Programación Didáctica do Módulo ASIR-FH

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 16:36 31 oct 2010 de Vieites (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

UD1.- Introdución aos Equipamentos Microinformáticos e aos seus compoñentes

20 Sesións

– CE1.1. Identificáronse e caracterizáronse os dispositivos que constitúen os bloques funcionais dun equipamento microinformático.
– CE1.2. Describiuse o papel dos elementos físicos e lóxicos que interveñen no proceso de posta en marcha dun equipamento.
– CE1.3. Analizouse a arquitectura xeral dun equipamento e os mecanismos de conexión entre dispositivos.

UD2.- O traller de reparacións. Prevención de riscos e protección ambiental

8 Sesións

– CE5.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, utensilios, equipamentos e medios de transporte.
– CE5.2. Operouse cos equipamentos respectando as normas de seguridade.
– CE5.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de equipamentos, ferramentas, etc.
– CE5.4. Describíronse os elementos de seguridade (proteccións, alarmas, pasos de emerxencia, etc.) das máquinas e dos equipamentos de protección individual (calzado , protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.
– CE5.5. Relacionouse a manipulación de equipamentos e ferramentas coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.
– CE5.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación ambiental.
– CE5.7. Clasificáronse os residuos xerados para a súa retirada selectiva.
– CE5.8. Valorouse a orde e a limpeza das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.

UD3.- Ensamblaxe de Sistemas Microinformáticos. Configuración

20 Sesións

– CA1.4. Ensambláronse equipamentos microinformáticos, interpretando a documentación técnica, e verificouse o resultado final.
– CE1.5. Establecéronse os parámetros de configuración (hardware e software) dun equipamento microinformático coas utilidades específicas.

UD4.- Xestión de Discos Duros. Particionamento. Sistemas de Arquivos

20 Sesións

– CE2.3. Utilizáronse ferramentas para facer particións de disco.
– CE4.7.1 Implantáronse sistemas de almacenamento redundante e distribuído (RAID).

UD5.- Instalación e configuración de Sistemas Operativos e software de base

8 Sesións

– CE1.9. Utilizáronse ferramentas de procura vía web para obter documentación, controladores de dispositivos e soporte técnico, e para solucionar erros.
– CE2.1. Catalogáronse os tipos de software segundo a súa licenza, a súa distribución e o seu propósito.
– CE2.2. Analizáronse as necesidades específicas de software asociadas ao uso de sistemas informáticos en diferentes contornos produtivos.
– CE2.4. Instaláronse sistemas operativos e verificouse a súa compatibilidade co hardware do sistema.
– CE2.5. Instaláronse e avaliáronse utilidades para a xestión de ficheiros, recuperación de datos, mantemento e optimización do sistema.
– CE2.6. Instaláronse e avaliáronse utilidades de seguridade básica.
– CE2.7. Instalouse e avaliouse software ofimático e de utilidade xeral.
– CE2.8. Consultouse a documentación e as axudas interactivas.
– CE2.9. Verificouse a repercusión da eliminación, a modificación e a actualización das utilidades instaladas no sistema.
– CE2.10. Probáronse e comparáronse aplicacións portables e non portables.

UD6.- Inventariado de Hardware e de Software

8 Sesións

– CE2.11. Realizáronse inventarios do software instalado e as características da súa licenza.
– CE4.10. Utilizáronse ferramentas de inventariación e rexistráronse as características dos dispositivos de hardware.
– CE4.11. Clasificouse e organizouse a documentación técnica, os controladores, as utilidades e os accesorios do hardware.

UD7.- Creación e Restauración de Imaxes de Sistemas Operativos

16 Sesións

– CE3.1. Recoñeceuse a diferenza entre unha instalación estándar e unha preinstalación ou imaxe de software.
– CE3.2. Identificáronse os soportes de memoria auxiliar adecuados para o almacenamento e a restauración de imaxes.
– CE3.3. Empregáronse diversas utilidades e soportes para realizar imaxes.
– CE3.4. Restauráronse imaxes desde distintas localizacións.
– CE3.5. Identificáronse e probáronse as secuencias de arranque configurables nun equipamento.

UD8.- Ferramentas software e hardware de diagnose e reparación

8 Sesións

– CE1.6. Avaliáronse as prestacións do equipamento empregando utilidades específicas.
– CE1.7. Executáronse utilidades de recoñecemento e diagnóstico.
– CE1.8. Identificáronse e documentáronse avarías e as súas causas.

UD9.- Periféricos de Entrada, de Saída e outros dispositivos auxiliares

4 Sesións

– CE1.10. Clasificáronse os dispositivos periféricos e as súas mecanismos de comunicación.
– CE1.11. Utilizáronse protocolos estándar de comunicación sen fíos entre dispositivos.

