Planificación e Administración de Redes (Ciclo ASIR)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 11:54 21 sep 2011 de Arribi (discusión | contribuciones)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Planificación e Administración de Redes

  • Curso: 1º
  • Duración: 213 horas
  • Profesorado: informática
  • Contidos

RA1. Recoñece a estrutura das redes de datos, e identifica os seus elementos e os seus principios de funcionamento

– CA1.1. Identificáronse os factores que impulsan a continua expansión e evolución das redes de datos.
– CA1.2. Describíronse as arquitecturas de rede e os seus niveis.
– CA1.3. Describiuse o funcionamento das pilas de protocolos nas arquitecturas de rede.
– CA1.4. Recoñecéronse os tipos de rede e as súas topoloxías.
– CA1.5. Presentáronse e describíronse os elementos funcionais, físicos e lóxicos das redes de datos.
– CA1.6. Diferenciáronse os medios de transmisión utilizados nas redes.
– CA1.7. Describiuse o concepto de protocolo de comunicación.
– CA1.8. Diferenciáronse os dispositivos de interconexión de redes atendendo ao nivel funcional en que se encadren.

RA2. Integra computadores e periféricos en redes con cables e sen fíos, e avalía o seu funcionamento e as súas prestacións

– CA2.1. Identificáronse os estándares para redes con cables e sen fíos.
– CA2.2. Montáronse cables directos, cruzados e de consola.
– CA2.3. Utilizáronse comprobadores para verificar a conectividade de diversos tipos de cables.
– CA2.4. Utilizáronse protocolos de direccionamento lóxico para asignar enderezos de rede e máscaras de subrede.
– CA2.5. Configuráronse adaptadores de rede baixo distintos sistemas operativos.
– CA2.6. Integráronse dispositivos en redes, comprobándose a súa conectividade sobre distintas configuracións.
– CA2.7. Utilizáronse aplicacións para representar o mapa físico e lóxico dunha rede.
– CA2.8. Montáronse redes de área local con cables e sen fíos.
– CA2.9. Monitorizouse a rede mediante aplicacións baseadas no protocolo SNMP.
Integración de elementos nunha rede:
  • Medios físicos.
  • Largura de banda e taxa de transferencia.
  • Cables metálicos (coaxial, STP e UTP).
  • Armarios.
  • Canaletas.
  • Factores físicos que afectan á transmisión.
  • Conexión sen fíos. Espectros de onda de microondas e radio: topoloxías. Asociación e autenticación na WLAN.
  • Direccionamento.
  • Dominios de colisión e de “broadcast”.
  • Enderezos IPv4 e máscaras de rede.
  • Direccionamento dinámico (DHCP).
  • Adaptadores con fíos e sen fíos: instalación e configuración.
  • Tecnoloxías Ethernet.
  • Tecnoloxías de redes sen fíos.
  • Monitorización de redes. Protocolo SNMP.

RA3. Administra conmutadores establecendo opcións de configuración para a súa integración na rede

– CA3.1. Interpretouse a documentación técnica de distintos conmutadores nos idiomas máis empregados pola industria.
– CA3.2. Conectáronse conmutadores entre si e coas estacións de traballo.
– CA3.3. Interpretouse a información que achegan os indicadores LED do conmutador.
– CA3.4. Utilizáronse diversos métodos para acceder ao modo de configuración do conmutador.
– CA3.5. Identificáronse os ficheiros que gardan a configuración do conmutador.
– CA3.6. Administrouse a táboa de enderezos MAC do conmutador.
– CA3.7. Configurouse a seguridade do porto.
– CA3.8. Actualizouse o sistema operativo do conmutador.
– CA3.9. Utilizáronse os comandos proporcionados polo sistema operativo do conmutador.
– CA3.10. Verificouse o funcionamento do STP (“spanning tree protocol”) nun conmutador.
– CA3.11. Modificáronse os parámetros que determinan o proceso de selección da ponte raíz.
Configuración e administración de conmutadores:
  • Manexo da documentación técnica de conmutadores.
  • Segmentación da rede: vantaxes.
  • Conmutadores e dominios de colisión e “broadcast”.
  • Conexión ao conmutador para a súa configuración.
  • Configuración do conmutador.
  • Configuración estática e dinámica da táboa de enderezos MAC.
  • Actualización do conmutador.
  • Ferramentas de administración do conmutador gráficas e de texto.
  • Protocolos específicos.

RA4. Administra as funcións básicas dun encamiñador (router) e establece opcións de configuración para a súa integración na rede

– CA4.1. Interpretouse a documentación técnica de distintos encamiñadores nos idiomas máis empregados pola industria.
– CA4.2. Interpretouse a información que proporcionan os indicadores LED do encamiñador.
– CA4.3. Utilizáronse distintos métodos para acceder ao modo de configuración do encamiñador.
– CA4.4. Identificáronse as etapas da secuencia de arranque do encamiñador.
– CA4.5. Utilizáronse os comandos para a configuración e a administración básica do encamiñador.
– CA4.6. Identificáronse os ficheiros que gardan a configuración do encamiñador e xestionáronse mediante os comandos correspondentes.
– CA4.7. Configuráronse rutas estáticas.
– CA4.8. Utilizáronse os comandos proporcionados polo sistema operativo do encamiñador que permitan facer o seguimento de posibles incidencias.
– CA4.9. Configurouse o encamiñador como servidor de enderezos IP dinámicos.
– CA4.10. Describíronse as capacidades de filtraxe de tráfico do encamiñador.
– CA4.11. Utilizáronse comandos para xestionar listas de control de acceso.
Configuración e administración básica de encamiñadores:
  • Encamiñadores nas LAN e nas WAN.
  • Compoñentes do encamiñador.
  • Xeitos de conexión ao encamiñador para a súa configuración inicial.
  • Comandos para configuración e para administrador do encamiñador.
  • Configuración do encamiñamento estático.
  • Definición e localización de listas de control de acceso (ACL).

RA5. Configura redes locais virtuais e identifica o seu campo de aplicación

– CA5.1. Describíronse as vantaxes do uso de redes locais virtuais (VLAN).
– CA5.2. Implementáronse VLAN.
– CA5.3. Realizouse o diagnóstico de incidencias en VLAN.
– CA5.4. Configuráronse enlaces troncais.
– CA5.5. Utilizouse un encamiñador para interconectar diversas VLAN.
– CA5.6. Describíronse as vantaxes do uso de protocolos de administración centralizada de VLAN.
– CA5.7. Configuráronse os conmutadores para traballar consonte os protocolos de administración centralizada.
Configuración de redes virtuais:
  • Deseño de redes locais a tres capas (núcleo, distribución e acceso).
  • Implantación e configuración de redes virtuais.
  • Definición de enlaces troncais nos conmutadores e nos encamiñadores: protocolo IEEE802.1Q.

RA6. Realiza tarefas avanzadas de administración de rede utilizando protocolos dinámicos de encamiñamento

– CA6.1. Identificáronse as diferenzas entre distintos protocolos de encamiñamento

interior.

– CA6.2. Configuráronse protocolos de encamiñamento interior.
– CA6.3. Configuráronse redes con protocolos de encamiñamento interior.
– CA6.4. Valorouse a necesidade de utilizar máscaras de lonxitude variable en IPv4.
– CA6.5. Dividiuse unha rede principal en subredes de distintos tamaños con VLSM.
– CA6.6. Realizáronse agrupacións de redes con CIDR.
– CA6.7. Realizouse o diagnóstico de fallos nunha rede que utiliza protocolos dinámicos de encamiñamento.
Configuración e administración de protocolos dinámicos:
  • Protocolos encamiñables e protocolos de encamiñamento (interior e exterior).
  • Encamiñamento sen clase.
  • Subdivisión de redes e uso de máscaras de lonxitude variable (VLM).
  • Protocolo RIPv2 en comparación con RIPv1.
  • Configuración e administración de RIPv1 e de RIPv2.
  • Configuración e administración de OSPF.

RA7. Conecta redes privadas a redes públicas aplicando diversas tecnoloxías

– CA7.1. Describíronse as vantaxes e os inconvenientes do uso da tradución de enderezos de rede (NAT).
– CA7.2. Utilizouse NAT para realizar a tradución estática e dinámica de enderezos de rede.
– CA7.3. Describíronse as características das tecnoloxías de redes públicas máis empregadas.
– CA7.4. Describíronse as características da tecnoloxías de redes sen fíos de área extensa.
– CA7.5. Describíronse as características das tecnoloxías de comunicación para dispositivos móbiles.
Configuración do acceso a internet desde unha LAN:
  • Direccionamento interno e externo.
  • NAT orixe e NAT destino.
  • NAT estático, dinámico, de sobrecarga (PAT) e inverso.
  • Configuración de NAT.
  • Diagnóstico de incidencias de NAT.
  • Configuración de PAT.