Organizacion, consulta e tratamento da informacion

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 09:08 21 ene 2015 de Vence (discusión | contribuciones) (Exportar datos en fomato CSV)
(dif) ← Revisión anterior | Revisión actual (dif) | Revisión siguiente → (dif)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Índice

Configuración inicial

Vamos acceder ao servidor Postgres do Ubuntu Server utilizando a aplicación PgAdmin instalada noutro equipo da subrede. Pódese permitir este acceso remoto de varias maneiras, nós vamos realizar os seguintes pasos:

  • Configuramos Postgresql editando pg_hba.conf. No final do ficheiro inserimos unha nova liña para permitir as conexións desde outro equipo da subrede, con chave encriptada:
host   all   all   samenet   md5
Pg hba-local e host samenet.png
  • Modificamos en postgresql.conf a liña "listen_addresses", eliminando # (símbolo de comentario) e substituíndo localhost por un asterisco:
Antes
Despois







  • Reiniciamos Postgresql:
/etc/init.d/postgresql restart
  • No proceso de instalación de Odoo creouse automaticamente un usuario chamado "odoo" sen chave. Agora vamos asignarlle unha chave para permitirlle iniciar sesión en pgAdmin. Executamos as accións da captura de pantalla:
01 asignar chave.png


  • Configuramos o servidor Odoo para indicarlle a nova chave do usuario "odoo":
nano /etc/odoo/openerp-server.conf
02 openerpserver conf.png


  • Reiniciamos o servidor Odoo co seguinte comando:
/etc/init.d/odoo restart
  • Verificamos que continuamos podendo acceder a Odoo desde calquera equipo da subrede utilizando un navegador, indicando a IP do servidor e o porto 8069.


Acceso á base de datos

Instalamos pgAdmin nun equipo da subrede. Precisamos unha base de datos con moita información para realizar consultas de proba e a BD de Galaxia Software de momento non nos dá moito xogo. Vamos crear unha nova base de datos:

  • Accedemos ao xestor de BDs de Odoo no enderezo IP:8069/web/database/manager.
  • Creamos unha base de datos de probas. Marcamos a opción "Cargar datos de demostración".
04 crear bd proba.png


  • Iniciamos pgAdmin e conectamos co servidor Postgres
05 ini pgadmin.png

Deseño de consultas

  • Escollemos a BD coa que queremos traballar. Neste exemplo, "Probas". Prememos en Executar consultas SQL arbitrarias.
06 executar consultas.png


  • No separador Construtor gráfico de consultas, escollemos esquemas, public e procuramos as táboas coas que queremos traballar.
07 graphical query builder.png


  • Por exemplo, queremos saber o nome dos socios e de que cidade e país son. Primeiro facemos clic nas táboas res_partner e res_country. Despois arrastramos a clave foránea country_id para relacionala co campo id da táboa res_country. Escollemos para visualizar os campos name e city e escribimos os alias correspondentes. Finalmente prememos en Executar SQL.
08 country.png


  • Podemos ver o código SQL xerado e o resultado da consulta.
09 consulta socio pais.png

Creación de vistas na BD

Vamos crear unha vista co código SQL da consulta anterior.

  • Na pantalla inicial procuramos o apartado Vistas da base de datos Probas. Creamos unha nova vista chamada Vista Socios-Países.
10 nova vista.png


  • No separador Definición, pegamos o código SQL da consulta.
11 nova vista.png


  • Agora podemos visualizar os datos da vista e traballar con ela como se se tratase dunha táboa.
12 ver vista.png


  • Por exemplo, vamos realizar unha segunda consulta cos datos da vista, que amose o resultado ordenado por país, despois por cidade e por nome. Podemos filtrar para que só vexamos os datos dos socios dos países que comezan por "United".
13 consulta vista.png

Creación de vistas en Odoo

A seguinte acción relacionada co acceso aos datos é a creación dunha vista en Odoo. É importante non confundirmos as vistas da BD (vistas no apartado anterior) coas vistas de Odoo.

En Odoo, para a empresa Galaxia Software, queremos crear un novo menú cunha ligazón para visualizar os datos dos socios (clientes, provedores, usuarios e a propia empresa).

Escollemos a base de datos certa e facemos login coa conta de administración.

20 login.png


En primeiro lugar creamos unha vista en Odoo que conecte coa táboa res.partner seleccionando os campos que nos interese amosar (pódense visualizar previamente con pgAdmin).

Facemos clic en Configuración, Técnico, Interfaz de Usuario, Vistas, Crear.. Escribimos o nome do obxecto res.partner e o nome da vista res.partner.vistaArbore. Mediante código XML especificamos os campos que queremos visualizar.

21 crear vista.png

Aproveitamos para duplicar a vista, editar a copia, e transformala nunha vista de formulario.

22 duplicar vista.png
23 editar vista.png

O seguinte paso é crear os elementos do menú para enlazar esta vista. En Configuración, Técnico, Interfaz de Usuario, Elementos Menú, Crear, creamos o menú Galaxia Sw.

24 crear menu.png

Gardamos, editamos, e no separador submenú facemos clic en añadir un elemento. Agora vamos crear o submenú Socios.

25 crear submenu.png

Repetimos a operación con Socios: gardamos, editamos e clic en añadir un elemento, para crear unha opción do menú: Ver Socios Árbore. En Acción escollemos ir.acciones.acc-ventana e Crear y editar.

26 crear opcion.png

Agora vamos crear a acción AbrirVistaSociosArbore que se executa ao premer na opción do menú. Esta acción é a que amosa a vista previamente creada.

27 crear accion.png

Podemos repetir os pasos para crear a opción de menú Ver Socios Formulario ligada á acción AbrirVistaSociosFormulario.

29 crear accion.png

Actualizamos o browser para que apareza o novo menú e xa podemos utilizar as dúas opcións, tanto para navegar polos datos como para crear novos socios. Tamén se pode cambiar o modo de visualización no botóns da dereita.

Vista de árbore:

30 vista arbore.png


A vista de formulario ten un erro, non amosa as etiquetas dos campos:

31 vista formulario.png


Captura da versión 7.0 coa vista de formulario correcta:

09OpenERP ExecucionForm.png

Edición de informes con LibreOffice

É posible modificar os informes predefinidos de Odoo utilizando o Writer. Para iso, instalamos o módulo Diseñador de informes OpenOffice. Tamén hai que descargar o plugin en formato ZIP para Writer e seguir as instrucións de configuración: openerp_report_designer.zip.

40 instalar designer.png
  • Iniciamos Writer.
  • En Ferramentas, Xestor de extensións, Engadir, escollemos o ficheiro previamente descargado. Se non ten extensión .zip, poñémoslla nós.
  • Reiniciamos Writer. Aparece unha nova barra de ferramentas e un novo menú.
  • Executamos Server parameters e conectámonos co servidor Odoo utilizando a conta admin@o_teu_dominio.lan.
  • Executamos Modify Existing Report e escollemos o informe de orde de vendas.

Na versión 8.0 existe un bug que impide continuar con normalidade:

41 modificar.png

Mentres non se resolva o bug, amosamos a solución deste apartado con capturas da versión 7.0:

  • Neste exemplo traducimos Enderezo de envío e Enderezo de facturación, pero pódense realizar outras accións como inserir campos.
03Traducion.png
  • Finalmente enviamos o informe ao servidor executando Send to server.
  • En OpenERP, no menú Ventas, Pedidos de ventas, escollemos un pedido, e facemos clic en Imprimir.
04ImprimirPedido.png

Exportar datos en fomato CSV

Os datos de calquera vista pódense exportar en formato CSV, de forma que serán facilmente procesables por outras aplicacións.

Neste exemplo seleccionamos todos os socios e facemos clic en Más, Exportar.

51 exportar.png

Despois seleccionamos os campos do noso interese.

52 seleccionar.png

O ficheiro CSV pode abrirse cun editor de texto plano, cunha aplicación de folla de cálculo, etc.

53 datos.png


--Vence