Obxectos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
La versión para imprimir ya no se admite y puede contener errores de representación. Actualiza los marcadores del navegador y utiliza en su lugar la función de impresión predeterminada del navegador.

Introdución

JavaScript é unha linguaxe de alto nivel, baseado en obxectos, que ofrece as características básicas dunha linguaxe orientada a obxectos sen chegar á complexidade de Java e C++. JavaScript utiliza obxectos, pero non permite a definición de clases nin a herdanza, é dicir, é unha linguaxe baseada en obxectos, pero non unha linguaxe orientada a obxectos.

Métodos e Propiedades dos obxectos

Un obxecto inclúe en si mesmo os datos necesarios para describir a súa natureza (as súas propiedades) e as funcións que pode realizar (os seus métodos).

  • Un método é unha porción de código fonte que realiza unha única tarefa que é unha importante realización do obxecto. En JavaScript os métodos se representan con funcións, e por tanto, son de tipo function.
  • En JavaScript os atributos dos obxectos denomínanse propiedades.

Para acceder ás propiedades e ós métodos dun obxecto empregamos a notación punto (.) da seguinte forma:

  obxecto.propiedade
  obxecto.método (argumentos)

JavaScript nos permite construir os nosos propios tipos de obxectos, ó traveso da declaración de funcións coa seguinte sintaxe:

function NovoObxecto (dato1, dato2, ..., datoN) {
  this.propiedade1 = dato1;
  this.propiedade2 = dato2;
    ...
  this.propiedadeN = datoN;
  this.método1 = función1;
    ...
  this.métodoN = funciónN;
}

O obxecto especial this direcciona o obxecto actual que está sendo definido na declaración.

O modelo de obxectos de JavaScript

Os obxectos de JavaScript son verdaderos obxectos no sentido de que teñen propiedades e métodos e poden responder a eventos. Sen embargo non soporta a capacidade da herdanza.

Unha primeira clasificación do modelo de obxectos de JavaScript o divide en dous grandes grupos:

  • Os obxectos directamente relacionados có navegador e coas posibilidades de programación do HTML, que se denominan xenéricamente obxectos do navegador.
  • Un conxunto de obxectos mais directamente relacionados coa propia linguaxe JavaScript, os chamados obxectos da linguaxe.

Os obxectos do Navegador

Podemos dividir os obxectos do navegador en dous grupos:

  • Os obxectos do nivel mais alto na xerarquía de JavaScript, que tratan directamente có navegador, coas súas particularidades e posibilidades de funcionamento (como son o abrir unha nova fiestra do navegador, ver a lista de sitios por onde navegamos, obter os datos sobre o propio navegador,...).
  • Os obxectos que teñen unha correlación directa coas etiquetas HTML, tendo, por tanto, unha relación mais clara coa programación e creación das páxinas HTML.

A seguinte táboa mostra os obxectos do "navegador" do modelo JavaScript e as súas correspondentes etiquetas HTML:

Obxecto de JavaScript Etiqueta HTML
window  
frame <frame>
document <body>
form <form>
button <input type="button">
checkbox <input type="checkbox>
hidden <input type="hidden">
fileUpload <input type="file">
password <input type="password">
radio <input type="radio">
reset <input type="reset">
select <select>
submit <input type="submit">
text <input type="text">
textarea <textarea>
link <a href="">
anchor <a name="">
applet <applet>
image <img>
plugin <embed>
area <map>
history  
location  
navigator  

Esta mesma táboa pódese ver dende un punto de vista xerárquico, atendendo á relación contedor-contido que representan os obxectos do navegador: - navigator

- window
- history
- location
- document
- anchor
- applet
- area
- form
- button
- checkbox
- fileUpload
- hidden
- option
- password
- radio
- reset
- select
- submit
- text
- textarea
- image
- link
- plugin
- frame

A notación punto (.) que se emprega para facer referencia ás propiedades e métodos dun obxecto, tamén se utiliza para denotar os obxectos que están contidos dentro dun obxecto dado.

Para referenciar unha caixa de texto dentro desta estrutura deberemos incluir na referencia os elementos da xerarquía que a conteñen, do seguinte modo:

fiestra.documento.formulario.caixa_de_texto

Obxectos principais: