Pool de servidores: Homoxéneos, Heteroxéneos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Unha das funcionalidades que aporta XCP/XenServer é que se poden agrupar varios hosts XCP/XenServer nunha única entidade de xestión. Esta entidade denomínase Pool.

Sv 2013 network 107.jpg

  • Dispor dun Pool favorece:
    • Iniciar MVs en calquera host do pool, icluso o Pool pode escoller iniciala no host menos cargado.
    • Migrar MVs en quente dun host a outro, este proceso coñecese como XenMotion e débese dispoñer de almacenamento externo compartido.
    • Se cae un host, as MVs que estaba executando móvense automáticamente para os outros hosts do Pool. Esta funcionalidade denomínase Alta dispoñibilidade, High Avaialability (HA) e non está dispoñible en XenServer Free Edition e en XCP tampouco ten esa funcionalidade proporcionada por XenServer. Pódese intentar ter HA en XCP facendo uso da ferramenta de HA: DRDB
    • Páxina do proxecto:http://www.drbd.org/
    • Indicación na wiki de XCP:http://wiki.xen.org/wiki/XCP_DRBD


  • Nun Pool un dos hosts actúa como Mestre (Master). Ese host é o que expón o interface de administración de toda a entidade.
  • Se se realiza unha operación no Master, esta reprodúcese nos demais membros.
  • Se o Master cae, entón cae todo o Pool, salvo que se dispoña da funcionalidade HA.
  • Cando se engade un host a un Pool, este herda:
    • os SRs externos dos que dispoña o Pool, pero para que sexan efectivos ese host debe dispoñer dos mesmos camiños para chegar aos recursos de almacenamento.
    • As redes (Switches Virtuais) que teña o pool.
    • Esta é a razón pola que no escenarios anteriores xcp00 se foi cargando de cousas (Rede, Almacenamento) para cando sexa o Master dun Pool observar que pasa co host que se una a ese Pool.


  • Os Pools pode dividirse en:
    • Homoxéneos: As CPUs dos hosts son do mesmo tipo, modelo e funcionalidades.
    • Heteroxéneos: Cando as CPUs non son do mesmo tipo. Neste caso hai que engadir o equipo ao Pool a través de xsconsole ou CLI xe.
      • XenServer Free Edition non pode crear Pools Heteroxéneos


  • Para engadir elementos a un Pool:
    • Estes debe estar correndo a mesma versión de XEN, e as mesmas actualizacións.
    • Non é membro doutro Pool.
    • Non usa almacenamento compartido (remoto)
    • Non ten MVs funcionando o suspendidaas
    • Non hai operacións activas no momento da unión.
    • Revisar que os reloxos estean sincronizados
    • O Management Interface non debe estar en Bonding (Pódese configurar despois de unirse ao Pool)
  • Os membros dun Pool:
    • Poden ter diferente número de NICs.
    • Almacenamento propio local e de distintos tamaños.


Sv 2013 network 119.jpg


Pool homexéneo

  • A continuación vaise crear unha nova MV, xcp01 coas mesmas características que xcp00.

Instalar xcp01: Host que se vai unir ao Pool

  • Crear unha MV, xcp01 do mesmo xeito que se creou xcp00:
    • 3 tarxetas de rede en modo promiscuo.
      • 1ª e 2ª en modo Ponte.
      • En modo Rede Interna.
    • Mesmo número de CPUS e mesmas funcionalidades.
    • Memoria RAM non ten porque ser igual. Nesta práctica vaise asignar 1 GB a xcp01. Quen o desexe pode configurar en función das súas posibilidades.

Crear Pool Homoxéneo

  • O escenario 6.J pode resultar lioso, pero se se analiza con detemento, pódese observar que cando xcp01 forme parte do Pool cuxo máster é xcop00, xcp01 vai herdar as configuracións de rede e de SRs do máster, isto é do Pool.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 J.jpg


Operacións con MVs nun Pool

  • Imos ver que cousas se poden realizar coas MVs.
  • Agora podemos mover discos de MVs entre os almacenamentos locais dos 2 hosts, por exemplo, incluso en quente.

Inicio e Migración (XenMotion)

Onde se inicia unha MV?

Crear MVs

A Rede no Pool

Apagar o Pool

Pool Heteroxéneo

  • O escenario anterior está moi completo (Distintas Redes, SRs e MVs), como para forzalo a estar nun Pool heteroxéneo.
  • Para esta ocasión imos crear un novo host xcp02 en VirtualBox e tratar de unilo ao Pool no que o host real xcpA é o Master.
  • Vaise usar un so NIC para todo tipo de tráfico (Xestión, Almacenamento e MVs).
  • Nun Pool heteroxéno, pode ser que a migración de MVs entre os hosts (XenMotion) cause estados de erro na MV a migrar.
  • O escenario 6.K amosa dun modo sinxelo como vai estar formado o Pool heteroxéneo.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 06 K.jpg

Configuración inicial dos hosts

Crear Pool Heteroxéneo

Engadir SRs

  • No caso anterior creamos o Pool despois de que o Master xa tiña creados varios SRs.
  • Nesta ocasión imos crear un SR NFS VHD despois de crear o Pool.

Operacións con MVs

  • Pódense realizar as mesmas operacións con MVs que non Pool Homoxéneo, salvo a Migración que pode causar problemas á MV Migrada.
  • Neste exemplo do material ...




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez