Diferencia entre revisiones de «PDM Avanzado Captura de Audio»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 23:16 26 feb 2015

Introducion

Nesta parte imos aprender como capturar audio dende Android.

A clase que imos utilizar é a Clase MediaRecorder.

Podedes ver os formatos de audio soportados en: http://developer.android.com/guide/appendix/media-formats.html

Nota: Poderíamos usar a clase AudioRecord pero como non imos procesar e analizar o audio capturado e polo tanto non a usaremos.


Para facelo necesitaremos engadir unha serie de permisos ó arquivo AndroidManifiest.xml.

  • Permiso para capturar audio.
    <uses-permission android:name="android.permission.RECORD_AUDIO"/>


  • Permiso para gardar o audio capturado na tarxeta SD.
    <uses-permission android:name="android.permission.WRITE_EXTERNAL_STORAGE"/>

Clase MediaRecorder

Os pasos que temos que dar para capturar audio son os seguintes:

  • Crear un obxecto da clase MediaRecorder.
 private MediaRecorder mediaRecorder;
 ...........
 mediaRecorder = new MediaRecorder();
  • Establecer de onde vén a fonte de audio. O normal é que sexa do MIC da cámara web. Isto se fai chamando ó método setAudioSource(fonte) onde fonte é unha constante que atopades en MediaRecorder.AudioSource.XXXXX.
mediaRecorder.setAudioSource(MediaRecorder.AudioSource.MIC);
  • Establecer o formato de saída, chamando ó método setOutputFormat(formato) onde formato é unha constante que se atopa en MediaRecorder.OutputFormat.XXX
mediaRecorder.setOutputFormat(MediaRecorder.OutputFormat.THREE_GPP);
PDM Avanzada Multimedia Reprod 10.jpg
Imaxe obtida de http://developer.android.com/guide/appendix/media-formats.html

A columna de Supported File Type indica o formato de saída. No noso caso usaremos MediaRecorder.OutputFormat.TREE_GPP.


  • Optativo: Establecer o tempo máximo de gravación chamando o método setMaxDuration(int mseg) do obxecto MediaRecorder.

Nos imos poñer 10000 (10 segundos).

mediaRecorder.setMaxDuration(10000);
  • Optativo: Indicar a tasa de bit´s, chamando ó método setAudioEncodingBitRate(int valor).

Os permitidos o tedes no na imaxe anterior.

Nota: A cantidade de bit´s vai establecer a calidade do audio capturado.

Algúns valores típicos:

  • Tasas de bits de compresión a MP3:
4 kbit/s Mínimo para recoñecer a fala.
8 kbit/s Calidade telefónica convencional
32 kbit/s Radio AM
96 kbit/s Radio FM
128 kbit/s Son calidade semi CD, muy común en MP3
192 kbit/s Son calidade CD en formato MP3
320 kbit/s Máxima calidade para formato MP3

Nos imos probar con 32 * 1024 = 32768

mediaRecorder.setAudioEncodingBitRate(32768);
  • Optativo: Indicar a frecuencia de muestreo, chamando ó método setAudioSamplingRate(int valor).

ATENCION: No emulador este valor non pode ser superior a 8000.

PDM Avanzada Multimedia Reprod 11.jpg

Máis información: http://es.wikipedia.org/wiki/Frecuencia_de_muestreo

Un exemplo, no caso de calidade CD o simplerate é de 44,1Khz. No noso caso o valor estará limitado pola táboa de formatos de audio. Por exemplo AAC está limitado entre 8Khz e 96Khz, AMR_NB só a 8Khz e AMR_WB a 16Khz.

Nos imos probar con 8000 (8Khz) pola limitación do emulador.

mediaRecorder.setAudioSamplingRate(8000); // No emulador só 8000


  • Indicar a codificación de audio utilizada chamando ó método setAudioEncoder(método) onde método é unha constante que se atopa en MediaRecorder.AudioEncoder.XXX.

No noso caso imos utilizar MediaRecorder.AudioEncoder.AAC.

mediaRecorder.setAudioEncoder(MediaRecorder.AudioEncoder.AAC);
  • Indicar o arquivo a gravar, indicando a ruta nome e extensión do arquivo, chamando ó método setOutputFile(arquivogravar).

Aquí temos varias posibilidades. Unha delas é darlle coma valor un String no que vai a ruta e o nome de arquivo e extensión. A ruta será algún cartafol da SDCARD. Para obter esa ruta faremos uso da clase Environment.

