https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Planificador_de_tarefas:_cron&feed=atom&action=historyPlanificador de tarefas: cron - Historial de revisiones2024-03-29T01:44:20ZHistorial de revisiones de esta página en el wikiMediaWiki 1.36.2https://manuais.iessanclemente.net/index.php?title=Planificador_de_tarefas:_cron&diff=61346&oldid=prevAntonio: /* Tarefas programadas de usuarios */2017-01-17T00:04:06Z
Tarefas programadas de usuarios

Página nueva

[[Imagen:Platega_U910_Server_Cron_00.jpeg|right|thumb|200px|Chronos esperando no [http://es.wikipedia.org/wiki/Cementerio_monumental_de_Staglieno Cemiterio Monumental Xenovés de Staglieno].]]

Para programar/planificar tarefas con certa periodicidade ou en certas datas en GNU/Linux úsase o servizo [http://es.wikipedia.org/wiki/Cron_(Unix) cron]. O nome de '''cron''' vén do grego [http://es.wikipedia.org/wiki/Chronos Chronos].

==Introdución==

*'''Cron''' é un servizo que corre en segundo plano e que executa tarefas cada certo tempo (''/etc/init.d/cron'').

*'''Cron''' le ficheiros chamados '''crontab''' (CRON TABle), nos que se almacenan as tarefas a executar e cando se deben executar.

*Cada usuario pode ter o seu propio ficheiro '''crontab''', onde pode especificar as accións que desexa levar a cabo e as veces que deberían ser executadas. Ollo!!! as accións que se especifiquen levaranse a acabo se o usuario ten permisos para realizalas e se ten permitido ter un ficheiro '''crontab''' (Por defecto todo usuario ten dereito).

**Se o usuario non está logueado realizaranse igualmente as tarefas especificadas no seu ficheiro '''crontab'''.

**Os ficheiros '''crontab''' de cada usuario almacénase en '''/var/spool/cron/crontabs/<nome de usuario> '''.

**Existe, tamén, un ficheiro '''crontab do sistema''', este almacénase en '''/etc/crontab'''. Nel, ao igual que nos outros, indícanse as tarefas a realizar, cando executalas e '''usuario''' que as debe executar.

*'''Os usuarios que poden, ou non, executar tarefas programadas están nas seguintes listas:

**'''/etc/cron.allow''' (permitir)

** '''/etc/cron.deny''' (denegar)

**Estes dous ficheiros non existen inicialmente nun sistema Debian, por tanto todo usuario pode executar tarefas programadas. Tan pronto como exista un deses ficheiro aplícase a permisión/denegación:

***Existe /etc/cron.allow e non /etc/cron.deny: só poden executar cron os usuarios que estean no ficheiro cron.allow.

***Existe /etc/cron.deny e non /etc/cron.allow: só poden executar cron os usuarios que NON estean no ficheiro cron.deny.

***Non existe ningún: todo usuario pode executar cron.

*No directorio '''/etc/cron.d/''' pódese almacenar ficheiros tipo crontab co mesmo formato quen ten o ficheiro /etc/crontab. É máis aconsellable crear crontabs en /etc/cron.d/ que modificar o ficheiro /etc/crontab, porque este pode ser modificado cando se realicen actualizacións de cron.

*Se está instalada a utilidade '''[https://linux.die.net/man/8/anacron anacron]''' executaranse tódalas tarefas almacenadas en: ''/etc/cron.hourly'', ''/etc/cron.dayly'', ''/etc/cron.weekly'' e ''/etc/cron.monthly''. A diferenza de '''cron''', se o ordenador estivo a apagado, ao acender mira se algunha tarefa deses directorios non foi executada no seu momento e procede con ela.

*O servizo de ''cron'' cada minuto revisa o ficheiro /etc/crontab e o contido das carpetas /var/spool/cron/crontabs, /etc/cron.hourly, /etc/cron.dayly, /etc/cron.weekly, /etc/cron.monthly e /etc/cron.d e se hai cambios, estes son cargados en memoria. Por iso, non é preciso reiniciar o servizo de ''cron'' cada vez que se modifique un ficheiro ''crontab''.

[[Imagen:aprende.png|left]]'''TAMÉN PODES VER...'''