UD10.- Hardware específico de centros de procesamento de datos (CPD)

16 Sesións

– CE4.1. Recoñecéronse as diferenzas entre as configuracións de hardware de tipo persoal e empresarial.
– CE4.2. Analizáronse contornos que requiran implantar solucións de hardware específicas.
– CE4.3. Detalláronse compoñentes de hardware específicos para solucións empresariais.
– CE4.4. Analizáronse os requisitos básicos de seguridade física, organización e condicións ambientais dun CPD.
– CE4.5. Implantáronse sistemas de alimentación ininterrompida e estabilizadores de tensión.
– CE4.6. Manipuláronse correctamente dispositivos de almacenamento para solucións empresariais.
– CE4.7.2 Implantáronse en CPDs sistemas de almacenamento redundante e distribuído (RAID).
– CE4.8. Ensamblouse equipamento específico de centros de procesamento de datos interpretando a documentación técnica, e verificouse o resultado final
– CE4.9. Documentáronse procedementos, incidencias e parámetros utilizados na instalación e na configuración de dispositivos hardware.



BC1. Configura equipamentos microinformáticos, compoñentes e periféricos, e analiza as súas características en relación co conxunto.

  • Esquema e estrutura dun computador.
  • Elementos funcionais e subsistemas.
  • Composición dun sistema informático: unidade central de proceso, memoria, subsistema de E/S, tipos de arquitecturas de bus e interfaces.
  • Compoñentes de integración para a ensamblaxe de equipamentos informáticos
–Chasis, alimentación e refrixeración.
–Placas base, procesadores e memorias.
–Dispositivos de almacenaxe. Controladoras.
–Periféricos. Adaptadores para a conexión de dispositivos.
–Mecanismos e técnicas de interconexión.
–Secuencia de arranque dun equipamento: posibilidades.
–Instalación e configuración de dispositivos.
–Normas de seguridade.
  • Manexo de documentación técnica nos idiomas mais empregados pola industria.
  • Webs de soporte técnico.
  • Configuración e verificación de equipamentos.
  • Software incrustado de configuración dun equipamento.
  • Utilidades de prestacións, recoñecemento e diagnóstico.
  • Técnicas de conexión e comunicación.

BC2. Instala software de propósito xeral, e avalía as súas características e os contornos de aplicación

  • Licencias de software.
  • Partición de discos.
  • Sistemas de ficheiros.
  • Instalación e configuración de sistemas operativos libres e propietarios.
  • Xestores de arranque:
–Tipos de aplicacións.
– Aplicacións portables e non portables.
– Instalación e proba de aplicacións.
– Necesidades dos contornos de explotación.
– Requisito das aplicacións.
– Comparación de aplicacións: avaliación e rendemento.
  • Software de propósito xeral:
–Ofimática e documentación electrónica.
–Imaxe, deseño e multimedia.
–Programación.
–Clientes para servizos de internet.
–Software a medida.
  • Utilidades
–Compresores.
–Monitorización e optimización do sistema.
–Xestión de ficheiros e recuperación de datos.
–Xestión de discos. Fragmentación e partición.
–Inventariado de software.
–Seguridade.
–Antivirus, antiespías e devasas (firewalls).

BC3. Analiza e executa procedementos para recuperar o software base dun equipamento, utilizando imaxes almacenadas en memoria auxiliar

  • Imaxes de respaldo.
  • Preparación do sistema para crear e restaurar imaxes de respaldo.
  • Utilidades libres e propietarias para a manipulación de imaxes de respaldo.
  • Creación de imaxes.
  • Recuperación de imaxes.
  • Configuracións de arranque do sistema.


BC4. Implanta hardware específico de centros de procesamento de datos (CPD), e analiza as súas características e as súas aplicacións.

  • Arquitecturas de computadores persoais, sistemas departamentais e grandes computadores.
  • Estrutura dun CPD: organización.
  • Seguridade física.
  • Compoñentes específicos en solucións empresariais:
–Bastidores.
–Servidores en rack e servidores blade.
–Dispositivos de conexión en quente.
–Cabinas de Discos e configuracións RAID.
–Sistemas NAS e SAN.
–Fontes de alimentación.
–Control remoto.
–Dispositivos de copias de seguridade.
  • Arquitecturas de alta dispoñibilidade.
  • Inventariado do hardware: ferramentas e automatización.


BC5. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e identifica os riscos asociados, as medidas e os equipamentos para os previr.

  • Identificación de riscos.
  • Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.
  • Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe e mantemento.
  • Equipamentos de protección individual.
  • Normativa de prevención de riscos laborais.
  • Protección ambiental e tratamento de residuos.