Para saber onde gardar o arquivo tedes que facer uso da clase Environment: http://developer.android.com/reference/android/os/Environment.html

Exemplos:

Environment.getExternalStorageDirectory().getAbsolutePath()
Con isto obtemos a ruta a SDCARD (raíz).
String state = Environment.getExternalStorageState(); 
if(!state.equals(Environment.MEDIA_MOUNTED)){
// A TARXETA NON ESTA MONTADA
}
Con isto sabemos se a tarxeta SD está montada.


Nota: Tamén podemos crear a ruta na SDCARD, facendo uso de obxectos da clase File, ou comprobando se existe o cartafol. O veremos máis adiante.

private String arquivoGravar;
................
String timeStamp = DateFormat.getDateTimeInstance().format(new Date()).replaceAll(":", "").replaceAll("/", "_")	.replaceAll(" ", "_");

arquivoGravar = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MUSIC) + timeStamp + ".3gp";

mediaRecorder.setOutputFile(arquivoGravar);

Neste exemplo creamos un nome para o arquivo gravado baseado na data-hora e o vai gardar no cartafol da SD Externa que o S.O. reserva para gardar música.


  • Chamar ó método prepare(). Pode producir excepcións (debe ir con try...catch).
mediaRecorder.prepare();


  • Chamar ó método start().
mediaRecorder.start();


Neste intre se procede a gravar no cartafol indicado. A gravación non parará ata que chamemos ó método stop do MediaRecorder ou se acade o tempo máximo de gravación.


É importante seguir a orden, xa que por exemplo, a chamada a setAudioEncoder non pode ir antes de setOutputFormat (mirade o diagrama de estados seguinte). Ó igual que o MediaPlayer, o MediaRecorder ten un diagrama de estados que xa non debería ter dificultade en entenderse:

PDM Avanzada Multimedia Reprod 12.jpg
Imaxe obtido de http://developer.android.com/reference/android/media/MediaRecorder.html


Cando rematemos de gravar (por tempo) ou se paramos nos premendo o botón correspondente se recomenda liberar os recursos do MediaRecorder.

O faremos así:

  • Chamando o método stop.
  • Chamando o método release.
  • Igualando a null o obxecto da clase MediaRecorder.

Tamén deberemos liberar os recursos se cambiamos de aplicación ou se a pechamos.

Caso práctico

O obxectivo desta práctica é gravar un arquivo de audio no cartafol da SD Externa reservado á música. Ó premer o botón Gravar amosaremos unha caixa de diálogo indicando que se está a gravar e o saír de dita caixa pararemos de gravar. Ó premer o botón Reproducir reproduciremos o arquivo gardado.

PDM Avanzada Multimedia Reprod 13.jpg

Creamos a Activity

  • Nome do proxecto: UD2_03_MultimediaGravador
  • Nome da activity: UD2_03_MultimediaGravador.java


Código do layout xml
Nota: Por motivos de tempo para o alumnado o deseño non fai uso de constantes externas definidas no cartafol values. Queda claro que esta debería ser a opción escollida para o deseño das Interfaces de Usuario.

<RelativeLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    tools:context="${relativePackage}.${activityClass}" >

    <Button
        android:id="@+id/UD2_03_btnGravar"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_alignParentTop="true"
        android:layout_centerHorizontal="true"
        android:text="GRAVAR AUDIO" />

    <Button
        android:id="@+id/UD2_03_btnReproducir"
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:layout_below="@+id/UD2_03_btnGravar"
        android:layout_centerHorizontal="true"
        android:layout_marginTop="26dp"
        android:text="REPRODUCIR AUDIO" />
</RelativeLayout>


Código da clase UD2_03_MultimediaGravador
Obxectivo: Amosar como gravar un arquivo de audio.

import java.io.File;
import java.text.DateFormat;
import java.util.Date;

import android.app.Activity;
import android.app.AlertDialog;
import android.content.DialogInterface;
import android.media.AudioManager;
import android.media.MediaPlayer;
import android.media.MediaRecorder;
import android.os.Bundle;
import android.os.Environment;
import android.view.View;
import android.view.View.OnClickListener;
import android.widget.Button;
import android.widget.Toast;

public class UD2_03_MultimediaGravador extends Activity {

	private MediaRecorder mediaRecorder;
	private String arquivoGravar;
	
	
	private void abrirDialogo(String tipo){
		if (tipo == "GRAVAR") {
			AlertDialog.Builder dialog = new AlertDialog.Builder(this)
					.setMessage("GRAVANDO").setPositiveButton(
							"PREME PARA PARAR",
							new DialogInterface.OnClickListener() {

								@Override
								public void onClick(DialogInterface dialog,
										int which) {
									// TODO Auto-generated method stub
									mediaRecorder.stop();
									mediaRecorder.release();
									mediaRecorder = null;
								}
							});
			dialog.show();
		}		
		
		if (tipo == "REPRODUCIR") {

			if ((arquivoGravar==null) | arquivoGravar=="") return;
			File arquivo = new File(arquivoGravar);
			if (!arquivo.exists()) return;
			
			final MediaPlayer mediaPlayer = new MediaPlayer();
			try {
				mediaPlayer.setDataSource(arquivoGravar);
				mediaPlayer.setAudioStreamType(AudioManager.STREAM_MUSIC);
				mediaPlayer.prepare();
				mediaPlayer.start();
			} catch (Exception e) {
				Toast.makeText(getApplicationContext(),
						"ERRO:" + e.getMessage(), Toast.LENGTH_LONG).show();
			}

			AlertDialog.Builder dialog = new AlertDialog.Builder(this)
					.setMessage("REPRODUCINDO").setPositiveButton(
							"PREME PARA PARAR",
							new DialogInterface.OnClickListener() {

								@Override
								public void onClick(DialogInterface dialog,
										int which) {
									// TODO Auto-generated method stub
									mediaPlayer.stop();
									mediaPlayer.release();
								}
							});
			dialog.show();

		}

	}
	
	private void xestionarEventos(){
		
		Button btnGravar = (Button)findViewById(R.id.UD2_03_btnGravar);
		btnGravar.setOnClickListener(new OnClickListener() {
			
			@Override
			public void onClick(View v) {
				// TODO Auto-generated method stub
				String timeStamp = DateFormat.getDateTimeInstance().format(
						new Date()).replaceAll(":", "").replaceAll("/", "_")
						.replaceAll(" ", "_");

				mediaRecorder = new MediaRecorder();
				arquivoGravar = Environment.getExternalStoragePublicDirectory(Environment.DIRECTORY_MUSIC) + timeStamp + ".3gp";
				mediaRecorder.setAudioSource(MediaRecorder.AudioSource.MIC);
				mediaRecorder.setOutputFormat(MediaRecorder.OutputFormat.THREE_GPP);
				mediaRecorder.setMaxDuration(10000);
				mediaRecorder.setAudioEncodingBitRate(32768);
				mediaRecorder.setAudioSamplingRate(8000); // No emulador só 8000 coma
				mediaRecorder.setAudioEncoder(MediaRecorder.AudioEncoder.AAC);
				mediaRecorder.setOutputFile(arquivoGravar);
				try {
					mediaRecorder.prepare();
				} catch (Exception e) {
				// TODO Auto-generated catch block
					mediaRecorder.reset();
				}
				mediaRecorder.start();
				abrirDialogo("GRAVAR");
			
				
			}
		});
		
		Button btnReproducir = (Button)findViewById(R.id.UD2_03_btnReproducir);
		btnReproducir.setOnClickListener(new OnClickListener() {
			
			@Override
			public void onClick(View v) {
				// TODO Auto-generated method stub
				abrirDialogo("REPRODUCIR");
			}
		});
		
		
	}
	
	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_ud2_03__multimedia_gravador);
		
		xestionarEventos();
		
	}
}
  • Liña 20: Definimos o MediaRecorder.
  • Liña 21: Propiedade que garda o nome e ruta do arquivo gravado. Necesario para cando prememos o botón de reproducir.
  • Liñas 25-41: Diálogo que aparece cando prememos sobre o botón de Gravar. Se prememos o botón de Aceptar dentro do diálogo paramos de gravar e liberamos o MediaRecorder.
  • Liñas 43-75: Diálogo que aparece cando prememos sobre o botón de Reproducir. Xa visto no punto anterior desta Unidade Didáctica.
  • Liñas 91-107: Xestión do evento click sobre o botón de gravar. Preparamos o MediaRecorder e chamamos a abrir o diálogo de gravación.
  • Liñas 117-120: Xestión do evento click sobre o botón de reproducir. Abrimos o diálogo de Reproducir.





-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).