Pódese atopar axuda en:

*man cron

*man crontab (axuda do comando).

*man 5 crontab (axuda do formato do ficheiro).

==Estrutura dos ficheiros crontab==

*Cada ficheiro '''crontab''', ben do usuario ou ben do sistema, ten a maior parte das veces unha estrutura interna como a que segue:

# m h dom mon dow user command

'''m:''' minutos 0-59

'''h:''' hora 0-23

'''dom:''' día do mes 1-31

'''mon:''' mes 1-12 (ou 3 primeiras letras do nome)

'''dow:''' día da semana: 0-7 (0 ou 7 é Domingo, ou 3 primeiras letras do nome)

'''user:''' usuario que executa o comando: non existe nos '''crontab de usuario''' (/var/spool/cron/crontabs/<nome usuario>).
Si existe no '''crontab do sistema''' (/etc/crontab).

'''command:''' comando a executar.

A seguinte imaxe pode clarificar un chisco máis a estrutura e os posibles valores:

[[Imagen:Platega_U910_Server_Cron_01.png|600px|frame|[http://www.linuxconfig.org/Linux_Cron_Guide Imaxe] tomada de http://www.linuxconfig.org]]

*Neste caso, esta sería a configuración do '''crontab do sistema''' (/etc/crontab), pois ten o campo '''usuario'''.

*Notar que cando se indica un asterisco ('''*''') o campo toma todos os valores do rango, do primeiro ao último.

*Están permitidas listas (usar comas ,), rangos (usar guións -) ou saltos (usar barra /) de números en cada un dos campos. Exemplos para o campo minutos:

**'''1,5,7,20:''' a tarefa executarase neses minutos.

**'''0-5:''' a tarefa executarase cada minuto, dende o minuto 0 ate o 5, ambos inclusive.

**'''0-6, 10-13,40:''' combinación dos 2 anteriores.

**'''*/15:''' a tarefa executarase cada 15 minutos.

**'''0,15,30,45:''' fai o mesmo que o anterior.

**'''0-11/2:''' a tarefa executarase cada 2 minutos dende o minuto 0 ó 10 (incluídos).

**'''0,2,4,6,8,10:''' fai o mesmo que anterior liña.

*Observar que o campo día está determinado por dous campos: dom (día do mes) e dow (día da semana). Se os dous teñen valor, o comando executarase cando CALQUERA dos campos coincidan co momento correcto. Exemplo:

# m h dom mon dow command

30 4 1,15 * 5 comando

O comando executárase ás 4:30 am, os días 1 e 15 de cada mes ou calquera venres á mesma hora.

*No canto dos cinco primeiros campos pode aparecer unha das 8 cadeas especiais:

cadea significado m h dom mon down

@reboot Executar unha vez ó iniciar.

@yearly Executar unha vez ó ano, o 01/01/ano.= “0 0 1 1 *".

@annually O mesmo que @yearly.

@monthly Executar unha vez ó mes, o 01/mes/ano.= "0 0 1 * *".

@weekly Executar unha vez á semana, o Domingo.= "0 0 * * 0".

@daily Executar unha vez ó día, ás 12 da noite.= "0 0 * * *".

@midnight O mesmo que @daily.

@hourly Executar cada hora en punto.= "0 * * * *".

===Envío de correo===

*'''cron''' envía ao usuario dono da tarefa (root@localhost, usuario@localhost) que se executa programadamente un correo coa saída da tarefa ou dos comandos da tarefa, se teñen. Para que se poida facer o envío do correo hai que ter instalada unha utilidade de mail.

*''cron'' envia o correo ao dono da tarefa, coa saída desta, ou a quen se especifique no parámetro '''MAILTO''' do ficheiro ''crontab''.

*Que facer no caso de ter unha utilidade de mail e non se desexa que cron estea enviando unha mensaxe de correo coa saída da tarefa cada vez que se executa?:

** '''comando &> /dev/null''' ou '''comando > /dev/null 2>&1''': envía a saída do comando/erros a /dev/null.

** '''comando >> ruta/saida.txt 2>&1''': envía a saída do comando/erros ó ficheiro saida.txt

**'''MAILTO=””''': definir o parámetro do ficheiro '''crontab''' a nada, e enviaráselle o correo á '''ninguén'''.

==Variables de entorno==

*Algunhas variables de entorno son iniciadas polo servizo ''cron''. Cando se lanza unha tarefa programada estes son os seus valores por defecto.

