limpeza, puntualidade, etc.

Actividades complementarias

Prevese realizar, polo menos, unha saída por trimestre para visitar empresas ou organismos que permitan coñecer a aplicación práctica dos contidos desenvolvidos nas aulas.

As saídas previstas para este curso son as seguintes:

Trimestre Actividade
Visita a TVG (data aínda sen concertar), en Santiago de Compostela
Visita ao SERGAS (data aínda sen concertar), en Santiago de Compostela
Organización do concurso de robots LEGO (data aínda sen concertar), en As Neves
Xornadas de software libre no IES A pinguela (data aínda sen concertar), en Monforte de Lemos
Visita a VODAFONE (data aínda sen concertar), en Vigo
Visita ao hospital de Montecelo (data aínda sen concertar), en Pontevedra