**'''HOME'''= colle o valor do ficheiro ''/etc/passwd'' do dono do crontab.

**'''LOGNAME'''= colle o valor do ficheiro ''/etc/passwd'' do dono do crontab.

**'''PATH'''=/usr/bin:/bin

**'''SHELL'''=/bin/sh

Estes valores poden ser modificados ao inicio dun ficheiro crontab. E poden ser definidas outras novas variables, como: ''LANG'', que por defecto é inglés. Se se desexase que a ''locale'' estivese en galego, indicar ao inicio do crontab:

LANG=gl_ES.UTF-8

===Exemplos de ficheiros crontab===

Antes de entrar en materia e realizar tarefas programadas véxanse algúns exemplos destas. Ao final destes exemplos creranse varias tarefas programadas.

*'''Exemplo de Ficheiro crontab dun usuario: /var/spool/cron/crontabs/<usuario>''':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

# Un ficheiro de usuario debe ser editado co comando crontab, logo verase.

#Usar /bin/bash para executar os comandos, no canto do shell por defecto: /bin/sh

SHELL=/bin/bash

# Enviar un correo, se estivera configurado, coa saída dos comandos a tres

# usuarios, o último é un usuario local. Non importa que sexa o dono do crontab

MAILTO=usuario@edu.xunta.es, user@gmail.com, usuario_local

# Executa o script ''"diario.job"'', tódolos días, cada 5 minutos, despois da media

# noite. A súa saída non é enviada ó correo senón que se envía ó ficheiro

# saida.txt

5 0 * * * $HOME/bin/diario.job >> $HOME/saida.txt 2>&1

# Execútase a tarefa monthly ás 2:15pm do primeiro de cada mes, e envíase un

# correo coa súa saída ós tres destinatarios de MAILTO.

15 14 1 * * $HOME/bin/monthly

# Enviar un corre a xose as 10 pm ós días de semana:

0 22 * * 1-5 mail -s "Son as 10pm" xose%Xose,%%Onde están os nenos?%

# Envía a saída do comando echo ós tres de MAILTO, tódolos días, cada 2 horas,

# 23 minutos despois da hora.

23 0-23/2 * * * echo "run 23 minutes after midn, 2am, 4am ..., everyday"

# Envía a saída do comando echo ós tres de MAILTO, cada domingo ás 4:05 am.

# 23 minutos despois da hora.

5 4 * * sun echo "run at 5 after 4 every sunday"

# Envía o erro da saída do comando mkdir /u ós tres de MAILTO, cada minuto.

# Un usuario calquera non ten, por defecto, permisos para crear na raíz.

# A mensaxe que enviaría sería algo como isto:

# mkdir: non se pode crear o directorio "/u": Permission denied

* * * * * mkdir /u

</syntaxhighlight>

*'''Exemplo de Ficheiro crontab de sistema: /etc/crontab''':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

# Este ficheiro, ao igual que os crontabs que se creen dentro de /etc/cron.d/,

# ten un campo de usuario, que indica que usuario executa ese comando.

# Este ficheiro ou os crontabs de /etc/cron.d/ edítanse á man sen usuar o

# comando crontab, como se verá máis adiante.

# Non se recomenda que se modifique o ficheiro /etc/crontab, pois se se

# actualiza o cron, pode ser que se actualice este ficheiro. Para tarefas

# programadas do sistema créense ficheiros crontabs en /etc/cron.d/

# Este é o contido real de /etc/crontab.

#Definición de variables de entorno.

SHELL=/bin/sh

PATH=/usr/local/sbin:/usr/local/bin:/sbin:/bin:/usr/sbin:/usr/bin

# run-parts: executa programas ou scripts dun directorio.

# m h dom mon dow user command

17 * * * * root cd / && run-parts --report /etc/cron.hourly

# Comproba se existe o comando '''anacron''' run

25 6 * * * root test -x /usr/sbin/anacron || ( cd / && run-parts --report /etc/cron.daily )

47 6 * * 7 root test -x /usr/sbin/anacron || ( cd / && run-parts --report /etc/cron.weekly )

52 6 1 * * root test -x /usr/sbin/anacron || ( cd / && run-parts --report /etc/cron.monthly )

# A modo de exemplo vaise engadir unha entrada neste ficheiro, cousa non

# aconsellable, é mellor crear un ficheiro tipo crontab en /etc/cron.d/

MAILTO=usuario@edu.xunta.es, user@gmail.com, usuario_local

# Envía a saída do comando (o espazo que consumen as carpetas persoais dos

# usuarios LDAP) ós tres de MAILTO. Ás 2am de cada día.

* 2 * * * root du -h --max-depth=1 /home/iescalquera

</syntaxhighlight>

==Crear tarefas programadas: liña comandos==

Vistos os exemplos anteriores vanse realizar varias tarefas programadas en ''dserver00''.

===Tarefas programadas de usuarios===

Usar o comando '''crontab''':

'''crontab [-u usuario] { -e | -l | -r }'''

# Parámetros

# '''-u:''' para editar o crontab dun usuario distinto ó actual.

# '''-e:''' edita o ficheiro crontab de usuario

# '''-l:''' lista o ficheiro crontab de usuario

# '''-r:''' borra o ficheiro crontab de usuarios

*'''A miña primeira tarefa programada:'''

Crear unha tarefa programada que cada minuto escriba nun ficheiro o nome do usuario, o seu ''home'', e a data completa.

*En '''dserver00''', entramos co usuario administrador ou nos pasamos a el dende root

'''su - administrador

Editamos o ficheiro crontab do usuario ''administrador''. Non hai en ''/var/spool/cron/crontabs'' ningún ficheiro crontab para o administrador así que o comando vai crear un ficheiro novo automaticamente usando o comando ''nano'':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

administrador@dserver00:~$ crontab -e

</syntaxhighlight>

Na tarefa programada introducir:

# m h dom mon dow command

* * * * * echo "$LOGNAME, $HOME " `date`>>ficheiro.txt

*Notar que ao ficheiro non se lle puxo a ruta. A ruta que tomará por defecto é o home do usuario, pois esa tarefa execútase no contorno do usuario administrador. Sería equivalente a escribir ''$HOME/ficheiro.txt''.

*En '''/var/spool/cron/crontabs/administrador''' foi onde se gardou o contido da tarefa programada do usuario administrador. Podemos vela usando o usuario ''root'':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

root@dserver00:/home/administrador# ls /var/spool/cron/crontabs/ -l

total 4

-rw------- 1 administrador crontab 1153 Mai 9 00:59 administrador

</syntaxhighlight>

*Pasados uns minutos:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

administrador@dserver00:~$ cat ficheiro.txt

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:00:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:01:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:02:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:03:01 CEST 2014

administrador@dserver00:~$ date

Ven Mai 9 01:04:09 CEST 2014

</syntaxhighlight>

*Notar como o comando date executado na tarefa programada pon o día en galego. Imos configurar un idioma diferente.

*Configurar a variable de entorno na tarefa programada.

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

administrador@dserver00:~$ crontab -e

</syntaxhighlight>

Engadir: LANG=gl_ES.UTF-8 (revisar o comando ''locale'').

LANG=es_ES.UTF-8

# m h dom mon dow command

* * * * * echo "$LOGNAME, $HOME " `date`>>ficheiro.txt

*Pasados uns minutos, observar a última liña.

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

administrador@dserver00:~$ cat ficheiro.txt

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:00:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:01:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:02:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:03:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador Ven Mai 9 01:04:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador vie may 9 01:05:01 CEST 2014

</syntaxhighlight>

*''' A segunda tarefa programada: script'''

Trátase de facer o mesmo que no caso anterior, pero que o comando a executar sexa un script:

nano diahora.sh

*Editar o seu contido:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

#!/bin/bash

echo "$LOGNAME, $HOME " `date`>>ficheiro2.txt

</syntaxhighlight>

*Editar o crontab de administrador e modificar o seu contido:

crontab -e

*Editar contido:

LANG=es_ES.UTF-8

# m h dom mon dow command

* * * * * sh diahora.sh # Segunda tarefa

*Pasados uns minutos:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

administrador@dserver00:~$ cat ficheiro2.txt

administrador, /home/administrador vie may 9 01:16:01 CEST 2014

administrador, /home/administrador vie may 9 01:17:01 CEST 2014

</syntaxhighlight>

*'''Terceira tarefa programada'''

Quérese recibir un correo cada minuto coa mesma información anterior e ademais co contido de /root.

*Crear un script:

nano diahora_mail.sh

*Contido:

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

#!/bin/bash

echo "$LOGNAME, $HOME " `date`

ls /root

</syntaxhighlight>

*Observar que as saídas dos comandos non se redireccionan a ningures. Ademais o usuario administrador non ten permisos para ver o contido de /root.

*Editar o crontab de administrador e modificar o seu contido:

crontab -e

*Editar contido:

LANG=gl_ES.UTF-8

# m h dom mon dow command

* * * * * sh diahora_mail.sh # Terceira tarefa

*Pasado un minuto, consultamos o ''mail'' do usuario administrador co comando '''mail''':

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

administrador@dserver00:~$ mail

Mail version 8.1.2 01/15/2001. Type ? for help.

"/var/mail/administrador": 1 message 1 new

>N 1 root@derver00.ies Fri May 09 01:21 23/1059 Cron <administrador@dserver

& 1

Message 1:

From administrador@derver00.iescalquera.local Fri May 09 01:21:02 2014

Envelope-to: administrador@derver00.iescalquera.local

Delivery-date: Fri, 09 May 2014 01:21:02 +0200

From: root@derver00.iescalquera.local (Cron Daemon)

To: administrador@derver00.iescalquera.local

Subject: Cron <administrador@dserver00> sh diahora_mail.sh

Content-Type: text/plain; charset=UTF-8

X-Cron-Env: <LANG=es_ES.UTF-8>

X-Cron-Env: <SHELL=/bin/sh>

X-Cron-Env: <HOME=/home/administrador>

X-Cron-Env: <PATH=/usr/bin:/bin>

X-Cron-Env: <LOGNAME=administrador>

Date: Fri, 09 May 2014 01:21:02 +0200

administrador, /home/administrador vie may 9 01:21:01 CEST 2014

ls: no se puede abrir el directorio /root: Permiso denegado

&q

</syntaxhighlight>

*Observar como amosa a saída dos dous comandos:

**echo, saída correcta

**ls /root: saída con erros, porque o usuario non pode acceder a /root.

===Editar tarefas programadas doutros usuarios===

Só o pode facer o administrador do sistema (root ou pertencentes a sudoers).

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

root@dserver00:~# crontab -u sol -e

no crontab for sol - using an empty one

crontab: installing new crontab

root@dserver00:~# ls /var/spool/cron/crontabs/ -l

total 8

-rw------- 1 administrador crontab 1145 Mai 9 01:26 administrador

-rw------- 1 sol crontab 1153 Mai 9 01:27 sol

</syntaxhighlight>

==Borrar tarefas programadas de usuarios==

<syntaxhighlight lang="bash" enclose="div">

root@dserver00:~# crontab -u sol -r

root@dserver00:~#

root@dserver00:~# ls /var/spool/cron/crontabs/ -l

total 4

-rw------- 1 administrador crontab 1145 Mai 9 01:26 administrador

</syntaxhighlight>

==Tarefas programadas de sistema==

Estas poden ser creadas cun editor calquera, modificando o ficheiro '''/etc/crontab''' ou creando un ficheiro crontab no directorio '''/etc/cron.d/'''. Isto último é o aconsellable. Lembrar que hai que especificar o usuario.

Se se desexa que se execute un script, este debe residir nun sitio accesible para o usuario que o executa.

Exemplo de entradas en /etc/crontab ou /etc/cron.d/tarefa

'''nano /etc/cron.d/tarefa

*O contido

# m h dom mon dow user command

* * * * * administrador echo ola>>ficheiro4.txt

30 23 * * * root /usr/local/sbin/backup.sh

@reboot root ntpdate es.pool.ntp.org

-- [[Usuario:antonio| Antonio de Andrés Lema]] e [[Usuario:Carrion| Carlos Carrión Álvarez]]
Antonio